Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/293, R.C.I. 9.096).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Industrias del Noroeste, S.A., co enderezo en Polígono Industrial de Sabón, Parcela 104. 15142 Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Censtral de coxeración cunha potencia eléctrica total de 4.000 kW, composta de dous grupos motor-alternador, das seguintes características: dous motores de catro tempos ciclo diésel, para fuel e gas, cada un cunha potencia máxima mecánica de 2.240 kW.

-Dous alternadores síncronos, trifásicos, cunha potencia unitaria de 2.000 kW, tensión de xeración 6 kV, frecuencia 50 Hz, equiparados con reguladores de tensión.

-Un transformador de tensión de 5.500 kVA de potencia nominal, de 6/15-20 kV.

-Otras instalacións auxiliares e de interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta

delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3616