Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Taekwondo.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Taekwondo e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 28-10-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o deporte

Estatutos da Federación Galega de Taekwondo

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º

1. A Federación Galega de Taekwondo, no sucesivo FGT, é unha entidade asociativa privada, se ben de utilidade pública, que se rexe polas normas da Secretaría Xeral para o Deporte, polas disposicións que conforma a lexislación deportiva galega, polos presentes estatutos e o seu regulamento xeral e polas demais normas de orde interna que dicte no exercicio das súas competencias.

2. A FGT ten personalidade xurídica, plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e xurisdicción nos asuntos da súa competencia.

3. Posúe patrimonio propio e carece de ánimo de lucro.

4. A FGT está afiliada á Federación Española de Taekwondo, da cal acepta os seus estatutos e se obriga a cumprir, isto, desde logo, dentro do ordenamento xurídico galego.

5. A FGT non admite ningún tipo de discriminación, por ela ou polos seus membros, por razón de nacemento, raza, sexo, opinión ou calquera outra condición persoal ou social.

6. A FGT ten a súa sede na Coruña, e o seu domicilio social no Complexo Deportivo de Elviña, polígono de Elviña, 2ª fase, módulo 23. Para cambiar este último de municipio, cumprirá o acordo da asemblea xeral.

Artigo 2º

1. A FGT estará integrada polos seguintes estamentos: os clubs, os deportistas, os árbitros, os adestradores e demais técnicos.

2. Forman parte da organización federativa, os dirixentes e, en xeral, cantas persoas físicas ou xurídicas ou entidades que promovan, practiquen ou contribúan ó desenvolvemento do deporte do taekwondo.

Artigo 3º

O ámbito de actuación da FGT no desenvolvemento das competencias que lle son propias esténdense ó conxunto do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º

Correspóndelle á FGT como actividade propia, o goberno, administración, xestión, organización e regulamentación interna do taekwondo na Comunidade Autónoma de Galicia, así como aplica-la regulamentación nacional vixente. Na súa virtude, é propio dela:

a) Exerce-la potestade de ordenanza.

b) Coordina-las competicións oficiais de ámbito rexional, nacional ou internacional que se celebren dentro do seu territorio, de conformidade co artigo 4 da orde das federacións galegas.

c) Ostenta-la representación da FET en Galicia, así como a desta nas actividades e competicións de carácter nacional e internacional celebradas dentro e fóra do territorio de Galicia. A tal efecto, é competencia da FGT a selección dos deportistas que vaian integra-los distintos equipos rexionais.

d) Formar, titular e cualifica-los árbitros e adestradores no ámbito das súas competencias.

Certifica-los graos inferiores a cinto negro asinados logo do exame organizado polos clubs e profesores homologados pola FET.

e) Velar polo cumprimento das disposicións polas que se rexe.

f) Tutelar, controlar e supervisa-los seus asociados.

g) Promover e organiza-las actividades deportivas dirixidas ó público.

h) Contrata-lo persoal necesario para o cumprimento das súas funcións e a prestación do seus servicios.

i) En xeral, cantas actividades non se opoñan, menoscaben ou destrúan o seu obxecto social.

Artigo 5º

1. Ademais das previstas no artigo anterior como actividades propias da FGT, esta exerce baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

a) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de ámbito rexional, e as nacionais e internacionais de carácter amigable que se celebren dentro do seu territorio.

Para estes efectos, a organización de tales competicións enténdese referida á regulación do marco xeral delas, segundo se estableza na normativa federativa correspondente.

b) Actuar, en coordinación cos clubs, para a promoción xeral do Taekwondo en todo o territorio rexional.

c) Colaborar coa Administración do Estado, autonómica e a da FET na formación de técnicos deportivos.

d) Colaborar coa Administración da Comunidade Autónoma na prevención, control e representación do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.

e) Organizar ou tutela-las competicións de carácter rexional, interrexional ou internacional que se celebren dentro do territorio da súa competencia.

f) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva nos termos establecidos nas leis do Estado e da Comunidade Autónoma, as súas específicas disposicións de desenvolvemento, os presentes estatutos e demais disposicións regulamentarias.

g) Exerce-lo control das subvencións que se asignen ás asociacións, entidades deportivas e depor

tistas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

h) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

2. Os actos realizados pola FGT no exercicio das funcións a que se refire o apartado precedente poderán ser recorridas diante da Secretaría Xeral para o Deporte, e as resolucións esgotarán a vía administrativa.

Artigo 6º

A organización territorial da FGT poderá conformarse en delegacións provinciais.

TÍTULO II

Dos clubs

Artigo 7º

1. Son clubs deportivos, as asociacións privadas, integradas por persoas físicas ou xurídicas, que teñan por obxecto a promoción do taekwondo, a práctica del polos seus asociados, así como a participación en actividades e competicións deportivas.

2. Os clubs terán que estar inscritos no Rexistro de Clubs, Entidades e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia. En todo caso, terán que estalo no Rexistro de Clubs da FGT.

3. O recoñecemento a tódolos efectos dun club terase que acreditar mediante a certificación da inscrición a que se refire o apartado anterior.

4. Para participar en competicións de carácter oficial, os clubs teranse que inscribir previamente na FGT e cumpri-las normas estatutarias e regulamentarias que proceda.

5. Os clubs terán que ter o domicilio social e desenvolve-la súa actividade nel, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Para participar en competicións e actividades de carácter amigable con outros clubs do seu territorio, ou se a actividade é de ámbito interterritorial terán que informar á FGT.

Non poderán participar en actividades de carácter deportivo organizado ou nos que concorran persoas ou entidades non afiliados á FGT á GET, á ETU e á WTF.

7. Os clubs afiliados á FGT están obrigados a acata-los acordos dos órganos dela, sen prexuízo de recorrer ás instancias federativas e deportivas competentes, e se non se visen satisfeitos nos seus dereitos, ante a xurisdicción competente.

TÍTULO III

Dos deportistas

Artigo 8º

Os deportistas de taekwondo terán o carácter de afeccionados respectando as normas e condicións da carta olímpica.

Artigo 9º

1. Para que os deportistas de taekwondo poidan participar en actividades ou competicións organizadas pola FGT terán que te-la correspondente licencia federativa, expedida segundo os seguintes requisitos:

a) Uniformidade de condicións económicas en cada unha das categorías, das cales a contía será fixada pola asemblea xeral.

b) A uniformidade do contido e datos expresados en función das distintas categorías deportivas.

c) Estar asegurados no caso de accidentes deportivos cumprindo as condicións establecidas no artigo 59.2º da Lei do deporte do Estado e Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, polo que se determinan as prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo.

d) Pertencer a un club afiliado á FGT, e ó corrente das súas obrigas con ela.

Os deportistas con licencia federativa non poderán participar en actividades de carácter deportivo organizado, ou nos que concorran persoas ou estamentos non afiliados á FGT, á FET, á ETU e á WTF.

2. A FGT enviará á FET a relación de licencias expedidas na comunidade de Galicia, segundo determina a Lei 10/1990, de 15 de outubro, do deporte, para que os seus deportistas gocen dos dereitos inherentes a súa condición de afiliados á FET.

3. Tódolos membros federados da FGT teñen dereito a recibi-la tutela daquela con respecto ós seus intereses deportivos lexítimos, así como o de participar nas súas actividades e órganos, de acordo cos presentes estatutos, cos regulamentos e normas da FGT.

Todos estes membros da FGT teñen, a súa vez o deber de acata-los acordos dos seus órganos, sen prexuízo de recorrer ante as instancias deportivas competentes e, se é o caso, ante a xurisdicción competente, cando consideren que non foron satisfeitos os seus dereitos.

TÍTULO IV

Órganos técnicos

Artigo 10º

1. Para o mellor funcionamento da FGT crearanse os comités técnicos que se consideren necesarios, que normalmente estarán presididos por un vicepresidente ou un membro da xunta de goberno que designe o presidente da FGT, actuando por delegación del.

2. Nos regulamentos federativos terase que amosa-lo funcionamento e as competencias destes comités.

Artigo 11º

A composición, elección e renovación dos membros de ditos comités é competencia do presidente da FGT.

TÍTULO V

Dos órganos da FGT

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 12º

Son órganos da FGT:

a) De goberno e representación:

1. A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

2. O presidente.

b) Complementarios:

1. A xunta directiva.

2. A comisión permanente.

3. O secretario xeral.

4. O tesoureiro.

c) De carácter técnico:

1. Comisión rexional de arbitraxe.

2. Comisión rexional de recompensas.

d) De xustiza federativa:

1. As comisións de campionatos.

2. O comité de competición.

3. O comité de apelación.

Artigo 13º

Son requisitos para ser membro da FGT:

1. Ser español.

2. Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

3. Ser maior de idade.

4. Estar no pleno uso dos dereitos civís.

5. Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite.

Artigo 14º

1. Tódolos membros dos órganos colexiados federativos que formen parte deles por elección, desempeñarán o seu mandato por tempo de catro anos, coincidentes cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno e poderán, en todo caso, ser reelixidos.

2. No caso de que, por calquera circunstancia, non consumaran aquel período de mandato, os que ocupen as vacantes exercerán o cargo por tempo igual ó que lle restase por cumprir ós substituídos, os cales non poderán presentarse a unha nova elección ata que transcorra o período olímpico para o que foron elixidos.

Artigo 15º

1. Son dereitos dos membros da organización federativa:

a) Tomar parte nas deliberacións, expresando libremente as súas opinións en cantas cuestións sexan obxecto de tratamento e debate no seo do órgano do que sexan membros e exerce-lo seu dereito ó voto, facendo constar, se é o caso, se o desexan, o particular razoado que emitan.

b) Intervir nas tarefas federativas propias do cargo ou función que ostenten, cooperando na xestión que compete ó órgano que pertencen.

c) Coñece-lo contido das actas das sesións do órgano do que formen parte.

d) Os demais que regulamentariamente se establezan.

2. As súas obrigas, tamén básicas:

a) Concorrer cando sexan formalmente citados, ás reunións, agás que o impidan razóns de forza maior.

b) Desempeñar, na medida do posible, as misións que lles encomenden.

c) Colaborar lealmente na xestión federativa gardando o segredo sobre as deliberacións.

d) As demais que se determinen por vía regulamentaria.

Artigo 16º

1. Independentemente das responsabilidades penais, civís e administrativas que de forma xeral consagra o ordenamento español e autonómico, os membros dos diferentes órganos da FGT son responsables, especificamente, dos actos, resolucións ou acordos adoptados por aquel do que forma parte, coa excepción que establece o artigo 16.3º deste ordenamento.

2. Sono, asemade, nos termos previstos na lexislación deportiva xeral, nos presentes estatutos e nos seus regulamentos, polo incumprimento dos acordos calquera órgano federativo, normas xerais ou comisión das faltas previstas no réxime disciplinario federativo.

3. Os votos contrarios ós acordos dos órganos colexiados ou as abstencións motivadas eximirán das responsabilidades que puideran derivarse da súa adopción.

Artigo 17º

1. Os membros dos órganos da FGT cesarán polas seguintes causas:

a) Expiración do período de mandato.

b) Remoción, nos supostos que proceda, por non tratarse de cargos electivos.

c) Demisión.

d) Incapacidade que lle impida o desempeño do cargo.

e) Incorrer nalgunha das causas de inelixibilidade que enumera o artigo 13º dos presentes estatutos.

f) Incompatibilidade sobrevida, das establecidas legal ou estatutariamente.

2. Tratándose do presidente da FGT serao tamén o voto de censura.

Serán requisitos para iso:

a) Que a formule un tercio, polo menos, dos membros da asemblea xeral, formalizado individual ou colectivamente por cada un dos propoñentes mediante escrito motivado e asinado, co que se adxuntará copia do documento nacional de identidade. Terá que ser constructiva, presentando un candidato alternativo, que asumirá a presidencia, se prosperara a moción, polo tempo que quede por cumprir do mandato anterior.

b) Recibida a moción de censura polo presidente da FGT, se reúne as condicións regulamentarias especificadas no punto a), convocará a asemblea xeral extraordinaria, no prazo de dez días naturais. A dita asemblea celebrarase nun prazo máximo de vinte días naturais desde a convocatoria.

Esta asemblea será presidida por unha mesa composta polo membro de mais idade dos estamentos de clubs, de deportistas, de árbitros e de técnicos, sendo presidida polo membro de maior idade e actuando como secretario o de menor idade dos compoñentes, asistidos todos eles polos servicios administrativos e xurídicos da FGT.

Se transcorridos os prazos citados o presidente da FGT non convocase asemblea xeral extraordinaria, esta poderá ser convocada pola Secretaría Xeral Para o Deporte.

c) Que se aprobe por maioría absoluta dos membros de pleno dereito que integran a asemblea xeral, sen que, en ningún caso, se admita o voto por correo.

d) Non se poderá presentar outra moción de censura ata que vaia transcorrido un ano da anterior.

e) Procederase á votación da moción mediante voto secreto e persoal, non admitindo en ningún caso o voto por correo nin por delegación.

C.1. Vacantes.-As vacantes que se produzan tanto na asemblea xeral como na comisión delegada serán cubertas polo seguinte candidato máis votado.

C.2. Cesamento da condición de membro da asemblea xeral e da comisión delegada.-O cambio ou modificación da situación federativa que experimenten os membros electos da asemblea xeral e da comisión delegada, tal como baixa de licencia federativa ou no estamento que foi elixido, etc., que implique

a alteración das condicións e requisitos elixidos para a súa elección, terán como efecto o cesamento da condición de membro da asemblea xeral ou da comisión delegada.

Capítulo II

Dos órganos técnicos de goberno e representación

Sección primeira

Da asemblea xeral

Artigo 18º

1. A asemblea xeral é o órgano superior de representación da FGT.

2. Estará composta polos representantes dos seguintes estamentos:

a) Deportistas.

b) Entidades deportivas inscritas na federación e no Rexistro de clubs, Entidades e Asociacións Deportivas.

c) Xuíces e árbitros.

d) Técnicos.

Artigo 19º

1. Na asemblea xeral terán a consideración de electores e elixibles en representación dos estamentos recollidos no artigo anterior:

a) Os deportistas, maiores de idade e en pleno exercicio dos seus dereitos civís, que teñan licencia en vigor, expedida ata o momento da convocatoria de eleccións e que xa a tiveran durante a tempada deportiva anterior, sempre que participarán en competicións ou actividades de carácter oficial, considerándose actividade o adestrar regularmente nun club afiliado á FGT.

b) As entidades deportivas inscritas na FGT, nas mesmas circunstancias que as sinalada no apartado anterior, e que estean ó corrente das súas obrigas federativas.

c) Os técnicos con titulación oficialmente recoñecida, xuíces e árbitros, así mesmo en idénticas circunstancias ás sinaladas no precitado parágrafo a).

2. Os membros da asemblea xeral formarán parte dela mentres cumpran os requisitos polos que foron elixidos no seus respectivos estamentos. Se se produce unha vacante será cuberta co seguinte candidato máis votado.

Artigo 20º

1. A representación na asemblea xeral dos distintos estamentos, de acordo co establecido no artigo 18

dos presentes estatutos, responderá ás seguintes proporcións:

a) Entidades deportivas inscritas na FGT, 70%.

b) Deportistas, un 20%.

c) Técnicos, un 5%.

d) Xuíces e árbitros, un 5%.

2. O número de membros da asemblea xeral será de 20.

Artigo 21º

1. Correspóndelle a asemblea xeral, en reunión plenaria, con carácter necesario:

a) A aprobación do orzamento anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexerán a competición.

c) A aprobación e modificación dos regulamentos.

d) A aprobación e modificación dos estatutos.

e) A elección e cesamento do presidente.

f) A elección, na forma que determina o artigo 23º dos presentes estatutos, da súa comisión delegada.

g) Resolve-las cuestións que lle someta a xunta directiva da FGT ou os propios asembleístas en número non inferior ó 25%.

2. Poderán tratarse na asemblea xeral, cando concorran razóns de especial urxencia, asuntos ou propostas que presenten o presidente ou a xunta directiva ata corenta e oito horas antes da data da sesión, sempre que dea o seu consentimento a maioría simple dos seus membros.

Artigo 22º

1. A convocatoria da asemblea xeral corresponderá ó presidente da FGT e terá que efectuarse cunha antelación máxima de trinta días naturais, agás os supostos previstos nos presentes estatutos.

2. As reunións da asemblea xeral axustaranse ó seguinte réxime:

a) A asemblea xeral reuniranse unha vez ó ano en sesión ordinaria para os fins da súa competencia e, como mínimo para a aprobación do novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexeran a competición, e para a aprobación da memoria de actividades anuais.

b) As demais reunións terán carácter extraordinario, e convocaraas o presidente, ou por proposta dun número de membros da asemblea non inferior ó 25%.

Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente terá que convocala necesariamente no prazo de dez días naturais. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer máis de vinte días naturais.

c) A convocatoria, que terá que conte-la orde do día da reunión, farase pública no taboleiro de anuncios da FGT e nas delegacións territoriais, se as houbera, con dez días de antelación á data de celebración. En todo caso, terá que notificarse individualmente a cada un dos membros da asemblea, por calquera medio que permita ter constancia da data de recepción dela, cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

d) A asemblea xeral quedará validamente constituída cando concorran en primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros e, en segunda convocatoria, que terá lugar media hora máis tarde, calquera que sexa o número de asistentes.

e) O voto será persoal, non se admitirá a delegación de voto, salvo o correspondente ós clubs deportivos, que poderá exercitalo o seu presidente ou a persoa na que el delegue, sempre que non sexa membro da asemblea da FGT, de acordo cos seus propios estatutos con carácter expreso e escrito para cada reunión. Ninguén poderá ostentar máis dunha delegación de voto.

3. Os seus membros elixiranse cada catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno por sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos compoñentes de cada estamento, de acordo coa proporción que se estableza nos presentes estatutos.

4. A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou comisión delegada.

Sección segunda

Da comisión delegada da asemblea xeral

Artigo 23º

1. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral mediante sufraxio entre os membros da mesma. o seu mandato coincidirá co daquela.

2. O número de membros da comisión delegada será do 15% dos da asemblea xeral. Este número non poderá ser inferior a cinco nin superior a quince.

3. Se se producira algunha vacante, cubrirase co seguinte candidato máis votado.

4. O presidente da FGT convocará á comisión delegada que se reunirá, como mínimo, cada catro meses, para os fins da súa competencia e, alomenos, para realiza-lo seguimento da xestión federativa e económica da FGT.

5. O número de compoñentes da comisión delegada será:

a) Polo estamento de clubs, dous.

b) Polo estamento de deportistas, un.

c) Polo estamento de árbitros, un.

d) Polo estamento de técnicos, un.

Artigo 24º

1. Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral.

a) A modificación do calendario deportivo e de actividades.

b) A modificación dos orzamentos.

c) A aprobación e modificación dos regulamentos.

2. As eventuais modificacións a que fan referencia os tres apartados anteriores non poderán exceder dos límites e criterios que a asemblea xeral estableza, e a proposta sobre a mesma corresponderalle exclusivamente ó presidente da FGT ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

3. Compete tamén á comisión:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) O seguimento da xestión deportiva e económica da FGT.

c) Calquera cuestión que especificamente lle delegue a asemblea xeral e en forma excepcional.

Sección terceira

Do presidente

Artigo 25º

1. O presidente é o órgano executivo da FGT. Ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación, e executa-los acordos deles.

Ten ademais o dereito a asistir a cantas sesións celebren calquera órgano e comisión federativa.

2. Será elixido cada catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, por sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos membros da asemblea xeral, e o número de mandatos que pode ter será indefinido.

3. Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral, avalarán a presentación da súa candidatura, mediante a sinatura de, polo menos o 10% dos membros da asemblea.

4. Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún a alcance, procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría de votos.

Para a súa elección non será válido o voto por correo.

5. O presidente gozará de voto de calidade, no caso de empate, naquelas decisións a adoptar polos órganos que preside.

6. Mentres desempeñe o seu mandato, o presidente non poderá exercer cargo ningún, técnico ou directivo, en entidade, asociación ou club suxeito á disciplina federativa, no ámbito territorial da FGT.

7. Para poder ser candidato a presidente ou membro da xunta directiva da FGT, terá que cumpri-los requisitos enumerados no artigo 13º dos presentes estatutos.

8. No suposto de ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que impida transitoriamente desempeña-las súas funcións, o presidente será substituído o vicepresidente que designe. No defecto deles polo secretario xeral e, en última instancia, por un membro da xunta directiva nomeado polo presidente.

9. Cando o presidente cese no cargo por terse cumprido o tempo do seu mandato, a xunta directiva constituirase en comisión xestora e convocará eleccións ós órganos de goberno e representación da FGT, de conformidade co previsto no Regulamento electoral.

10. Se o presidente cesara por calquera outra causa, o proceso limitarase exclusivamente á elección de quen teña que substituílo, que ocupará o cargo por tempo igual ó que lle reste por cumprir ó substituído.

O prazo de presentación de candidaturas e a celebración da asemblea xeral terá que ter lugar nun prazo non superior a trinta días, e axustarase, na medida do posible, ó Regulamento de eleccións no período olímpico de que se trate.

Sección cuarta

Da xunta directiva

Artigo 26º

1. A xunta directiva é o órgano colexiado, complementario dos de goberno e representación, que asiste ó presidente e a quen compete a xestión da FGT.

2. Estará composta por un número de membros non inferior a cinco nin superior a quince, todos eles nomeados polo presidente, a quen corresponde tamén a súa remoción.

3. Son competencia da xunta directiva:

a) Controla-lo desenvolvemento e bo fin das competicións do ámbito rexional, interrexional e internacional, nos casos que lle corresponda.

b) Prepara-los relatorios e documentos que sirvan de base á asemblea xeral, para que a mesma exerza as funcións que lle correspondan.

c) Prepara-los relatorios e documentos que sirvan de base á comisión delegada, para que a mesma exerza as funcións que lle correspondan.

d) Colaborar co presidente na dirección económica, administrativa e deportiva da FGT, e na execución dos acordos dos demais órganos colexiados de goberno e representación da mesma.

e) A aprobación dos acordos da comisións rexionais.

4. Os membros da xunta directiva cooperarán por igual na xestión que lle compete, e responderán dela ante o propio presidente.

5. Os membros da xunta directiva non poderán desempeñar cargo ningún noutra federación deportiva galega.

6. Os membros da xunta directiva que non o foran, ó propio tempo, da asemblea xeral terán dereito a asistir ás sesións desta, con voz pero sen voto.

7. A xunta directiva reunirase xeralmente unha vez cada catro meses, ou cando o decida o presidente, a quen lle corresponderá, en todo caso, a súa convocatoria, así como a determinación dos asuntos da orde do día de cada sesión. O prazo mínimo de convocatoria será de corenta e oito horas.

Os acordos tomaranse por maioría, dirimindo os eventuais empates o voto de calidade do presidente.

8. Os membros da xunta directiva son especificamente responsables dos actos, resolucións ou acordos adoptados, diante a asemblea xeral.

Artigo 27º

Tódolos cargos son honoríficos e no caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada a favor dalgún dos membros da xunta directiva teñen que ser acordada expresamente pola asemblea xeral, e constar de maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso, a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

Sección quinta

Da comisión permanente

Artigo 28º

1. A comisión permanente é un órgano de asesoramento e coordinación para a promoción xeral do taekwondo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Coñecerá e informará sobre a actividade federativa en tódolos seus aspectos.

3. Coñecerá e resolverá sobre calquera asunto de carácter urxente que xurda, e dará conta da resolución para a súa aprobación na próxima reunión da xunta directiva, comisión delegada e asemblea xeral.

4. A comisión estará integrada polos vicepresidentes, se os houbera, o secretario xeral, e dous membros da xunta directiva nomeados polo presidente da FGT, quen ostentará a presidencia da mesma.

5. Cando se trate dun tema específico poderá asistir a ela, para informar, o responsable da área correspondente.

6. A comisión permanente poderá ser convocada polo presidente cando o estime necesario.

Sección sexta

Do secretario

Artigo 29º

1. O secretario da FGT, nomeado polo presidente e directamente dependendo del, teñen ó seu cargo a organización administrativa da FGT, e correspóndelle especificamente as seguintes funcións:

a) Levantar actas das sesións da asemblea xeral, da súa comisión delegada, da xunta directiva e da comisión permanente, actuando como secretario dos ditos órganos, con indicación dos asistentes, temas tratados, o resultado das votacións e, se é o caso, os votos contrarios ó acordo adoptado.

Estes, ou as abstencións motivadas, eximirán das responsabilidades que puideran derivarse, se é o caso, dos acordos dos órganos colexiados.

b) Expedi-las certificacións oportunas dos actos emanados dos citados órganos co visto e prace do presidente.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de quince días desde a data da súa celebración.

d) Informar ó presidente e a xunta directiva dos casos no que fose requirido para iso.

e) Resolve-los asuntos de trámite.

f) Exerce-la xefatura de persoal da FGT.

g) Asina-las comunicacións e circulares.

h) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos da FGT, ou lle sexan delegadas polo presidente.

2. O nomeamento de secretario xeral será facultativo para o presidente da FGT quen, se non efectuara tal designación, será o responsable das funcións propias daquel, podendo delegar nas persoas que considere oportunas.

Artigo 30º

1. O presidente da FGT, se o considera necesario, poderá nomear un asesor xurídico que dependerá directa e exclusivamente del, e actuará como conselleiro do presidente, así como dos órganos que conforman a estructura federativa.

2. Se existira tal asesor xurídico, asistirá ás reunións da asemblea xeral e a súa comisión delegada, da xunta directiva e de calquera outra comisión que se estime necesaria.

3. Desempeñará, se é o caso, a secretaría dos órganos de primeira instancia de xustiza federativa.

4. Os asesores que perciban remuneración económica terán que ser aprobados pola asemblea xeral.

Sección sétima

Do tesoureiro

Artigo 31º

1. O tesoureiro da FGT é o órgano de administración económica dela.

2. Exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade das federacións.

b) Exerce-la inspección económica de todos os órganos da FGT.

c) Elaborar e presenta-los informes do estado contable da FGT á comisión delegada.

d) Calquera outra función que lle encomenden os estatutos e regulamentos da FGT.

Artigo 32º

No caso de que non exista tesouro, o presidente será o responsable do desempeño das súas funcións, podendo delegalas na persoa que considere oportuno.

Capítulo III

Dos órganos técnicos

Sección primeira

Comisión territorial de arbitraxe

Artigo 33º

1. A comisión territorial de arbitraxe atende directamente o funcionamento do colectivo de árbitros, e correspóndelle as funcións atribuídas a eles en campionatos, cursos e seminarios de actualización.

2. A presidencia da comisión territorial de arbitraxe recaerá en quen designe o presidente da FGT.

3. A comisión territorial de arbitraxe desenvolverá as funcións seguintes.

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente ós xuíces ou árbitros, propoñendo á xunta directiva a adscrición ás categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaranse á asemblea xeral.

c) Propoñe-los candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Propoñe-los árbitros que representarán a Galicia nos campionatos de España.

e) Propoñer á Comisión Nacional de Árbitros os seus candidatos á categoría de árbitro internacional.

f) Coordinar coa FET os cursos das categorías de arbitraxe de ámbito nacional.

g) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

h) Propoñer á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

i) Programa-los cursos internos de árbitro rexional galego.

j) Calquera outras delegadas pola FGT.

4. As propostas da comisión territorial de árbitraxe terá que elevarse ó presidente da FGT para a súa aprobación definitiva, se lle correspondese e, no que non lle corresponda, pasaríao ó órgano competente.

Sección segunda

Comisión territorial de recompensas

Artigo 34º

A comisión territorial de recompensas terá que rexerse polo se regulamento, e estará composta por

un director que nomeará o presidente da FGT e un representante por cada un dos seguintes estamentos: deportistas, técnicos, árbitros e clubs, nomeados tamén polo presidente da FGT e aprobados pola comisión permanente. Sen prexuízo da facultade que conserva o presidente da FGT e a súa asemblea xeral de conceder recompensas libre e excepcionalmente, cando concorran circunstancias especiais que, debidamente ponderadas, así o aconsellen.

Terá esta comisión as facultades seguintes:

a) Regulamenta-las distintas recompensas que concedan.

b) Determina-las condicións para a concesión de recompensas.

Artigo 35º

As competencias que se determinan nos apartados anteriores e as propostas que formule a dita comisión terán que ser ratificadas pola comisión permanente, e darase coñecemento á comisión delegada e á asemblea na súa próxima reunión.

TÍTULO VI

Do réxime económico

Artigo 36º

A FGT ten o seu propio réxime de administración e xestión de orzamentos e patrimonio, aplicándolle, en todo caso, as seguintes regras:

a) Pode promover e organizar actividades e competicións deportivas dirixidas ó público, tendo que aplica-los beneficios económicos, se os houbera, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Pode gravar e aliena-los seus bens inmobles, tomar cartos a préstamo e emitir títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da FGT ou do seu obxecto social. En todo caso, cando a súa contía supera o 25% do orzamento anual da FGT, ademais do acordo da asemblea xeral, será imprescindible un informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte.

Cando se trate de bens inmobles que foron financiados, en todo e en parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma galega, será preceptiva a autorización da Secretaría Xeral para o Deporte para o seu gravame ou alienación.

c) Pode exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios, e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderá repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderá comprometer gastos de carácter plurianual no seu período de mandato, sen autorización previa da Secretaría Xeral para o Deporte, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do seu orzamento ou exceda do período de mandato do presidente.

Artigo 37º

A FGT elaborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento, que analizará fielmente a actividade económica da entidade, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos a desenvolver, e informar separadamente, como mínimo, dos seguintes aspectos:

1. Distinción dos ingresos e aportacións segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou aportacións privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos por servicios prestados pola FGT, permisos, licencias, kups e outros.

f) Ingresos financeiros.

h) Calquera outro ingreso que legalmente se autorice.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo e investimentos seguintes:

a) Administración da FGT.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas ós clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deporte de élite.

i) Árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. a) O importe das obrigacións de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios, que non estean previstos no balance.

b) O importe das garantías e os avais comprometidos.

4. A liquidación do orzamento que explique as variacións en relación co aprobado na asemblea anterior.

Artigo 38º

A requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte, nas condicións que esta determine, a FGT terá que someterse á inspección do seu réxime documental establecido no artigo 7.j) da Orde do 28 de xuño de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, así como ás auditorías financeiras sobre a totalidade dos seus gastos.

Artigo 39º

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da FGT cunha antelación mínima de

quince días á celebración da Asemblea, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, no horario establecido pola FGT, as cales poderán pedir copia que lles entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 40º

No caso de disolución da FGT, o seu patrimonio neto, se o houbera, aplicarase á realización de actividades análogas, determinando a Secretaría Xeral para o Deporte o seu destino concreto.

TÍTULO VII

Do réxime disciplinario

Sección primeira

Disposicións xerais e organización disciplinaria

Artigo 41º

1. O ámbito da disciplina federativa estendese ás infraccións das regras de competición e ás normas xerais deportivas, tipificadas na Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, a Orde do 28 de xullo de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, sobre as federacións deportivas galegas e polo Regulamento federativo aprobado conforme a elas.

2. Son infraccións ás regras de competición as accións ou omisións que, durante o desenvolvemento daquela, vulneren, impidan ou perturben o seu normal funcionamento.

3. Son infraccións ás normas xerais deportivas as demais accións ou omisións que sexan contrarias ó que elas determinan, obrigan ou prohiben.

Artigo 42º

A disciplina deportiva rexese pola Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, polo real decreto que aproba o regulamento daquela materia, polos presentes estatutos e pola regulamentación deportiva que os desenvolve.

Artigo 43º

A FGT exerce a potestade disciplinaria sobre tódalas persoas que formen parte da súa propia estructura orgánica, sobre os clubs e os seus deportistas, técnicos e directivos, sobre os árbitros e, en xeral, sobre todas aquelas persoas ou entidades que, estando adscritas á FGT, desenvolven funcións ou exercen cargos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

O exercicio da citada potestade disciplinaria deportiva, corresponderalle:

a) En primeira instancia ó comité de competición.

b) En segunda instancia ó comité de apelación, contra o que se poderá recorrer ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

c) En cada campionato existirá unha comisión, que resolverá das cuestións que poidan xurdir durante o mesmo, chamada comisión de campionato.

Artigo 44º

Na determinación da responsabilidade derivada das infraccións deportivas, os órganos disciplinarios terán que aterse ós principios informadores do dereito sancionador. A apreciación de circunstancias atenuantes ou agravantes obrigará, cando a natureza da posible sanción así o permita, á congruente graduación desta. Con independencia do anterior, para a determinación da sanción que resulte aplicable, os órganos disciplinarios poderán valora-lo resto das circunstancias que concorran na falta, tales como as consecuencias da infracción, a natureza dos feitos ou a concorrencia no incumprimento de singulares responsabilidades na orde deportiva.

Sección segunda

Principios disciplinarios

Artigo 45º

Considerarase, en todo caso, como circunstancia agravante da responsabilidade disciplinaria deportiva, a reincidencia. Existirá esta cando o autor fora sancionado anteriormente por calquera infracción á disciplina deportiva de igual ou maior gravidade, ou por dúas infraccións ou máis de inferior gravidade da que nese suposto se trate.

A reincidencia considerarase producida no transcurso dun ano, contado a partir do momento no que se cometeu a infracción.

Artigo 46º

Consideraranse, en todo caso, circunstancias atenuantes da responsabilidade disciplinaria deportiva:

a) A do arrepentimento espontáneo.

b) A de ter precedido, inmediatamente antes da infracción, provocación suficiente.

c) A de non ter sido sancionado con anterioridade no transcurso da súa vida deportiva.

Artigo 47º

Consideraranse, en todo caso, como causa de extinción da responsabilidade disciplinaria deportiva:

a) O falecemento do inculpado.

b) A disolución do club ou asociación deportiva sancionada.

c) O cumprimento da sanción.

d) A prescrición das infraccións ou das sancións impostas.

e) A perda da condición de deportista federado.

Artigo 48º

Por uns mesmos feitos non poderá impoñerse unha dobre sanción. Aplicarase as sancións con efecto retroactivo cando estas resulten máis favorables, e non poderá sancionares por infraccións non tipificadas con anterioridade ó momento da comisión delas.

Sección terceira

Infraccións

Artigo 49º

Segundo súa gravidade, as infraccións deportivas clasificaranse en moi graves, graves e leves.

Artigo 50º

Consideraranse como infraccións comúns moi graves ás regras de competición ou ás normas xerais deportivas:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas. Este apreciarase en tódolos supostos nos que as sancións resulten executivas. O mesmo réxime aplicarase cando se trate do quebrantamento das medidas cautelares.

c) As actuacións dirixidas a predeterminar mediante prezo, intimidación ou simples acordos o resultado dunha competición ou proba.

d) Os comportamentos, actividades e xestos agresivos e antideportivos dos deportistas e adestradores, cando se dirixan ós árbitros, xuíces e outros deportistas ou ó público cando revista unha especial gravidade.

e) As declaracións públicas de directivos, técnicos, árbitros, xuíces ou deportistas que insten ós equipos ou participantes á violencia.

f) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións deportivas galegas. Para estes efectos, a convocatoria enténdese referida tanto ós adestramentos como á celebración efectiva da proba ou competición.

g) A participación nas competicións organizadas por países que promovan a discriminación, ou sobre os que pesen sancións deportivas impostas por organismos internacionais ou con deportistas que representen a eles.

Considerarase tamén falta moi grave a participación de deportistas e clubs en competicións e actividades organizadas por persoas ou entidades non afiliadas á FGT, á FET, á EUT e á WTF, ou que non estean recoñecidas por estas.

h) Os actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou decoro deportivo, cando revista especial gravidade. Así mesmo, considerarase falta moi grave a reincidencia e infraccións por feitos desta natureza.

i) A participación indebida e as incomparecencias ou retirada inxustificada dos campionatos, probas ou competicións.

j) A inexecución das resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva e dos órganos xurisdiccionais da FGT.

k) A promoción, incitación, consumo ou utilización de prácticas prohibidas a que se refire o artigo 56 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, así como a negativa a someterse ós controis esixidos por órganos e persoas competentes, ou calquera

acción ou omisión que impida ou perturbe a correcta realización dos ditos controis.

l) Os clubs que non teñan os seus deportistas debidamente federados e co seguro de accidente deportivo.

ll) A duplicidade de licencia federativa.

m) Os profesores que asinen graos e non estean suficientemente titulados ou os seus alumnos non teñan a licencia federativa debidamente actualizada.

Artigo 51º

Ademais das infraccións comúns de carácter moi grave establecidas no artigo anterior, son tamén infraccións moi graves do presidente da FGT e demais membros federativos da súa organización deportiva as seguintes:

a) O incumprimento inxustificado dos acordos da asemblea xeral, así como dos regulamentos electorais e demais disposicións estatutarias ou regulamentarias.

Os incumprimentos constitutivos de infracción serán aqueles que revistan gravidade ou teñan especial transcendencia.

b) A non convocatoria nos prazos ou condicións legais, de forma sistemática e reiterada dos órganos colexiados federativos.

c) A incorrecta utilización dos fondos privados e das subvencións, créditos, avais e demais axudas de organismos e administracións públicas.

Para estes efectos, a apreciación da incorrecta utilización dos fondos públicos, terá que rexerse polos criterios que, para o uso das axudas e subvencións públicas, contidas na lexislación específica da Comunidade Autónoma de Galicia.

En canto ós fondos privados, estará o carácter neglixente ou doloso das conductas.

d) O compromiso de gastos de carácter plurianual do orzamento da FGT sen a previa e regulamentaria autorización da asemblea xeral e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 52º

Considérase infracción moi grave da FGT a non expedición inxustificada dunha licencia deportiva.

Artigo 53º

Terán a consideración de infracción grave:

a) O incumprimento reiterado de ordes e instruccións emanadas dos órganos deportivos competentes.

b) Os actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou ó decoro deportivo.

c) O exercicio de actividades públicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade ou función deportiva desempeñada.

d) A non convocatoria inxustificada, nos prazos ou condicións legais, dos órganos colexiados deportivos.

e) O incumprimento das regras de administración e xestión do orzamento e patrimonio prevista na Orde do 28 de xullo de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, que regula a actividade das federacións deportivas galegas.

f) A manipulación ou alteración, xa sexa persoalmente ou a través de persoa interposta, do material ou equipamento deportivo, en contra das regras técnicas deportivas regulamentarias da FGT.

Artigo 54º

Considéranse infraccións de carácter leve as conductas contrarias ás normas deportivas que non estean incursas na cualificación de grave ou moi grave que se fai nos presentes estatutos. En todo caso, consideraranse faltas leves:

a) As observacións formuladas ós xuíces, árbitros, técnicos, directivos e demais autoridades deportivas no exercicio das súas funcións, de maneira que signifiquen unha lixeira incorrección.

b) A lixeira incorrección co público, compañeiros e subordinados.

c) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instruccións recibidas dos xuíces, árbitros e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións.

d) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

Sección cuarta

Sancións

Artigo 55º

Á comisión das infraccións comúns moi graves, tipificadas no artigo 50º, corresponderán as seguintes sancións:

a) Multas, non inferiores a 50.000 pesetas nin superiores a 500.000 pesetas.

b) Prohibición de acceso ós lugares de desenvolvemento das probas e competicións por tempo non superior a cinco anos.

c) Perda definitiva dos dereitos como deportistas federados.

d) Inhabilitación para ocupar cargos na organización deportiva, ou suspensión ou privación da licencia federativa por un prazo de dous a cinco anos, en adecuada proporción á infracción cometida.

e) Inhabilitación a perpetuidade para ocupar cargos na organización deportiva, ou privación da licencia deportiva tamén a perpetuidade.

f) Descualificación da competición.

As sancións que se citan no apartado e), unicamente poderán acordarse de modo excepcional, pola reincidencia en infraccións de extraordinaria gravidade.

Artigo 56º

Pola comisión de infraccións moi graves tipificadas no artigo 50º dos presentes estatutos poderán imporse as seguintes sancións:

1. Amoestación pública. Corresponderalle a imposición desta sanción nos supostos seguintes:

a) Pola comisión da infracción prevista no apartado a) do artigo 51º.

b) Pola comisión da infracción prevista no apartado c) do artigo 51º, cando a incorrecta utilización non exceda do 10% do total do orzamento anual da FGT.

2. Inhabilitación temporal de dous meses a un ano. Corresponderalle a imposición da sanción nos supostos seguintes:

a) Pola comisión da infracción prevista no apartado a) do artigo 51º, cando o incumprimento se produza en supostos manifestamente moi graves, logo de requirimento formal ó efecto, realizado polo órgano disciplinario deportivo competente.

b) Pola comisión da infracción prevista no apartado b) do artigo 51º.

c) Pola comisión da infracción prevista no apartado c) do artigo 51º, ben cando a incorrecta utilización exceda o 10% do total do orzamento da FGT, ben cando concorresen o agravante de reincidencia.

d) Pola comisión da infracción prevista no apartado d) do artigo 51º.

3. Destitución do cargo. Corresponderalle a imposición desta sanción nos supostos seguintes:

a) Pola comisión da infracción prevista no apartado a) do artigo 51º co agravante de reincidencia, referida, neste caso, a unha mesma tempada.

b) Pola comisión da infracción prevista no apartado c) do artigo 51º, cando a incorrecta utilización non exceda do 10% do total do orzamento anual da FGT, e ademais, se aprecie o agravante de reincidencia.

c) Pola comisión da infracción prevista no apartado d) do artigo 51º, co agravante de reincidencia.

Artigo 57º

As infraccións tipificadas no artigo 53 dos presentes estatutos poderán ser sancionados das seguintes maneiras:

a) Amoestación pública.

b) Multa de 10.000 pesetas a 50.000 pesetas.

c) Privación dos dereitos dun mes a dous anos.

d) Inhabilitación para ocupar cargos, suspensión ou privación da licencia federativa dun mes a dous anos ou de catro ou máis campionatos oficiais nunha mesma tempada.

Artigo 58º

Pola comisión de infraccións tipificadas no artigo 54º destes estatutos, poderá acordarse a imposición das seguintes sancións:

a) Apercibimento.

b) Multa de ata 10.000 pesetas.

c) Inhabilitación para ocupar cargos ou suspensión ata dun mes, ou dun ano a tres campionatos ou probas dentro da tempada.

Sección quinta

Disposicións xerais para a imposición de sancións

Artigo 59º

Unicamente poderán imporse sancións persoais consistentes en multas, nos casos nos que os deportistas, técnicos, xuíces ou árbitros perciban retribución pola súa función.

Para unha mesma infracción, poderán imporse multas de modo simultáneo a outra sanción de distinta natureza, sempre que estea prevista para a categoría de infracción de que se trate e que, no seu conxunto, resulte congruente coa gravidade dela. O non pagar as sancións pecuniarias terá a consideración de quebrantamento de sanción.

Artigo 60º

Con independencia das sancións que poidan corresponder, os órganos disciplinarios da FGT terán a facultade de altera-lo resultado de probas ou competicións por causa de predeterminación, mediante prezo, intimidación ou simples acordos dos resultados das probas ou competicións, en supostos de participación indebida, e, en xeral, naqueles casos nos que con invasión da zona de competición, agresión colectiva e tumultuaria ós árbitros, deportista ou adestradores, causen unha notoria alteración dos resultados da competición.

Sección sexta

Prescrición e suspensión

Artigo 61º

As infraccións prescriben ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo sexan moi graves, graves ou leves, comezando a conta-lo prazo de prescrición ó día seguinte da comisión da infracción. O prazo de prescrición interromperase pola iniciación do procedemento sancionador, pero se este permanecese paralizado durante un mes, por causa non imputable á persoa ou entidade suxeita ó dito procedemento, volverá a corre-lo prazo correspondente, interferindo de novo a prescrición ó principia-la tramitación do expediente.

Artigo 62º

As sancións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das que correspondan a infraccións moi graves, graves ou leves, comezando a conta-lo prazo de prescrición desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza a resolución pola que se impuxo a sanción, ou desde que se quebrantase o seu cumprimento se este comezara.

Artigo 63º

Por petición fundada e expresa da persoa ou entidade suxeita ó procedemento, os órganos discipli

narios deportivos da FGT poderán suspender razoablemente a execución das sancións imposta mediante o procedemento ordinario, sen que a mera interposición de declaracións ou recursos que contra elas corresponda, paralicen ou suspendan a execución das sancións.

Artigo 64º

Para sancións impostas mediante o procedemento extraordinario (ou para as categorías delas), os órganos disciplinarios da FGT, á vista das circunstancias concorrentes, poderán optar, ben pola suspensión razoada da sanción, a petición fundada de parte, ben pola suspensión automática pola mera interposición do correspondente recurso. A suspensión das sancións, sempre e en todo caso, terá carácter potestativo. En todo caso, para o outorgamento da suspensión da executividade dos actos recorridos, os órganos disciplinarios deportivos da FGT valorarán se o cumprimento da sanción pode producir prexuízos de difícil ou imposible reparación.

Sección sétima

Procedementos disciplinarios

A) Xeneralidades

Artigo 65º

Como principio fundamental establécese que unicamente se poderán impor sancións en virtude de expediente instruído para o efecto de conformidade cos procedementos regulados na presente sección.

Artigo 66º

Son condicións xerais ou mínimas dos procedementos disciplinarios deportivos:

a) Os xuíces e árbitros exercen a potestade disciplinaria durante o desenvolvemento das competicións e probas, de forma inmediata, o que require o adecuado e posterior sistema de reclamación, que se determinará.

b) En relación cás probas ou competicións deportivas das que a súa natureza requira a intervención inmediata dos órganos disciplinarios deportivos para garanti-lo normal desenvolvemento delas, establécense as comisións de campionatos en tódalas competicións oficiais.

Artigo 67º

As actas subscritas polos árbitros ou xuíces da proba ou competición constituirán medio documental necesario no conxunto da proba das infraccións ás regras e normas deportivas. Igual natureza terán as ampliacións ou aclaracións ás mesmas suscritas polos propios árbitros ou xuíces, ben de oficio ou por solicitude dos órganos disciplinarios deportivos competentes.

Non obstante, os feitos relevantes para o procedemento e a súa resolución poderán acreditarse por calquera medio de proba, con ese fin poderán os interesados propor que se practique calquera proba, ou aportar directamente cantas sexan de interese para a correcta resolución do expediente.

Artigo 68º

Os órganos disciplinarios competentes, de oficio ou por instancia do instructor do expediente, terán que comunicar ó Ministerio Fiscal aquelas infraccións que puideran revestir caracteres de delicto ou falta penal. En tal caso, os órganos disciplinarios deportivos acordarán a supresión do procedemento, segundo as circunstancias concorrentes, ata que recaia a correspondente resolución xudicial.

No suposto de que se acordara a suspensión do procedemento, poderán adoptarse medidas cautelares, mediante providencia notificada a tódalas partes interesadas.

Artigo 69º

Calquera persoa ou entidade que os seus dereitos ou intereses lexítimos poidan verse afectados pola sustanciación dun procedemento disciplinario deportivo, poderá presentarse nel. Desde entón, e para os efectos de notificacións e de proposición e práctica de probas, esa persoa ou entidade terá a consideración de interesado.

B) Procedemento ordinario

Artigo 70º

Este procedemento ordinario, aplicable para a imposición de sancións por infracción das regras de competición, asegura o normal desenvolvemento dela, así como o trámite de audiencia dos interesados e o dereito de recursos.

O dito procedemento, de aplicación nas competicións deportivas da FGT, axustarase no posible ó disposto para o procedemento extraordinario que se desenvolve no punto C) desta mesma sección 7ª.

C) Procedemento extraordinario

Artigo 71º

O procedemento extraordinario, que se tramitará para as sancións correspondentes ás normas deportivas xerais, terá que axustarse ós principios e regras da lexislación xeral e ó establecido no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva.

Artigo 72º

O procedemento extraordinario iniciarase por providencia do órgano disciplinario deportivo competente, de oficio, a solicitude de parte interesada ou a requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte. A incoación de oficio poderase producir por iniciativa do propio órgano ou en virtude de denuncia motivada.

Para tal efecto, ó ter coñecemento segundo a suposta infracción das normas deportivas xerais, o órgano disciplinario deportivo competente, para incoar expediente, poderá acorda-la instrucción dunha información reservada antes de dicta-la providencia na que se decida a incoación de expediente ou, se é o caso, o arquivo das actuacións.

A resolución pola que se acorde o arquivo das actuacións, terá que expresa-las causas que a motiven e dispo-lo pertinente na relación co denunciante, se o houbera.

Artigo 73º

A providencia que inicie o expediente disciplinario, terá que conter tanto o nomeamento do instructor, o que terá o seu cargo a tramitación do dito expediente, como do secretario que asistirá ó instructor nese labor.

A providencia de incoación inscribirase no rexistro especial de sancións.

Artigo 74º

Ó instructor e, se é o caso ó secretario, sonlle de aplicación as causas de abstención prevista na lexislación do Estado para o procedemento administrativo común.

O dereito de recusación poderá ser exercido no prazo de tres días hábiles, contados desde o que teña coñecemento da correspondente providencia do nomeamento, ante o mesmo órgano que a dictou, o que terá que resolver no prazo de tres días. Contra as resolucións adoptadas polos órganos disciplinarios deportivos competentes, en orde a abstencións ou recusacións, non se dará recurso, sen prexuízo de que poida alega-la recusación ó interpo-lo recurso administrativo ou xurisdiccional, segundo proceda, contra o acto que poña fin ó procedemento.

Artigo 75º

Iniciado o procedemento e con suxeición ó principio de proporcionalidade, o órgano disciplinario deportivo competente para a súa incoación poderá adopta-las medidas provisionais que estime oportunas, para asegura-la eficacia da resolución que puidera recaer. A adopción de medidas provisionais poderá producirse en calquera momento do procedemento, ben de oficio ou por moción razoada do instructor.

Non se poderán dictar medidas provisionais que poidan causar prexuízos irreparables.

Artigo 76º

O instructor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos, así como para a fixación das infraccións susceptibles de sanción. Os feitos relevantes para o procedemento poderá acreditarse por calquera medio proba, unha vez que o instructor decida a apertura da fase probatoria, a cal terá unha duración non superior a quince días nin inferior a cinco. Os interesados serán informados con suficiente antelación do lugar e momento da práctica das probas.

Pola súa parte, os interesados poderán propor, en calquera momento anterior ó inicio da fase probatoria, a práctica de calquera proba ou aportar directamente as que resulten de interese para a adecuada e correcta resolución do expediente. Contra a denegación expresa ou táctica da proba proposta polos

interesados, e poderán poñer reclamación no prazo de tres días hábiles, ante ó órgano competente para resolve-lo expediente, quen terá que pronunciarse no termo doutros tres días. En ningún caso, a interposición da reclamación paralizará a tramitación do expediente.

Artigo 77º

Os órganos disciplinarios deportivos poderán, de oficio ou por solicitude do interesado, acorda-la acumulación de expedientes cando se produzan as circunstancias de identidade ou analoxía razoable e suficientes, de carácter subxectivo, que fagan aconsellable a tramitación e resolucións únicas. A providencia de acumulación será comunicada ós interesados no procedemento.

Artigo 78º

Á vista das actuacións practicadas e nun prazo non superior a un mes, contado dende a iniciación do expediente, o instructor proporá o sobresemento del ou formulará o correspondente prego de cargos, que terá que conte-los antecedentes relativos ós feitos imputados, as circunstancias concorrentes e as supostas infraccións, así como as sancións que puideran ser de aplicación. O instructor poderá, por causas xustificadas, solicita-la aplicación do prazo referido ó órgano disciplinario deportivo competente para resolver.

No prego de cargos, o instructor presentará unha proposta de resolución que será notificada ós interesados para que, no prazo de dez días hábiles, manifesten cantas alegacións consideren convenientes na defensa dos seus dereitos ou interese. No dito prego de cargos, o instructor terá que propo-lo mantemento das medidas provisionais que se é o caso se adoptasen.

Transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, o instructor, sen mais trámite, elevará o expediente ó órgano disciplinario deportivo competente para resolver, xunto coas alegacións que, se é o caso, se presentasen.

Artigo 79º

A resolución do órgano disciplinario deportivo competente porá fin ó expediente disciplinario deportivo e terá que dictarse no prazo máximo de dez días, contados desde o seguinte ó da elevación do expediente polo instructor.

Sección oitava

Notificacións e recursos

1. Notificacións

Artigo 80º

Toda providencia ou resolución que afecte ós interesados, no procedemento disciplinario deportivo regulado nos presentes estatutos, será notificado a aqueles no máis breve prazo posible, co límite máximo de dez días hábiles.

As notificacións faranse de acordo coas normas previstas na lexislación do procedemento administrativo común.

Artigo 81º

Con independencia da notificación persoal poderá acordarse a comunicación pública das resolucións de sanción pero, en tal caso, terá que respectarse o dereito ó honor e á intimidade das persoas conforme a lexislación vixente.

Non obstante, as providencias e resolucións non producirán efectos para os interesados ata a súa notificación persoal.

Artigo 82º

As notificacións terán que conte-lo texto integro da resolución, con indicación de se é ou non definitiva, a expresión das reclamacións ou recursos que procedan, órgano ante o que tivera que presentarse e prazo para interpor unhas e outros.

2. Recursos

Artigo 83º

As resolucións disciplinarias dictadas en primeira instancia e por calquera procedemento, polo comité de competición, poderán ser recorridas, no prazo máximo de dez días hábiles, ante o comité da apelación da FGT.

As resolucións dictadas polo comité de apelación da FGT, en materia de disciplina deportiva de ámbito autonómico, que esgoten a vía federativa poderán ser recorridas, no prazo de quince días hábiles, ante ó Comité Galego de Disciplina Deportiva.

As resolución deste esgotan a vía administrativa e executarán, se é o caso, a través da FGT, que será responsable do seu escrito e efectivo cumprimento.

Artigo 84º

Se concorresen circunstancias excepcionais no curso da instrucción dun expediente disciplinario deportivo, os órganos competentes para resolver poderán acorda-la aplicación dos prazos previstos, ata un máximo de tempo que non exceda a mitade del, corrixida por exceso.

Artigo 85º

As peticións ou reclamacións propostas ante os órganos disciplinarios deportivos terán que resolverse de maneira expresa no prazo non superior a quince días. Transcorrido o dito prazo, entenderanse rexeitadas.

Artigo 86º

Os escritos nos que se formalice reclamación ou recursos terán que conter:

a) O nome e apelidos da persoa física ou denominación social dos entes asociativos interesados, con expresión, se é o caso, do nome e apelidos dos seus representantes.

b) Enderezo completo do domicilio para notificacións.

c) As alegacións que se estimen pertinentes, así como as propostas de proba que ofrezan en relación con aquela, e os razoamentos e preceptos nos que se basen ou fundamenten as súas peticións.

d) As pretensións que deduzan de tales alegacións, razoamentos e preceptos.

Artigo 87º

Para formular recursos ou reclamacións contarase a partir do día seguinte ó da notificación da resolución ou providencia, se estas foran expresas. Se non o fosen, o prazo será de quince días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que teñan que entenderse rexeitadas as peticións, reclamacións ou recursos, conforme ó sinalado nos presentes estatutos segundo artigo 85º.

Artigo 88º

A resolución dun recurso confirmará, revogará ou modificará a decisión recorrida, sen que no caso de modificación poida derivarse maior prexuízo para o interesado, cando este sexa o único concorrente.

Se o órgano disciplinario deportivo competente para resolver estimase a existencia de vicio formal, poderá ordena-la retroacción do procedemento ata o momento no que se produciu a irregularidade, con indicación expresa da fórmula para resolvela.

Artigo 89º

A resolución expresa dos recursos terá que producirse nun prazo non superior a trinta días. En todo caso, e sen que iso supoña a exención do deber de dictar resolución expresa, transcorridos trinta días hábiles sen que se dicten e notifique a resolución do recurso imposto, entenderase que este foi destinado, momento no que quedará expedido a vía procedente.

Sección novena

Órganos disciplinarios deportivos

Artigo 90º

Segundo se establece no artigo 43º dos presentes estatutos, os órganos disciplinarios deportivos ós que corresponde o exercicio da potestade desta natureza naquela son ás comisións nos campionatos, en segunda instancia ó comité de competición e ó comité de apelación da FGT, nas instancias e dependencias que se determinan.

Artigo 91º

As comisións de campionatos entenderán en primeira instancia das infraccións que se cometan nas probas e campionatos rexionais, e terase que nomear unha para cada campionato, sendo a súa composición a seguinte:

a) Presidente: un membro designado pola FGT.

b) Vocais: o director de arbitraxe da FGT, o delegado do club organizador e dous delegados dos equipos participantes, designados por sorteo.

O comité de competición estará formado por tres membros titulares e tres suplentes, segundo a seguinte disposición:

a) Presidente: un vicepresidente da FGT.

b) Vocais: dous membros da asemblea xeral.

O comité de apelación da FGT formarana un presidente e catro vocais, un dos cales actuará como secretario.

Os nomeamentos e cesamentos dos membros do comité de apelación correspóndenlle ó presidente da FGT, que os comunicará posteriormente á asemblea xeral.

Artigo 93º

Con carácter circunstancial, o presidente do Comité de Apelación da FGT poderá requiri-lo asesoramento de técnicos, para informar sobre aquelas cuestións que, a xuízo do dito presidente, así o requira o proceso disciplinario en curso.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 93º

Integrarán en todo caso o réxime documental da FGT:

a) O libro ou rexistro de clubs ou asociacións afiliadas, no que constará a súa denominación, domicilio social e filiación dos presidentes e membros das súas xuntas directivas.

b) O libro de actas, no que se incluirán as das reunións da asemblea xeral, da súa comisión delegada, da xunta directiva e da comisión permanente.

c) Os libros de contabilidade nos que figurarán os dereitos e obrigas, e os dereitos e gastos da FGT, tendo que precisarse a procedencia daqueles e a investimento ou destino destes.

d) Libro onde se recolla a relación de bens mobles e inmobles.

e) Os demais que legalmente sexan esixibles.

TÍTULO VIII

Procedemento para a reforma dos estatutos

Artigo 94º

Os estatutos da FGT unicamente poderán ser modificados por acordo da asemblea xeral reunida en sesión extraordinaria.

A proposta de modificación dos estatutos poderá ser efectuada pola xunta directiva da FGT, pola comisión delegada por maioría absoluta ou por o 35% dos membros da asemblea xeral.

Artigo 95º

Acordada pola asemblea xeral, reunida en sesión extraordinaria, a modificación dos estatutos, esta será sometida á aprobación da Secretaría Xeral para o Deporte. Obtida esta aprobación, a modificación

entrará en vigor o día seguinte ó da notificación pola secretaría xeral do acordo de aprobación.

Artigo 96º

Coa convocatoria para a reunión extraordinaria da asemblea xeral, na que terá que tratarse a modificación de estatutos, terá que enviarse a tódolos membros dese órgano superior a proposta ou propostas de reforma, cunha antelación mínima de sete días naturais á data na que a citada reunión teña que celebrarse.

TÍTULO IX

Disolución e liquidación

Artigo 97º

A FGT extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo específico da asemblea xeral reunida en sesión extraordinaria, adoptado por maioría de dous tercios dos seus membros e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Polas demais causas previstas na Orde do 28 de xullo de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, sobre federacións deportivas galegas.

Artigo 98º

No caso de disolución e unha vez practicada a oportuna liquidación, o patrimonio neto da FGT, se o houbese, aplicarase á realización de actividades análogas, e determinará a Secretaría Xeral para o Deporte o seu destino concreto.

3528