Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.139

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se modifica a do 28 de setembro de 1995, co nomeamento de novos componentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, prevé, no seu artigo 28, a creación dun instrumento de participación pública no que estarán representados tódolos estamentos interesados da sociedade galega e da súa comunidade científica.

No marco da Lei 1/1995 desenvólvese o Decreto 155/1995, do 3 de xuño, que crea o Consello Galego de Medio Ambiente como órgano consultivo para dar cumprimento ó principio de participación pública e establecer unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica, servindo de foro de debate da problemática ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como desenvolvemento do artigo 3 do Decreto 155/1995, que sinala a composición do consello, emítese a Orde do 28 de setembro de 1995 que recolle o nomeamento dos vocais titulares e suplentes, previamente propostos polas organizacións respectivas. No apartado g) do artigo 3 indícase que o presidente do consello designará tres persoas de

recoñecido prestixio no campo ambiental, oído o Pleno.

Reunido o Consello Galego do Medio Ambiente, na súa sesión do día doce de abril de mil novecentos noventa e seis, e oído e conforme o seu Pleno, foron elixidos os tres expertos de recoñecido prestixio no campo ambiental.

Por outra parte e como consecuencia de variacións dalgúns vocais do consello, faise preciso a modificación dos nomeamentos contidos na Orde do 28 de setembro.

Así mesmo a recente fusión da Federación Galega de Municipios e Provincias e a Federación de Concellos Galegos, fai preciso nomea-los novos representantes dos municipios e provincias.

En virtude do anterior e en aplicación do disposto na disposición derradeira primeira do Decreto 155/1995,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Unha vez oído e conforme o Pleno do Consello Galego de Medio Ambiente, desígnanse as tres persoas de recoñecido prestixio no campo ambiental ás que fai referencia o apartado g) do artigo 3 do Decreto 155/1995, que a continuación se relacionan:

Manuel Bao Iglesias, catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela.

Felipe Macías Vázquez, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela.

Darío Prada Rodríguez, catedrático de Química Analítica da Universidade da Coruña.

Artigo 2.-A proposta da FEGAMP, desígnanse vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en representación dos municipios e provincias as persoas que a continuación se relacionan:

Antonio Evaristo Muiña Pena, Adolfo Gacio Vázquez, Raúl Fernández Fernández e José Luis Rodriguez Lorenzo como titulares e Antonio Arias Armesto, Manuel Candocia Ramos, Vicente González Rodríguez e José Eiras Paz como suplentes.

En consecuencia, cesan como representantes dos municipios os nomeados anteriormente na Orde do 28 de setembro de 1995: Xosé Luis Torres Colomer, Eladio Pérez Moure, Julio Sacristán de Diego e José Luis Rodríguez Lorenzo, como titulares, e Eliseo Fernández Gómez, Jesús Villamor Calvo, Ignacio Codesido Barreiro e Juan Gato Díaz, como suplentes.

Artigo 3.-Prodúcese o cesamento de Florencio Arce Vázquez, como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Universidade de Santiago de Compostela, por mor do seu nomeamento como Valedor do Estudiante, designándose no seu lugar a Jesús Izco Sevillano.

Prodúcese o cesamento de Darío Prada Rodríguez, como vocal suplente do Consello Galego do Medio Ambiente en representación da Universidade da Coruña, a consecuencia do seu nomeamento, obxecto da presente orde, como persoa de recoñecido prestixio no campo ambiental, designándose no seu lugar a Francisco Javier Samper.

Prodúcese o cesamento de José Manuel Taure Menéndez, como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en calidade de experto designado polos órganos autonómicos, a petición propia, nomeándose no seu lugar a Agustín Hernández Fernández de Rojas; que á súa vez cesa como vocal suplente nomeándose no seu lugar a Bertha Rey-Conde Fernandez.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

968