Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000489/1996, interposto pola Federación Galega de Fútbol.

Con data 9 de abril de 1996, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000489/1996 interposto polo recorrente contra resolución do recurso nº 343 do Comité Galego de Disciplina Deportiva do 2 de febreiro de 1996 e resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte do 2 de febreiro e 15 de febreiro de 1996, sobre regulación de materias relacionadas co fútbol sala dentro dos estatutos da Federación Galega de Fútbol.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira

da Sala do Contenicoso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

Secretario xeral para o Deporte

96-3550