Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.056

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Cotelga, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo Cotelga, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 14-3-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo delegado de persoal o día 10-3-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real

decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de marzo de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Cotelga, S.L.

Preámbulo

A negociación do presente convenio foi inspirada polo criterio de acada-lo progreso da empresa afectada por el e o benestar dos seus traballadores.

As partes asinantes son responsables, cada unha no seu ámbito de competencia, da estricta observancia do convenio.

Os asinantes expresamente conveñen en que, de conformidade co disposto no parágrafo 2, artigos 83 e 84 do Estatuto dos traballadores, é a súa vontade non seren afectados polo disposto en actuais ou futuros convenios de ámbito distinto en ningunha materia.

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Cotelga, S.L. e os seus traballadores na provincia da Coruña.

Queden comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa indicada, calquera que sexa a categoría profesional que ostenten.

Asímesmo, quedarán incluídos aqueles traballadores que comecen a prestalos servicios durante a vixencia do convenio, e é vinculante, por tanto, para todo o persoal laboral dos centros de traballo actuais e os que nun futuro se podan abrir calquera que sexa a súa localización territorial.

Artigo 2º.-Entrada en vigor e duración.

Con independencia da súa entrada no BOP, o presente convenio entrará en vigor a partires do 1 de abril de 1996 ata o 31 de decembro de 1997. Transcurrido este período, prorrogarase anualmente pola tácita reconducción, a non ser que con anterioridade e con dous meses de antelación ó remate do período de vixencia do convenio, ou de calquera das súas prórrogas, mediase denuncia expresa del por calquera das partes asinantes do convenio.

Artigo 3º.-Clasificación profesional.

a) Persoal da Administración.

b) Persoal técnico.

c) Persoal de vendas.

d) Persoal de reparto e almacén.

e) Persoal de oficios varios: considérarase persoal de oficios varios aqueles que, como vixilantes, limpadores, cobradores, etc., realicen traballos propios do seu oficio na empresa.

Artigo 4º.-Mobilidade xeográfica e funcional.

A empresa poderá desprazalo seu persoal a outros centros de traballo distintos daquel onde presten os seus servicios durante calquera prazo de tempo, fundamentando o referido desprazamento en razóns técnicas, organizativas ou de producción.

Todo o persoal, cando as necesidades do servicio así o requiran, poderá adoptar unha categoría laboral superior. Esta categoría serálle recoñecida se a continúa desempeñando nun prazo superior a seis meses, aboándoselle o correspondente salario integramente durante o período no que o traballador preste o servicio.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais no caso de contratos a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial, axustarase ó horario de traballo en función das necesidades da empresa, e poderá ser este de 8, 10 ou 20 horas á semana.

Artigo 6º.-Salarios.

As táboas salariais aplicables son as que figuran no anexo I.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse a razón de salario base cun incremento do 20% sobre este. En todo o mencionado neste artigo haberá que aterse ó establecido no artigo 34.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Axudas de custos e desprazamentos.

No suposto de que o persoal afectado polo presente convenio deba permanecer fóra do concello onde radica o seu centro de traballo, recibirá unha axuda de custo de 800 pesetas.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse dúas pagas extraordinarias a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. As ditas pagas devegaranse no mes de xullo e no Nadal.

A empresa poderá ratealas pagas extras en doce mensualidades. A empresa e os representantes dos traballadores poderán negociar distintos xeitos de pagamento.

Artigo 10º.-Vacacións.

Os traballadores, calquera que sexa o grupo ou categoría a que pertenzan, teñen dereito a unha vacación anual de 30 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa.

Artigo 11º.-Permisos especiais.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días no caso de nacemento dun fillo, intervención quirúrxica que precise hospitalización, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legalmente.

Artigo 12º.-Antigüidade.

A antigüidade establécese por trienios, contados a partir do ingreso na empresa. Os trienios aboaranse a razón do 3% sobre o salario do convenio vixente en cada momento.

Artigo 13º.-Póliza de accidentes.

A empresa afectada polo presente convenio estará obrigada a subscribir unha póliza de accidentes que lles garanta a tódolos traballadores un capital de 3.000.000 de pesetas en caso de falecemento e 4.000.000 de pesetas no suposto de invalidez permanente, por accidente de traballo.

Artigo 14º.-Dereitos sindicais.

En todo o relacionado cos aspectos sindicais dentro e fóra da empresa, observarase o que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

Artigo 15º.-Comisión paritaria.

Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio, constituirase unha comisión paritaria formada por un representante da empresa e o delegado do persoal, como órgano de interpretación e vixilancia, para o seu máis eficaz cumprimento.

Artigo 16º.-Revisións médicas.

A empresa estará obrigada a solicitar da mutua patronal que cubra o risco de accidente de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

Disposición derradeira

No non establecido de forma expresa no peresente convenio, será de aplicación canto dispón o Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO

(Táboas salariais)

Salario base

(mensual)

Salario base

(mensual)

Grupo I
-Persoal da Administración:
Xerente130.0001.820.000
Conselleiro delegado105.0001.470.000

Grupo II
-Persoal técnico:
Xefe de sección:86.5301.211.420
Contable89.3651.251.110
Oficial administrativo85.9411.203.174
Auxiliar administrativo82.9981.161.972

Grupo III
-Persoal de vendas:
Xefe de vendas89.6001.254.400
Xefe de zona82.9001.160.600
Corredor de praza71.4451.000.200

Grupo IV
-Persoal de reparto e almacén:
Repartidor78.6501.101.100
Almacenista78.6501.101.100
Axudante de almacén72.4501.014.300

Grupo V
-Persoal de oficios varios:
Xefe de servicio técnico88.5601.239.840
Vixilante porteiro73.6301.030.820
Limpador68.250955.500

Aprendices: cobrarán durante o primeiro, segundo e terceiro ano de contrato e 75, 80 e 90% respectivamente do salario vixente para cada categoría profesional.

O persoal de vendas percibirá ademais do seu salario anual correspondente, en concepto de comisión, a cantidade que individualmente pacta coa empresa.

3035