Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da Compañía de Tranvías da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da Compañía de Tranvías da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9-4-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo Comité de Empresa o día 9-4-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta de acordo

Representación empresarial:

José Prada Muradás

Wenceslao López Alvargonzález

Representación social:

Manuel Otero Maya

Jesús Sánchez Vidal

Felipe González Álvarez

Ramiro López Carro

Manuel Ares Ares

Eladio Prieto Crespo

José Antonio Puñal Recarey

Daniel Vázquez Mourelle

Manuel Sánchez Martínez

Na cidade da Coruña, ás 11 horas do día 9 de abril de 1996, reúnense na sala de xuntas da Compañía de Tranvías da Coruña S.A. os señores que na marxe se expresan, compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo da citada entidade.

A reunión ten por obxecto plasmar nesta acta o acordo ó que ambas partes chegaron, e que, unha vez sometido a votación na asemblea de traballadores celebrada o pasado día 1 ó efecto, foi aprobado por ampla maioría e consiste nos seguintes extremos:

1º. Prorroga-lo convenio colectivo de empresa, con vixencia no ano 1995, ata o 31 de decembro de 1996, recollendo un aumento salarial sobre táboas do 4%.

2º. Establecemento dunha cláusula de revisión salarial, consistente en que, no caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento respecto ó 31-12-1995, superior ó 3,5%, efecturarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de 1 de xaneiro de 1996, e para levalo a cabo, tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados para 1996.

E para que así conste para tódolos efectos, esténdese e asínase a presente acta por duplicado exemplar no lugar e data do seu encabezamento.

Rubricado

Táboas salariais

CategoríasSalario

Xefe de servicio129.874
Xefe de sección103.642
Xefe de negociado99.300
Oficial 1ª administrativo94.235
Oficial 2ª administrativo92.191
Auxiliar administrativo90.729
Xefe de taller109.240
Contramestre96.000
Encargado de almacén96.065
Inspector3.110
Conductor-perceptor3.086
Conductor3.067
Cobrador2.997
Xefe de equipo3.124
Oficial 1ª taller3.086
Oficial 2ª taller3.059
Oficial 3ª taller3.016
Mozo taller2.982

Plus de compensación2.735
Plus de asistencia198
Quebranto de moeda285
Entrega de conta426
Plus de cobramento617

Táboa de remuneración anual en función das horas anuais de traballo

CategoríasRemuneraciónHoras

Xefe de servicio2.088.5181.826
Xefe de sección1.684.5451.826
Xefe de negociado1.617.6781.826
Oficial 1ª administrativo1.539.6771.826
Oficial 2ª administrativo1.508.1991.826
Auxiliar administrativo1.485.6851.826
Jefe de taller1.770.7541.826
Contramestre1.566.8581.826
Encargado de almacén1.567.8591.826
Inspector1.537.2351.826
Conductor-perceptor1.810.5051.826
Conductor1.522.2811.826
Cobrador1.489.5561.826
Xefe de equipo1.548.9281.826
Oficial 1ª taller1.531.1631.826
Oficial 2ª taller1.518.5411.826
Oficial 3ª taller1.498.4381.826
Mozo de taller1.482.5431.826

A Coruña, 9 de abril de 1996.

Rubricado

3915