Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.055

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de abril de 1996 pola que se establece o prezo privado pola utilizacion dos servicios de tanatorio no Hospital Provincial de Pontevedra, centro dependente do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo I do título II

que os prezos privados serán fixados polas consellerías atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas, establece no seu artigo 4 d), como competencia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

O Hospital Provincial de Pontevedra integrado na rede do Sergas, está prestando de forma asidua o servicio de tanatorio no propio centro, servicio que xa viña cobrando con anterioridade á súa transferencia ó Sergas, polo que se fai necesario aprobar esta orde para posibilita-la súa percepción.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Atendendo ás condicións e circunstancias de mercado, fíxase o prezo privado como consecuencia da prestación do servicio de tanatorio no Hospital Provincial de Pontevedra, dependente do Sergas.

Artigo 2º

A tarifa fixada por utilización dunha sala velatorio é de 35.000 ptas. Enténdese, se é o caso, con IVE incluído.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

2597