Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (485/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de cognición nº 485/1995, notifícaselles ós demandados descoñecidos e incertos traballadores de Impermeabilizaciones Tajes, S.L. a sentencia dictada nestes, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número un, desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición, seguidos neste xulgado co nº 485/1995, entre partes, dunha como demandante, a entidade Iberia, Compañía Anónima de Seguros Generales, domiciliada en Barcelona, representada en autos polo procurador Barreiro Fernández, asistida do letrado Ferreiro Casal e doutra como demandados, a entidade Impermeabilizaciones Tajes, S.L., domiciliada en Narón (A Coruña), rúa San Avelino nº 13-15, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida da letrada Lorenzo Sueiro, e contra os descoñecidos e incertos traballadores de Impermeabilizaciones Tajes, S.L., incomparecidos e en situación procesual de rebeldía sobre reclamación de cantidade.

Decido: que, estimando a demanda formulada polo procurador Barreiro Fernández, en nome e representación da entidade Iberia Cía Anónima de Seguros Generales contra a entidade Impermeabilizaciones Tajes, S.L., a quen representa a procuradora Goimil Martínez, debo condenar e condeno á demandada a que lle satisfaga á mercantil demandante a suma de 117.375 ptas. e ó pagamento das custas causadas.

Absónlvese ós descoñecidos e incertos traballadores de Impermeabilizaciones Tajes, S.L.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados descoñecidos e incertos traballadores de Impermeabilizaciones Tajes, S.L., declarados en

rebeldía expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3088