Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (40/1996).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 40/1996, dimanante do procedemento seguido por tentativa de furto no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Enrique Becares Fuentes, denunciante, veciño de r/ Montero Ríos, nº 33 de Santiago de Compostela; Breixo López Penedo, denunciado, con paradoiro descoñecido.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado Breixo López Penedo, e declaro de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes, (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuízamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación perante este xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a Breixo López Penedo, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o doce de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

3533