Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta aprobada pola empresa e o comité da empresa de Construcciones Alea, S.L., de Ourense.

Visto o texto da acta suscrita polo comité de empresa de Construcciones Alea, S.L. e o representante legal desta, o 26 de marzo de 1996, polo que se adecúa a xornada de traballo para o ano en curso, conforme o previsto no convenio colectivo da dita empresa (código nº 3200162) de Ourense publicado no BOP nº 142, do 23 de xuño de 1996, con entrada nesta delegación provincial, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da dita acta no rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de marzo de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta nº 27

En Ourense, ás 19 horas do día 26 de marzo de 1996, reúnense, no domicilio social de Construc

ciones Alea, S.L., estrada de Vilacastín a Vigo, km. 548, Seixalbo, Ourense, para levar a cabo a aprobación da xornada laboral do presente ano 1996, as persoas que a continuación se citan:

Dunha parte, Antonio Gómez Fernández, Camilo Guede Forneiro, Ángel González Dosouto, Antonio Felisindo López Carnero, José Justo Gómez, Juan Pérez Cid e Cesáreo Domínguez Rodríguez. Todos eles na súa condición de compoñentes do comité de empresa.

Da outra parte, Luis Ogando Hermida, en representación da empresa.

Aberta a sesión, pasan a estudia-lo único punto da orde do día.

Que co obxecto de cumprir co artigo 9 do convenio da empresa Construcciones Alea, S.L., no cal se reflicte que para o ano 1996 a xornada laboral anual será de 1.768 horas, acordan o seguinte:

Axústase o calendario laboral do presente exercicio de 1996 e fíxanse como días non laborables os seguintes:

-2 de maio.

-26 de xullo.

-16 de agosto.

-11 de outubro.

-23 de decembro.

-24 de decembro.

-30 de decembro.

-31 de decembro.

Por último, acórdase por unanimidade remitirlle á autoridade competente a referida acta para o seu depósito, inscrición, aprobación e publicación, autorizando o secretario do comité, Camilo Guede Forneiro, para que realice as xestións necesarias para iso.

E non tendo máis asuntos que tratar dos cales se desexe deixa-la debida constancia, levántase a sesión unha vez aprobada por unanimidade a presente acta, a 20 horas 30 minutos.

ANEXO II

HORAS DE TRABALLO CORRESPONDENTES Ó PERÍODO DO 1-1-1996 Ó 31-12-1996

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FN888FNS88D8FND

288S8FCD8888S8

38SD8FL88S88D8

48D8FNS88D8888

5888FND8888S88

6FN88S88S88D8FN

7D88D88D8S88S

888888S88D88D

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

988S88D8888S8

108SD8888S88D8

118D88S88D8FCFL8

128888D8888FN88

13S88S88S88D88

14D88D88D8S88S

1588888S8FND88D

1688S88D8FC88S8

178SD8FNG88S88D8

188D88S88D8888

198888D8888S88

20S88S88S88D88

21D88D88D8S88S

2288888S88D88D

2388S88D8888SFC

248SD888FCS88DFC

258D88S8FND888FN

268888D8FC88S88

27S88S88S88D88

28D88D88D8S88S

2988888S88D88D

308S88D8888SFC

318D88S8FC

Horas176168168160152160160160168176152128

Días222121201920212021221916

Días do ano: 366 Total horas de traballo: 2.000

Domingos: -50 Vacacións: -168

Sábados: -52 Adaptación convenio/acordo: -64

Festas nacionais: -12

Festas locais:-2 Total horas efectivas de traballo: 1768

Días de traballo: 250

Adaptación convenio: -8

Vacaciones 30 días naturais (21 laborais): -21

Días de trraballo S/Acordo: 221

NOTA: 1. As festas locais refírense á localidade de Ourense capital.

2. Para axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 1996 fíxanse como días non laborais o 2 de maio, 26 de xullo, 16 de agosto, 11 de outubro, 23, 24, 30 e 31 de decembro.

2956