Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.021

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Televés.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo Televés que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-4-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 26-3-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 20 de marzo, do Estatuto dos

traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións

sindicais económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Comisión deliberadora

Acta de consolidación da sinatura das táboas salariais

De conformidade co establecido na acta de constitución da comisión deliberadora para a revisión de táboas salariais xaneiro-marzo 1996 e ás 14 horas do día 26 de marzo de 1996, na sala de xuntas da empresa, reúnense as representacións lexitimadas indicadas a continuación:

Representación dos traballadores: José Luis Villar López, Jesús Viqueira Río, Luis Martorell Caldas, Jesús Conde Míguez, Javier Pazos Losada, José Lameiro Suárez, Raúl Fernández Blanco, Angel R. Colón Béis, Juan Feás Albor, Xosé Martínez Otero, Antonio González e Jaime López Seoane.

Representación da dirección da empresa: José Gabriel Barreiro Pérez, Jorge Lorenzo Souto e Jesús Casal Liñares.

O secretario dá lectura á acta da reunión anterior, a cal é aprobada e asinada.

A continuación, logo de analizar diversas ofertas e propostas, tódolos presentes, con excepción de Jai

me López Seoane e Antonio García González, adoptan os seguintes acordos:

1. Prorrogar en tódolos seus termos, ata o 31-12-1997, o vixente convenio colectivo de empresa.

2. Modifica-las táboas salariais do dito convenio colectivo, con efectos desde o 1-1-1996, de acordo cos seguintes incrementos e variantes.

a) Incrementos:

1996: 4,2%, con revisión se o IPC real supera o 3,5%.

1997: IPC previsto máis o 0,7% con revisión sobre o IPC real.

b) Variantes:

O plus de asiduidade e os atrasos do plus de transporte quedarán conxelados e os seus respectivos incrementos sumaranse á paga de abril.

Tanto a paga de abril como o resto dos conceptos, percibiranse de acordo coas táboas salariais resultantes, independentemente do período de devengo de cada un deles.

Así mesmo, ámbalas partes acordan:

a) Manifesta-la súa conformidade coas táboas salariais que se achegan, e que conteñen os acordos aprobados e asinados.

b) Remiti-lo acordado á Consellería de Traballo e solicitar que, de acordo coa lexislación vixente, para que se proceda ó seu rexistro.

E non tendo máis temas que tratar, levántase a presente acta da cal, como secretario, dou fe.

O secretario

Rubricado

3578