Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 14 de maio de 1996 sobre axudas á promoción e comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos.

É cada día maior a importancia que a manipulación-transformación e comercialización dos productos agrarios teñen no conxunto da economía agraria. As tendencias actuais do mercado inclínanse cara ó consumo de productos transformados e as esixencias aumentan en canto á normalización, presentación comercial e calidade dos productos.

Galicia é unha rexión altamente productora de materias primas do sector agrario, das que boa parte son exportadas a outras rexións para a súa manipulación ou transformación coas conseguintes perdas de valor engadido.

Por todo isto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula-las axudas que concederá a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e os investimentos para a promoción e comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos para 1996.

Artigo 2º.-Actividades subvencionables e beneficiarios.

1. Considéranse subvencionables os investimentos, excluídos impostos recuperables, realizados nas seguintes actividades e sempre que se inicien dentro do presente exercicio orzamentario:

1.a) Promoción e mellora da comercialización.

-As campañas xenéricas de promoción de productos agrarios e agroalimentarios galegos, promovidas por consellos reguladores de productos con denominación de orixe e específica asi como por agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociados para colaborar na mellora da calidade dun producto.

-Excepcionalmente, tamén serán subvencionables campañas e programas de promoción e mellora da comercialización, promovidas conxuntamente por varias empresas do sector non vinculadas accionarialmente.

1.b) Feiras e certames comerciais.

-A organización de feiras e certames do sector agrario e agroalimentario en Galicia, excluídas as concernentes a concursos, exposicións e feiras de gando e sempre que estean promovidas por consellos reguladores e agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociados para colaborar na mellora da calidade dun producto.

1.c) Estudios.

-Os de investigación e prospección de mercados e de mellora do proceso de comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos, incluíndo

os de conxuntura, perspectivas e evolución do sector que incidan no aspecto comercial.

Admítense como solicitantes os consellos reguladores e as agrupacións de productores e de industrias agrarias, cando estean asociadas para colaborar na mellora da calidade dun producto.

1.d) Programas.

-Os que teñan como obxectivo o fomento da normalización, tipificación e mellora e control da calidade dos productos agrarios e agroalimentarios galegos.

Poderán ser beneficiarios neste apartado os consellos reguladores e as agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociados para colaborar na mellora da calidade dun producto.

2. Poderase solicitar axuda para a realización de varias das citadas actividades nun único expediente sempre que exista unha unidade de obxectivo en todas elas.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

A contía das axudas, que terán o carácter de subvención directa, queda establecida como segue:

1. Campañas de promoción de productos agrarios e agroalimentarios galegos:

Establécese unha porcentaxe de axuda básica de ata o 50% do investimento. Esta porcentaxe poderá verse incrementada en ata un 25% adicional cando se trate de productos procedentes das pequenas e medianas empresas ou explotacións conforme o disposto no encadramento das axudas nacionais para publicidade de productos agrarios (DOCE 87/C 302/06).

2. Organización de feiras e certames comerciais:

Ata un 50% dos investimentos, cun límite de 25.000.000 (vintecinco millóns) de pesetas.

3. Estudios.

Ata un 70% dos investimentos cun límite de 10.000.000 (dez millóns) de pesetas.

4. Programas.

Ata o 50% dos investimentos. A dita porcentaxe poderá incrementarse ata o 100% no caso de programas levados a cabo por consellos reguladores e asociacións de productores e de industrias agrarias.

Dentro deste apartado consideraranse como gastos elixibles os relacionados con estudios, consultorías e asistencias técnicas para a realización do programa; gastos destinados o desenvolvemento da actividade de promoción, difusión e sensibilización no ámbito da normalización e calidade; e gastos destinados á mellora da cualificación profesional para levar a cabo o programa.

Artigo 4º.-Tramitación das solicitudes.

1. Os interesados deberán presentar por duplicado preferentemente nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou ben por

calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembre, a seguinte documentación:

a) Instancia-solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes segundo o modelo que se xunta debidamente cuberto.

b) Memoria explicativa dos obxectivos do investimento.

-Avaliación económica das súas vantaxes.

-Plan cronolóxico dos traballos.

-Relación de efectivos humanos e medios materiais de que se dispón.

c) Orzamento pormenorizado dos gastos previstos.

d) Declaración do solicitante sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos.

e) Copia da cédula NIF/CIF.

f) No caso de empresas, copia do certificado de inscrición no rexistro de industrias agrarias se procede, ou, no caso contrario, copia da escritura de constitución se se trata de sociedades inscritas no rexistro mercantil, ou fotocopia compulsada do DNI e de alta na licencia fiscal no caso de empresarios individuais.

g) No caso de agrupacións de empresas, entidades asociativas agrarias ou as súas agrupacións: copia compulsada dos estatutos e certificado de inscrición no rexistro correspondente.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias poderá solicitar calquera outro documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.

2. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá as solicitudes no presente ano, por proposta da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias en función das súas dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta os criterios de valoración prioritarios seguintes:

-Productos elaborados con materias primas producidas en Galicia.

-Productos amparados por algún indicativo de calidade.

-Mellora da calidade e comercialización dos productos.

-Beneficio ós productores de base.

As solicitudes que non obtivesen resposta no mencionado prazo entenderanse desestimadas.

3. A concesión da subvención poderá condicionarse ó cumprimento por parte do solicitante de obxectivos empresariais.

4. Unha vez recibida a comunicación da concesión de axuda, o beneficiario terá que remitir no prazo de dez días hábiles a súa aceptación das condicións especificadas na resolución de concesión. En caso contrario considerarase que renuncia a ela e quedará sen efecto tal concesión.

Artigo 5º.-Tramitación do pagamento das axudas.

Poderase realiza-lo pagamento de cada unha das actividades enmarcadas dentro dun expediente de forma independente sempre que os gastos estean debidamente xustificados e as actividades estean rematadas.

Executados os investimentos, o beneficiario presentará por duplicado na delegación provincial correspondente a seguinte documentación:

1. Xustificantes dos investimentos efectuados. Logo de presenta-las facturas orixinais para realiza-la toma de razón, entregarase fotocopia acompañada de relación de facturas.

2. Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas para os mesmos investimentos.

3. Acreditación formal do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como acreditación expedida pola Dirección Xeral do Tesouro de non ter débedas pendentes de pagamento coa administración pública da Comunidade Autónoma.

4. Conxuntamente coa documentación relacionada nos anteriores apartados, os solicitantes deberán presentar:

4.a) En caso de estudios que inclúan viaxes: memoria descritiva e detallada da viaxe realizada, así como un informe das conclusións obtidas.

4.b) En caso de xornadas técnicas: memorias destas, incluíndo un resumo dos relatos e as conclusións obtidas.

4.c) En caso de programas: memoria das actividades realizadas e valoración do desenvolvemento do programa e dos resultados obtidos.

4.d) No caso de campañas de publicidade: un exemplar de cada un dos elementos integrantes na campaña (carteis, folletos, spots, etc.).

5. Copia de cédula NIF/CIF, ficha de domiciliación de pagamentos e escritos da entidade bancaria que acrediten a apertura da conta a nome do beneficiario.

En calquera fase do proceso de tramitación, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá solicitarlle ó interesado as aclaracións e xustificacións oportunas con respecto ós datos da documentación presentada.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data de entrada en vigor da presente orde.

Artigo 7º.-Especialidades na execución dos investimentos.

As resolucións de concesión de subvención establecerán o prazo máximo de xustificación dos investimentos. Non obstante poderase conceder a petición do interesado debidamente xustificada, e sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan, unha ampliación do prazo de execución dos investimentos. No caso de reducción da contía dos investimentos, sen menoscabo dos obxectivos iniciais, a subvención verase reducida na contía proporcional correspondente.

Artigo 8º.-Compatibilidade.

As axudas concedidas a través da presente orde poderán ser compatibles con calquera outra ata o límite máximo do 100% dos investimentos, especificándose en cada resolución individual a súa compatibilidade máxima.

Disposición adicional

O aboamento das subvencións fixadas pola presente orde establecerase con cargo ós conceptos orzamentarios 615A-770.0 (136.858.000 ptas.) e 780.0 (14.300.000 ptas.).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para

dicta-las disposicións que considere oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2387