Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Citröen Hispania, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Citröen Hispania, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-3-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo Sindicato Independente de traballadores de Citröen Pontevedra (SITC), o 11-3-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexitro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de marzo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo 1996 Citröen Hispania, S.A.

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Citröen Hispania, S.A. e o Sindicato Independente de Traballadores de Citröen en Pontevedra (SITC), recoñecéndose como interlocutores válidos para os efectos do artigo 87.1º da Lei do Estatuto dos traballadores (LET), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º LET, o ámbito territorial do convenio é o dos centros de traballo da empresa Citröen Hispania, S.A., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, agás naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 1996, excepto naqueles aspectos do articulado que conteñen vixencias concretas.

Terá unha vixencia dun ano, e expirará o 31 de decembro de 1996 ou, se é o caso, naquelas datas nas que así se indique expresamente.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte perante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras, serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º e) LET, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes designados polo comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

As reunións desta comisión celebraranse cada tres meses, agás apreciación de urxencia por algunha das representacións. Entre a solicitude de reunión e a súa celebración mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión, aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán recollidas na acta. No caso de non haber acordo, farase que recolla as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que coide procedente no prazo de oito días e notificarallo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación perante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e a súa antigüidade nela, e servicio no que traballa. Así mesmo, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento expresando a profesión ou oficio e funcións que desempeñou durante a súa permanencia na empresa.

Unha copia deste rexistro será entregada ós representantes legais dos traballadores xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

A) Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia deste.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses-Técnicos non titulados: 2 meses.-Administrativos: 1 mes.-Subalternos: 1 mes.-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.-Peóns e especialistas: 2 semanas.

As contratacións baixo a modalidade de «contrato en prácticas» terán un período de proba mínimo de dous meses.

B) Citröen Hispania, S.A. entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, agás dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia básica entregaráselle nun prazo máximo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, os que a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviarase á Oficina de Emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM a copia básica remitirase, xunto co contrato, á Oficina de Emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

Citröen Hispania, S.A. notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo a copia básica dos cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles, no prazo dos dez días seguintes a que tivese lugar.

Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións da empresa sobre celebración de novos contratos, e indicarán o número destes e as modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como os supostos de subcontratación.

Os representantes legais dos traballadores observarán sixilo profesional, e non poderán utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Citröen Hispania, S.A., con ocasión da extinción do contrato, ó comunicarlles ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o preaviso da súa extinción, deberán presentar unha proposta do documentos de liquidación das cantidades que se deben.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder á sinatura do recibo do finiquito, facendo constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador no fixo uso desta posibilidade. Se a empresa impedise a presencia do representante no momento da súa sinatura, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

Calquera modificación que puidese experimenta-la normativa legal vixente, suporía a conseguinte adaptación do texto do presente apartado en idéntico sentido.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Citröen Hispania, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás súas propias características.

En tal sentido, as categorías de especialistas e profesionais pasarán, coa vixencia do presente convenio colectivo, a quedar estructuradas como segue:

-Especialistas-Especialistas cualificados de 3ª-Especialistas cualificados de 2ª

-Especialistas cualificados de 1ª-Profesionais de 3ª-Profesionais de 2ª-Profesionais de 1ª-Profesionais técnicos

As citadas categorías de persoal horario están amparadas polo sistemas de clasificación profesional anexo a este convenio colectivo.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialista, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 13º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Cando por razóns organizativas sexa necesario trasladar persoal dalgúns talleres a liñas de montaxe, terminación, pintura, fosfatacións e embutición (grandes e pequenas prensas) farase por orde de antigüidade na empresa entre o persoal daqueles talleres, comezando polos de menor antigüidade. Se o traballador que pola súa antigüidade lle corresponde ser trasladado estivo xa nalgún destes talleres por un período mínimo de dous anos, ou ten limi

tacións determinadas polo servicio médico da empresa que lle impidan o traballo nos ditos talleres, o traslado efectuarase na persoa que lle siga en antigüidade. Quedan á marxe deste norma os especialistas cualificados e profesionais.

Os traballadres especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos, de liña de montaxe de vehículo ou de grandes prensas, serán trasladados, a petición propia, a outros postos que non presenten estas características e reemprazados por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1ª Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2ª A orde de preferencia para o traslado será:

.a) Postos tóxicos

b) Liña de montaxe de vehículos ou grandes prensas.

3ª Dentro de cada grupo daráselle preferencia á maior antigüidade no posto.

Por razóns organizativas, o número máximo de traslados por este último motivo quedará limitado a vinte cambios mensuais, dos que catro serán de postos tóxicos, e, dezaseis dos restantes postos.

En tódolos traslados a que fai referencia o presente apartado A), teranse en conta as aptitudes que sexan necesarias para o bo desempeño do posto.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Observarase a normativa legal vixente, agás que a empresa non fará uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzosa ou distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

C) Traslados especiais.

O 31 de decembro de 1996 ningún especialista pintor de cabinas de revestimentos terá máis de 5 anos de antigüidade no posto. Todos aqueles pintores de cabinas de revestimentos que pola expresada circunstancia fosen trasladados a outros postos, transcorridos polo menos tres anos, poderían ser novamente destinados a aquela actividade por un período non superior a dous anos. O indicado anteriormente non rexerá para aqueles traballadores que voluntariamente acepten a permanencia nos ditos postos.

Durante 1996 efectuarase a substitución de polo menos o 20% dos traballadores do taller de aplicación de insonorizante (ISS), non se contabilizarán para tal porcentaxe o cadro de traballadores con permanencia voluntaria en tales postos.

Así mesmo, no taller de aplicación de tectyl e durante 1996, manterase o criterio de substitución daqueles traballadores a permanencia dos cales no posto supere dezaoito meses.

Artigo 14º.-Ascensos.

A) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

-Dependente auxiliar a dependente, un ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal no cadro.

A empresa convocará concursos que permigan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso o 100% das vacantes producidas por baixas de persoal, agás que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente da mesma categoría.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro.

As vacantes que se produzan por este motivo, cubriranse nun 50% por concurso e nun 50% por libre designación da empresa. Se non puidesen ser cubertas por este sistema de promoción interna, a empresa recorrerá á contratación.

D) Xunta de control de cualificación.

Para os concursos previos nas letras B) e C) constituirase unha xunta de control composta por:

-1 representante do Servicio de Formación.

-1 membro do comité de empresa da mesma especialidade e categoría, se existe; de non ser así, da especialidade e categoría máis semellante.

-1 membro do comité de empresa da categoría superior ou semellante no caso de non existir aquel.

-1 representante do servicio onde se produza a vacante.

As probas dos concursos serán teórico-prácticas e consistirán nun exame das aptitudes profesionais.

No caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

Para cada concurso a empresa confeccionará un programa e un baremo de puntuación, oída a xunta de control de cualificación. O programa permitirá prepararse ós traballadores, ben asistindo ós cursos internos, se os houber, ben por preparación libre. A convocatoria para realiza-las probas farase pública, polo menos, cunha antelación de 30 días.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se van cubrir dentro do grupo profesional respectivo.

Unha vez cualificadas as probas profesionais polo Servicio de Formación, someteranse á xunta de control de cualificación para a súa verificación. Dentro da xunta de control, o Servicio de Formación terá o voto de calidade.

No caso de que ningún candidato fose considerado apto nos concursos convocados, corresponderalle á empresa proceder a cubri-la dita vacante.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificado nos apartados B) e C) na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

F) Para os efectos establecidos nos apartados B) e C), o cadro de persoal que se ten que considerar será o existente en profesionais, técnicos ou administrativos, no momento de se producir vacantes por variación do cadro.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

O persoal a quendas disporá dun día de permiso ou a parte proporcional correspondente se traballase neste réxime por período inferior a un ano, retribuído segundo o artigo 17, que se desfrutará individualmente na data que se desexe se as necesidades do servicio o permiten.

Non obstante o anterior, a empresa, en función das súas necesidades organizativas ou productivas, terá a facultade de establece-lo desfrute colectivo do dito día con ocasión da confección do calendario laboral de cada ano.

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e horarios en vigor son aplicación da normativa legal vixente.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar ó de quenda central, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que estes aprecien. Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

Artigo 16º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración

polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, engadíndose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

Casamento: 15 días naturais.

Nacemento de fillo: 3 días laborables, que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó nacemento. No caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

-De tíos (irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe): 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

-Casamento: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

-Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

-Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e LET.

A empresa admitirá o excedente nun prazo de quince días a partir da data na que expire a súa excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regu

lamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitacións para o traballo, sempre que el o solicite.

Se un traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista na súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitude de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa no cadro de persoal da empresa, agás que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación, neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable para iso.

Título IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias estean totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados agás nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual observarase o que se establece no artigo 10 da ordenanza de traballo siderometalúrxica.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos nos que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconsello o contrario.

Cando un traballador deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o primeiro mes ó valor do Kb obtido nas últimas tres semanas, sen excede-lo Kb medio obtido dos dous últimos meses no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima dun mes, deixará de facerse se o traballador non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos dez primeiros días laborables do mes, ou dura menos dunha semana, impedíndolle chegar a un Kb razoable, pagaráselle todo o mes o Kb proporcional que resultaría de seguir, en todo el, o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo e para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo traballador, emitiránselle a este solicitudes de crédito de aprendizaxe diarias, en función das horas doutros traballadores productivos que haxa que empregar para complementa-lo posto do novo traballador.

Estas solicitudes seranlle aboadas, así mesmo, ó Kb medio que obteña o grupo ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando xa traballase no dito grupo, e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima, e nas liñas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións, así como o programa de producción por modelos.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb = 0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, apartado e) LET, o que este viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, e poderá considerarse como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non existe medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º, apartado e) LET, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime, se como consecuencia disto se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Constitúese unha comisión paritaria de tempos integrada por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que deberá reuni-la calidade de integrante de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa, uns e outros cos seus respectivos suplentes.

As discrepancias que ó respecto xurdan deberán ser sometidas necesariamente ó estudio da comisión. Esta reunirase unha vez ó mes e, excepcionalmente, cando por maioría se aprecie a urxencia dun problema. As horas de tales reunións non serán computables dentro das do crédito sindical.

Ós compoñentes da dita comisión, impartiráselles, se se xulga preciso, sesións formativas de introducción no sistema de cronometraxe.

Anexo ó apartado A. Tempos e rendementos.

1. A velocidade das liñas de montaxe non se variará dentro dun mesmo reparto.

2. En canto á información sobre os repartos (operacións que se van realizar e tempo delas), que poderá ser escrita ou verbal, e como ampliación ó indicado ó respecto no Art. 22. Aplicación dos tempos, facilitarase:

-Número de vehículos previstos para producir por xornada dentro de cada período.

-Composición por modelos, prevista en cada liña.

-En canto ás opcións importantes, sexan estas pola súa cantidade ou polo tempo de realización, dado que afectan a un número reducido de traballadores, informarase verbalmente delas ós afectados.

3. Así mesmo, e con independencia de seren oídos os representantes dos traballadores en tódolos casos que consideren que existe unha non correcta aplicación de tempos e rendementos, estes temas deberán ser tratados pola comisión paritaria de tempos.

4. En xeral, nos aspectos de información sobre cambios de reparto ou cambios de programación substanciais, afondarase no sentido de que exista unha maior comunicación e información nos talleres afectados.

B. Condicións económicas.

Artigo 25º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de cualificación de posto (nos casos establecidos).

As táboas contidas nos artigos 26 e do 29 ó 33 deste mesmo texto, increméntanse nun 3,5% sobre os valores existentes ó 31 de decembro de 1995.

Artigo 26º.-Salario convenio.

O salario convenio que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Ptas./horaPtas./día

Aprendices 314,47 2.515,76
Peóns428,993.431,92
Especialistas450,783.606,24
Especialistas cualificados de 3ª456,673.653,36
Especilistas cualificados de 2ª462,553.700,40
Especialistas cualificados de 1ª468,433.747,44
Profesionais de 3ª529,204.233,60
Profesionais de 2ª555,274.442,16
Profesionais de 1ª580,464.643,68
Profesionais técnicos603,994.831,92

* Nota. Mentres non se integren no novo sistema de clasificación profesional, mantense a categoría de:

Especialistas cualificados461,493.691,92

Artigo 27º.-Homoxeneización das horas de pagamento dos conceptos fixos do persoal horario.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican os conceptos salariais fixos (salario convenio e antigüidade), o total de horas/ano, polas que se aboan estes conceptos, distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

En consecuencia, as horas a ter en conta para a homoxeneización no aboamento dos conceptos fixos en 1996, son:

Horas ordinarias ano

Vacacións

Pagas extras

2.688

240

480

Total3.408
Media por paga243,43

As diferencias de horas ordinarias de conceptos fixos que se aplicarán en cada paga, axustaranse á táboa seguinte:

Período

paga

Horas

Homoxen.

Horas Ordins.

Concept. fixos

Horas por

extras/Vacac.

Diferencias

(*)

Xaneiro243,43248- 4,57
Febreiro243,43232+ 11,43
Marzo243,43248- 4,57
Abril243,43240+ 3,43
Maio243,43248- 4,57
Xuño243,43240+ 3,43
Extra243,43240+ 3,43
Xullo243,4322424- 4,57
Agosto 243,4348200- 4,57
Setembro243,43240+ 3,43
Outubro243,43248- 4,57
Novembro 243,43240+ 3,43
Extra243,43240+ 3,43
Decembro 243,4323216- 4,57

3.408,002.6887200

NOTAS:

1. As diferencias (*) aplicaranse sempre, sumándose ou restándose ás horas devengadas en cada mes.

2. O concepto de diferencias incluirase en nómina nunha rúbrica independente, coa denominación de: «Homog. conceptos fixos».

3. As perdas de horas por aboamento valoraranse como ata a data, deducíndose das que correspondan por calendario.

4. Como consecuencia da homoxeneización das horas de pagamento dos conceptos fixos, a cotización á Seguridade Social efectuarase por cómputos de 30 días por mes, de igual forma que no persoal mensual.

Artigo 28º.-Primas de producción.

As primas de producción devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 34º deste texto.

A información e o cálculo de rendemento (tiras de Kb) realizarase mensualmente.

Artigo 29º.-Primas de producción directa.

O minuto producido terá un valor de 4,7149 ptas. ata 54 minutos/hora (Kb = 0,90) e de 5,1243 ptas. para os minutos/hora que excedan de 54, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

-Ata Kb 0,90 prima = 282,89 x Kb ptas./hora.

-Desde Kb 0,91 prima = (307,46 x Kb) - 22,11 ptas./hora.

Artigo 30º.-Primas de producción indirecta.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

-Prima en ptas./hora = (211,78 x Coef.) + 81,17.

Artigo 31º.-Primas de cualificación de posto de peóns e especialistas.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 34º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb = 0,75, cos valores seguintes:

1 0,0742 ptas./minuto producido.

2 0,1295 ptas./minuto producido.

3 0,2586 ptas./minuto producido.

4 0,4982 ptas./minuto producido.

5 0,7013 ptas./minuto producido.

6 0,9759 ptas./minuto producido.

7 1,2145 ptas./minuto producido.

8 1,4868 ptas./minuto producido.

9 1,7611 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

-Para regradores especialistas 90,93 ptas./hora.

-Para xefes de equipo especialistas 120,78 ptas./hora.

Artigo 32º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese nos seguintes valores:

-Aprendices 181,98 ptas./hora.-Peóns 182,93 ptas./hora.

-Especialistas (tódalas categorías) 201,97 ptas./hora.-Profesionais de 3ª 225,39 ptas./hora.-Profesionais de 2ª 233,90 ptas./hora.-Profesionais de 1ª 240,80 ptas./hora.-Profesionais técnicos 240,80 ptas./hora.

Artigo 33º.-Prima de período de descanso.

O período de descanso (bocadillo) do persoal horario a quendas, retribuirase segundo a seguinte fórmula:

P = 282,89 x 0,60 = 169,73 ptas./hora.

Artigo 34º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario

Aplicaranse sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos improductivos, ó valor mínimo garantido (Kb = 0,60).

c) Vacacións, 30 días ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal, 25 días ou a súa proporción.

e) Horas de licencias retribuídas, conforme o artigo 17º.

Para os apartados c, d, e e, aplicarase o valor medio das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 35º.-Homoxeneización das horas de pagamento das primas de producción.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican as primas de producción, o total de horas/ano polas que se aboan as ditas primas, distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

Para que a homoxeneización sexa uniforme tanto para o traballo a quendas como para a quenda central, as horas correspondentes ó descanso por bocadillo, propio do persoal a quendas, non se toman en consideración para efectos do seu cómputo como «diferencias de horas», e aboaranse segundo o artigo 33º.

En consecuencia, as horas que se deben ter en conta para a homoxeneización no aboamento das primas de producción en 1996, son:

Horario traballo

a quendas

Horario quenda

central

Horas ordinarias año1.751,501.752

Vacaciones240240

Pagas extras400400

Total2.391,502.392

Media por paga170,821170,86

As diferencias de horas ordinarias de prima de producción que se aplicarán en cada paga, axustaranse ás táboas seguintes:

Horario traballo a quendasHorario quenda central

Período paga

Horas Homog.

Horas Ord.

prima Prod.

Horas por

extras/

vacacións

Diferencias

(*)

Horas Homog.

Horas Ord.

prima Prod.

Horas por

extras/

vacacións

Diferencias

(*)

Xaneiro170,821170,50 0,321170,86176- 5,14
Febreiro170,821162,75 8,071170,86168 2,86
Marzo170,821155,0015,821170,8615218,86
Abril170,821155,0015,821170,8616010,86
Maio170,821162,75 8,071170,8616010,86
Xuño170,821155,0015,821170,8615218,86
Extra170,821200- 29,179 170,86200- 29,14
Xullo170,821147,25 24 - 0,429170,86152 24- 5,14
Agosto170,821 38,75200- 67,929 170,86 40200- 69,14
Setembro170,821162,75 8,071170,8616010,86
Outubro170,821178,25 - 7,429170,86168 2,86
Novembro170,821155,0015,821170,8615218,86
Extra170,821200- 29,179 170,86200- 29,14
Decembro170,821108,50 1646,321170,86112 1642,86

2.391,500 1.751,50 640 02.392,00 1.752 640 0

NOTAS:

1. As diferencias (*) aplicaranse sempre, sumándose ou restándose ás horas de traballo efectivo realizadas en cada mes.

2. O cálculo do valor da prima en vacacións e pagas extras, así como das diferencias que se aplicarán en cada paga, efectuarase como habitualmente segundo a medida do realizado nos tres últimos meses traballados.

3. Nesta hipótese de días de traballo en cada mes, consideráronse:

3.1. Para persoal de quendas.

14 días no mes de decembro.

3.2. Para a quenda central.

19 días en marzo, 20 días en maio, 19 días en xuño, 20 días en setembro, 21 días en outubro, 19 días en novembro e 14 días en decembro.

Artigo 36º.-Prima de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo para todo o persoal.

A) Persoal horario.

Aplicarase sobre as horas ordinarias segundo a práctica habitual, fixándose o seu valor en 8,49 ptas./hora para tódalas categorías.

B) Persoal mensual

Fíxase o seu valor en 12.391 ptas./ano para tódalas categorías.

As condicións xerais de aplicación da prima de puntualidade a asistencia son as seguintes:

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o así definido en L.E.T.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extras e vacacións.

-Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% da prima do mes correspondente.

As ausencias ou faltas de puntualidade por IT (incapacidade temporal) ou permisos regulamentarios non suporán ningunha deducción.

Artigo 37º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal.

2. O traballador que non tivese ausencia ó traballo durante un mes, percibirá unha prima de 3.419 ptas. por cada unha das doce mensualidades ordinarias que será aboada na nómina correspondente.

O persoal horario terá un complemento de 939 ptas./mes.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

3. Para os traballadores a tempo parcial, a prima mensual calcúlase rateándoa conforme a xornada de traballo pactada.

Artigo 38º.-Prima por réxime de traballo a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal en réxime de traballo en quendas rotativas de mañá e tarde.

Devéngase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas media de pagas extraordinarias regulamentarias e vacacións. O seu valor fíxase en 24.400 ptas./ano en 1996, o que significa 10,94 ptas./hora.

Artigo 39. Traballos tóxicos, penosos ou perigosos

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 16,87 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto.

Artigo 40º.-Antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade e aboarase segundo os seguintes tipos:

-Persoal horario: 7,01 ptas./hora por trienio = 56,08 ptas./día.

-Persoal mensual: 23.834 ptas./ano por trienio

O tope máximo que se considerará por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano no que se cumpra cada trienio se a data de vencemento á anterior ó 30 de xuño, e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos nos que o vencemento teña lugar no segundo semestre del.

Artigo 41º.-Horas extraordinarias.

Cando as circunstancias técnicas e productivas así o esixan, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias estructurais ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente, e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do día no que se deban realizar, agás naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

O valor da hora extrordinaria será de 0,83 ptas. por cada 1.000 ptas. do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de producción, se é o caso, que individualmente correspondan.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón dunha mensualidade equivalente a 30 días cada unha delas, de conformidade co establecido nos artigos 27º, 34º e 35º, se é o caso.

A empresa aboará as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT (incapacidade temporal) no semestre anterior, mentres non subsista a obriga de cotizar á Seguridade Social, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 43º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

A) Os soldos do persoal mensual serán incrementados nun 3,5% sobre os existentes o 31-12-1995.

B) A táboa de retribucións mínimas para o persoal mensual, non obstante, increméntase nun 4%, e quedará coas contías seguintes por categorías:

Grupo subalterno

Cabo de gardas 2.639.364 ptas./ano

Dependente principal 2.423.382 ptas./ano

Cociñeiro principal 2.423.382 ptas./ano

Vixilante 2.261.398 ptas./ano

Cociñeiro 2.261.398 ptas./ano

Almaceneiro 2.171.402 ptas./ano

Conductor 2.171.402 ptas./ano

Dependente 2.171.402 ptas./ano

Cociñeiro auxiliar 2.063.412 ptas./ano

Ordenanza 2.063.412 ptas./ano

Telefonista 2.063.412 ptas./ano

Dependente auxiliar 2.027.418 ptas./ano

Grupo administrativo

Xefe administrativo de 1ª 3.287.455 ptas./ano

Xefe administrativo de 2ª 2.927.340 ptas./ano

Oficial administrativo de 1ª 2.639.364 ptas./ano

Oficial administrativo de 2ª 2.243.400 ptas./ano

Auxiliar administrativo 2.063.412 ptas./ano

Grupo técnico-Técnicos de taller

Xefe de taller 3.287.455 ptas./anoico

Maestro de taller 3.035.330 ptas./ano

Contramaestre 2.927.340 ptas./ano

Encargado 2.639.364 ptas./ano

-Técnicos de oficina

Delineante proxectista 2.927.340 ptas./ano

Delineante de 1ª 2.639.364 ptas./ano

Delineante de 2ª 2.423.382 ptas./ano

Auxiliar delinenate 2.207.399 ptas./ano

Reproductor e arquiveiro planos 2.063.412 ptas./ano

-Técnicos de organización

Xefe de organización de 1ª 3.287.455 ptas./ano

Xefe de organización de 2ª 3.035.330 ptas./ano

Técnico de organización de 1ª 2.747.357 ptas./ano

Técnico de organización de 2ª 2.495.380 ptas./ano

Auxiliar de organización 2.261.398 ptas./ano

-Técnicos de laboratorio

Xefe de laboratorio de 1ª 3.287.455 ptas./ano

Xefe de laboratorio de 2ª 2.927.340 ptas./ano

Analista de 1ª 2.639.364 ptas./ano

Analista de 2ª 2.423.382 ptas./ano

Auxiliar de laboratorio 2.207.399 ptas./ano

-Técnicos titulados

Enxeñeiro 3.097.937 ptas./ano

Licenciado 3.097.937 ptas./ano

Axudante enxeñeiro 3.097.937 ptas./ano

Perito-enxeñeiro técnico 2.602.254 ptas./ano

Diplomado 2.602.254 ptas./ano

Graduado social 2.602.254 ptas./ano

Axudante técnico sanitario 2.602.254 ptas./ano

Asistente social 2.602.254 ptas./ano

Artigo 44º.-Revisión. salarial.

Se o 31-12-1996 o IPC do dito ano superase o 3,5%, unha vez constatada de maneira que faga fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, realizarase unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais existentes o 31 de decembro de 1995, con efectos a partir do mes no que o IPC superase o dito 3,5%, e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 1996 e o citado 3,5%. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios de 1997.

Artigo 45º.-Pagamento de nóminas e recibo de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal levarase a efecto a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de retraso cunha entrega diferida, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade neta teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente.

Como consecuencia do acordado no convenio colectivo para 1993 relativo ó cambio de pagamento quincenal a mensual no persoal horario, para aqueles traballadores que ingresasen con anterioridade ó mes de maio de 1993 a entrega diferida por tempo indefinido terá un valor equivalente a mes e medio.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente.

Título V

Previsión e política social

Artigo 46º.-Formación.

O desenvolvemento permanente da competencia e profesionalidade do conxunto do persoal, como elemento clave para afrontar adecuadamente o reto que supón a necesaria mellora continua da nosa competitividade, é un obxectivo fundamental dentro da estratexia xeral da empresa establecida no proxecto de empresa 2000.

O Plan de Formación 1996 responde ás necesidades de formación derivadas do obxectivo xeral descrito anteriormente e prevé unha programación de 200.000 horas, que abranguerá as diferentes áreas de formación:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Dirección.

-Tecnoloxía do automóbil.

-Formación específica de procesos productivos.

-Prevención de riscos laborais.

Este plan supón un custo superior ós 450 millóns de pesetas.

A selección para a asistencia ós diferentes cursos obedecerá a criterios obxectivos en función das finalidades sinaladas anteriormente.

Polo menos trimestralmente, a empresa facilitará información á comisión de seguimento sobre tódolos aspectos do Plan de Formación e a súa avaliación de resultados. A dita comisión de seguimento do Plan de Formación estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes, designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

A comisión establecerá o seu propio calendario de reunións.

Todas aquelas accións do Plan de Formación susceptibles de seren subvencionadas e que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación vixente en cada momento, serán obxecto dun proxecto formativo do que o comité de empresa serán informado oportunamente.

Artigo 47º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá anualmente bolsas de estudio por un importe de 4.715.000 pesetas.

30 de 25.000 ptas. para carreiras superiores.

20 de 15.000 ptas. para carreiras medias.

116 de 10.000 ptas. para estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

490 de 5.000 ptas. para estudios de EXB, BUP e COU.

11 de 5.000 ptas. para outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal, e, no caso de quedar bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo de matrícula e factura dos libros e material de ensino para os estudios indicados.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión das bolsas de estudio que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 48º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia.

Artigo 49º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial de 1 de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquiríndose o dereito no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza á totalidade do cadro de persoal fixo da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de IT (incapacidade temporal), ata o máximo previsto no artigo 131 bis.2 da Lei xeral de Seguridade Social, segundo a redacción dada pola Lei 4/1994, do 30 de decembro. Para iso, é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos, os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de remata-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

Artigo 50º.-Mutualidade de previsión social.

A aportación da empresa á mutualidade Citröen Vigo de previsión social, durante a vixencia do presente convenio, fíxase no 49% das cotas para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos e regulamento de prestacións aprobados o 28 de abril de 1992.

Artigo 51º.-Vivendas.

Citröen Hispania, S.A., para 1996, destinará a cantidade de cinco millóns de pesetas recuperados do fondo creado en 1981, máis outros cinco millóns de pesetas en concepto de aportación excepcional en 1996, como dotación para préstamos destinados á construcción, adquisición ou reparación de vivenda propia que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo 500.000 ptas.

-Prazo de devolución 10 anos

-Interese 4,5 anos

A concesión dos préstamos farase en función da antigüidade na empresa, da situación familiar e dos recursos económicos dos solicitantes.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes

membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 52º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1996 un sistema de venda de vehículos fabricados por Citröen e comercializados pola súa rede, as súas condicións xerais son as seguintes:

-Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Citröen Hispania, S.A., segundo modelo.

-Entrada: unha cantidade igual ó importe do imposto de matriculación; no caso de reducción ou supresión deste imposto, como mínimo o 10% do prezo do vehículo ó traballador.

-Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagamentos de igual contía).

-Xuros: 7,25%.

-Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (mensualidades).

-Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Modalidades de financiamento:

A) Un único crédito, con amortización (principal mailos xuros) entre un e seis anos, a elección do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos ano.

B) Igual que a modalidade anterior en canto ó prazo, pero establecéndose dous créditos:

1. Un, con amortización do seu principal mailos xuros, en cada un dos pagamentos do prazo elixido.

2. Outro, equivalente ó valor residual do vehículo segundo baremo, con amortización única do seu principal xunto ó último pagamento do prazo elixido e aboamento en cada pagamento dos seus xuros.

Este sistema é aplicable así mesmo a vehículos de ocasión segundo a modalidade de financiamento A), pero a un prazo máximo de 5 anos (60 pagamentos).

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2 do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima dun ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 11 de marzo de 1997.

Artigo 53º.-Anticipos para compras no economato.

Para realizar compras no economato concederanse anticipos ós traballadores da empresa que o soliciten, que se descontarán na forma habitual.

As contías dos ditos anticipos serán:

- Familia numerosa 63.000 ptas.

- Demais traballadores 52.000 ptas.

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2º do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima dun ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 11 de marzo de 1997.

Artigo 54º.-Prevención de riscos laborais.

Citröen Hispania, S.A., consciente da súa responsabilidade no ámbito industrial e persoal en relación co seu cadro, formula, como prioridades, a compatibilidade do seu obxecto social coa calidade de vida de tódolos traballadores, a mellora das condicións de traballo, a formación en materia preventiva dos riscos laborais e o respecto ó medio ambiente. Para iso, Citröen Hispania, S.A., proverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores.

Mantense, como principio de xestión da seguridade en fábirca, a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións. Con este fin, cada sector e servicio, coa colaboración do servicio de prevención, elaborará o seu propio plan anual de prevención, os cales serán a base do Plan de Prevención da Factoría de Vigo.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, constitúese como a norma básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais.

Para 1996 establécese especificamente o seguinte:

-Con obxecto de analiza-la situación e evolución do centro en materia de prevención de riscos laborais, o director da factoría reunirase co comité de seguridade e saúde cuadrimestralmente, agás causa de forza maior.

-O comité de seguridade e saúde disporá dun crédito aberto de 20.000.000 de pesetas para atende-las demandas que requiran investimento, unha vez valoradas e aceptadas. No prazo de 15 días serán asignados os recursos precisos. Para pequenas melloras de ata 250.000 pesetas, existe un procedemento que permite a súa rápida execución.

-Continuaranse potenciando as accións xerais de información e sensibilización do persoal en materia de prevención de riscos laborais, mediante apoios gráficos (sinais, carteis, etc.), escritos (manuais, normas, catálogos, COTHISPA 2000, etc.) e audiovisuais.

-Facúltanse os delegados de prevención para emitir boletíns de avarías de seguridade que serán cursados co visto e prace do servicio de prevención.

-O comité de seguridade e saúde manterá reunións mensuais coa xerarquía dos talleres onde se considere necesario. Nas ditas reunións analizaranse as situacións observadas polos delegados de prevención nas visitas levadas a cabo ós talleres, especialmente en materia de riscos potenciais, uso de roupa de protección persoal, prácticas inseguras, etc.

-Continuaranse mellorando os mecanismos necesarios para previ-los posibles riscos laborais derivados da posta en servicio de novas instalacións.

-Elaborarase un manual práctico de seguridade co fin de potencia-la formación e a integración da liña xerárquica na prevención de riscos laborais.

-Periodicamente, o servicio de prevención analizará con cada servicio e sector o grao de cumprimento do plan anual de prevención.

-Co obxecto de potencia-la ergonomía na empresa e co fin da adecuación dos postos de traballo ás características persoais de cada traballador, desenvolveranse os mecanismos de estudio, análise e melloras das condicións de traballo dos postos existentes na factoría. Para iso, destinarase persoal técnico competente e os medios materiais adecuados.

-Os membros do comité de seguridade e saúde observarán o sixilo profesional a que fai referencia o Art. 65 LET sobre todas aquelas cuestións ou datos dos que teñan coñecemento en función da súa designación ou nomeamento, en especial absténdose de trasladalos fóra do ámbito empresarial, excepción feita daqueles órganos da Administración competentes por razón da materia para a súa inspección e control.

-O plan de formación da empresa incluirá a formación teórica e práctica suficiente en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou función desenvolvida. Prestarase especial atención ó persoal de nova incorporación.

Título VI

Acción sindical

Artigo 55º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa e delegados sindicais fóra da súa xornada de traballo

A petición faráselle á xerarquía directa, quen cubrirá un documento de desprazamento para membro do comité ou delegado sindical e porao a disposición do interesado na portería.

Se por circunstancias excepcionais de difícil previsión tivese necesidade de entrar na factoría fóra da súa xornada de traballo, e, consecuentemente, non puidese prevelo con anterioridade, poderá solicitar na portería o desprazamento correspondente, que será cuberto polo persoal de vixilancia, tendo que entregar copia del á saída, unha vez rematada a súa xestión.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputan sobre o crédito das 40 horas.

Artigo 56º.-Procedemento de resolución de conflictos

A representación dos traballadores e a empresa quedan obrigados a someter á comisión constituída para o efecto, todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de proposta de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes xulguen precisas co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, do 29 de xuño de 1970, se aplicará a título de dereito dispositivo mentres que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculadas á totalidade

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se teñen que reuni-las partes contratantes.

O presente convenio colectivo para o ano 1996 foi asinado en Vigo o día 11 de marzo de 1996, pola representación da empresa e o Sindicato Independente de Trabajadores de Citröen en Pontevedra (SITC).

Pola empresa: Eloy Álvarez Pérez, Roberto Caamaño Cabanes, José Mª Fernández Barbeitos, Antonio Garrote Cobelo, José J. González Estévez, Javier Ordóñez Antúnez, José Piñón Ríos e Miguel A. Puyme Rey.

Por SITC: Juan Cantos Oliva, José A. Conde Domínguez, Francisco González Novoa, Sergio López Pérez, Mario Magán Alonso, Mª Elena Quintas Piñeiro e José Mª Romero Caneda.

Sistema de clasificación provisional do persoal horario

Desde a publicación da antiga ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en 1970 transcorreu un bo número de anos. Pero o máis significativo no ámbito que aquí nos ocupa é o importante desenvolvemento tecnolóxico e organizativo que se deu na industria nacional, ó que non foi allea a nosa empresa. Isto provocou un certo desaxuste entre os requirimentos que a técnica esixe e as posibilidades legais na orde da clasificación profesional.

Por outra parte, no sector do automóbil, como é de todos coñecido, a aludida evolución técnica dáse en maior medida que noutros sectores, así como a esixencia dos consumidores e as condicións da competencia. O proxecto Empresa 2000, exposto a tódolos traballadores, indica o camiño e obxectivos que se pretenden alcanzar, que nesta orde de cousas recolle obte-lo maior nivel de competencia, profesionalismo e motivación de todas e cada unha das persoas que integran o cadro de persoal.

O sistema que se desenvolve neste documento permite, por unha parte, abri-lo actual abano de evolución profesional de todo o persoal horario e, por outra, que esta evolución teña en conta as capacidades profesionais dos traballadores como elemento definitorio de progreso profesional.

Coa sinatura deste novo sistema, créase unha comisión de seguimento de clasificacións profesionais, constituída por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que deberá ser

membro de tal órgano representativo ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa. A comisión é competente para a exposición e resolución das dúbidas de interpretación que se poidan formular e, en xeral, para o seguimento da aplicación do sistema implantado.

En definitiva, o sistema proposto, debido á súa complexidade de aplicación e do traballo de estudio previo, implantarase ó longo do primeiro semestre de 1996, sen prexuízo de que as consecuencias salariais para os interesados se retrotaian ó 1 de marzo.

As partes asinantes do convenio colectivo para 1996 -Citröen Hispania, S.A. e o Sindicato Independiente de Trabajadores de Citröen (SITC)- conveñen en incorporar como anexo ó dito texto o presente sistema de clasificación profesional para o persoal horario, coa mesma categoría normativa para tódolos efectos e formando parte indisoluble del.

En proba de conformidade asínano en Vigo o once de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Pola empresa: Eloy Alvarez Pérez, Roberto Caamaño Cabanes, José Mª Fernández Barbeitos, Antonio Garrote Cobelo, José J. González Estévez, Javier Ordóñez Antúnez, José Piñón Ríos e Miguel A. Puyme Rey.

Por SITC: Juan Cantos Oliva, José A. Conde Domínguez, Francisco González Novoa, Sergio López Pérez, Mario Magán Alonso, Mª Elena Quintas Piñeiro e José Mª Romero Caneda.

Categorías do persoal horario.

É obxectivo común de tódolos integrantes da empresa, plasmado no proxecto Empresa 2000, alcanza-lo nivel de competencia, profesionalismo e motivación que os proxectos da empresa esixen.

As permanentes evolucións tecnolóxicas, que afectan tanto ó producto como ás instalacións, así como a modernización da organización do traballo fan necesaria a evolución constante das competencias de tódalas persoas da empresa.

O desenvolvemento da competencia e progresión profesional estará baseado en catro piares:

a) O desenvolvemento profesional de cada persoa.

b) O desempeño eficaz de diferentes tarefas.

c) A xestión de carreiras.

d) Un plan de formación personalizado.

O desenvolvemento profesional estará aberto a tódolos traballadores de Citröen, para o que se poñerán en servicio os seguintes medios:

1. Sistema de clasificación profesional

Establécese un sistema de clasificación profesional que permita un desenvolvemento de carreira fluído e continuo e que facilite ós traballadores fixos no cadro a mellora das súas competencias cara a unhas máis amplas posibilidades de evolución.

Consistirá en:

a) Amplia-lo número de categorías profesionais do persoal horario pasando a:

Especialistas: das dúas actuais a catro.

Profesionais: das tres actuais a catro.

b) Implantar un novo método de valoración de postos máis sinxelo e adaptado ás novas necesidades e profesionalidade derivada da evolución tecnolóxica, que permita:

* Valorar no seu xusto termo os requirimentos profesionais dos postos, independentemente das súas condicións físico-ambientais, e facilitando a ampliación de categorías profesionais, se é o caso.

* Optimiza-la xestión mediante unha mellor adaptación do persoal ós postos de traballo.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade para exercer postos dun nivel de complexidade superior.

Farase unha identificación das competencias e potencial de tódolos traballadores, co fin de orientar e planifica-las accións complementarias para o seu desenvolvemento profesional (formación, adaptación home-posto, etc.).

Por outro lado, desenvolverase o concepto de polivalencia funcional, que se define como a aptitude para dominar completamente unha etapa lóxica na fabricación dun automóbil ou dun proceso productivo.

Enténdese por etapa lóxica na fabricación dun automóbil o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades, propias da técnica de fabricación do automóbil (loxística, control, mantemento, fabricación, etc.).

Enténdese por proceso productivo un conxunto de operacións de producción que teñen por obxecto obter ou transformar un elemento funcional dun vehículo (carrocería, panel de lado, portas, asentos, etc.).

A polivalencia funcional deberá permitir avanzar en:

* A evolución cualitativa das tarefas.

* O traballo en equipo.

* A apreciación do potencial e a mellora da xestión na previsión de empregos e cualificacións.

1. Sistema de clasificación profesional.

1.1. Valoración de postos.

Como consecuencia da aplicación do método de valoración, os postos quedarán clasificados en 9 niveis de complexidade, identificándose desde o primeiro nivel C1, ata o máis alto, C9.

Clasificación por postos

Nivel de complexidade 9 (C9)
Nivel de complexidade 8 (C8)
ProfesionaisNivel de complexidade 7 (C7)

Clasificación por postos

Nivel de complexidade 6 (C6)
Nivel de complexidade 5 (C5)
Nivel de complexidade 4 (C4)
Non profesionaisNivel de complexidade 3 (C3)
Nivel de complexidade 2 (C2)

Nivel de complexidade 1 (C1)

1.2. Correlación entra a clasificación de postos, as novas categorías e as categorías actuais:

Nivel de

complexidade

Nuevas categorías

provesionais

Categorías profesionais

actuais

C9Profesional técnico
C8Profesional de 1ªOficial 1ª
C7Profesional de 2ªOficial 2ª
C6Profesional de 3ªOficial 3ª
C5Especialista cualificado 1ª
C4Especialista cualificado 2ªEspecialista cualificado
C3Especialista cualificado 3ª
C2EspecialistaEspecialista
C1PeónPeón

1.3. Novas táboas salariais (valores 1995 segundo o artigo 26 do convenio colectivo):

ActualNovo

CategoríaSalario

convenio

CategoríaSalario

proposto

Profesional técnico1.972.202
Oficial de 1ª1.892.202Profesional de 1ª1.892.202
Oficial de 2ª1.810.058Profesional de 2ª1.810.058
Oficial de 3ª1.725.092Profesional de 3ª1.725.092
Especialista

cualificado de 1ª

1.529.480
Especialista

cualificado

1.504.364Especialista

cualificado de 2ª

1.509.480
Especialista

cualificado de 3ª

1.489.480
Especialista1.469.480Especialista1.469.480
Peón1.398.420Peón1.398.420

1.4. Criterios de aplicación do novo sistema de clasificación.

No momento da aplicación do novo sistema de clasificación procederase de acordo cos seguintes criterios:

Familia de especialistas.

Ós especialistas con contrato indefinido asignaráselle-la categoría profesional que corresponda ó posto ocupado no momento da aplicación deste sistema.

Non obstante, nos casos nos que a súa categoría profesional actual fose superior á que resultase da aplicación do novo sistema, respectaráselle a súa categoría actual, garantíndolle en todo caso a retribución que viñese percibindo.

No caso de ocupar no futuro postos de complexidade superior, a diferencia económica resultante será absorbible ata onde alcance.

Tendo en conta que o novo sistema recolle, entre outras posibilidades, a promoción a categoría superior a través da polivalencia funcional, a todos aqueles traballadores polivalentes cunhas condicións de remuneración que supuxesen o incremento na súa cualificación de posto, á aplicación deste novo sistema integraráselles, e se é o caso, complementarase o seu salario ata o nivel que corresponda á súa nova categoría e o posto terá a cualificación que corresponda segundo o sistema de valoración actualmente vixente.

Familia de profesionais.

Partindo das categorías actuais, aplicaranse os novos principios de promoción na medida en que os traballadores vaian evolucionando na súa profesionalidade.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade do traballador para exercer unha función dun nivel de complexidade superior, ó que pode acceder, en función da dispoñibilidade de postos, como consecuencia de:

-A evolución do propio posto ocupado.

-A mobilidade funcional.

Así mesmo, no caso de non existir postos de complexidade superior, poderá acceder en función da capacidade que demostre o traballador para exercer varios postos como consecuencia do desenvolvemento da polivalencia funcional.

Esta progresión profesional está favorecida por unha reorientación e unha formación profesional facilitadas durante todo o desenvolvemento da carreira.

2.1. Principios de progresión ata a categoría de especialista cualificado de 1ª

A progresión profesional ata a categoría de especialista cualificado de 1ª baséase na capacidade do traballador para exerce-lo posto ou a función dun nivel de complexidade superior ó desempeñado.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-Unha vez implantado e aplicado o sistema de clasificación profesional durante 1996 e situado o persoal horario nas categorías correspondentes ó novo sistema, nun prazo máximo de cinco anos nun nivel correspondente ó do posto exercido, e se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo son xulgadas satisfactorias, proporase a cada traballador un posto de nivel de complexidade superior a unha función de polivalente.

-Unha formación práctica e técnica adaptada ó novo posto facilitará a integración nas novas funcións.

-A promoción ó nivel superior farase, despois dun período de proba de tres meses, despois de demostra-la obtención de resultados óptimos tanto en calidade como en cantidade de traballo.

-Se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias e non permiten unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito. Nesta entrevista abordaranse igualmente as posibilidades de reorientación e formación apropiadas.

2.2. Principios de progresión de especialista cualificado de 1ª á categoría profesional de 3ª

A progresión profesional ata a categoría de profesional de 3ª está baseada no recoñecemento do profesionalismo que permite continua-la evolución da carreira dos traballadores que demostren as mellores aptitudes.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-O acceso a esta categoría producirase mediante a superación dunha proba profesional que terá lugar en función dos postos dispoñibles, unha vez desempeñado satisfactoriamente durante polo menos cinco anos un posto de nivel de complexidade C5.

Para os traballadores con nivel de formación FP2, o mencionado prazo poderá reducirse a dous anos (só ata a categoría profesional de 3ª).

-No caso de non supera-la proba, impartiráselle ó interesado un complemento de formación que integra, segundo as necesidades, formación xeral, técnica e tecnolóxica co obxecto de poder presentarse de novo á proba.

-Para os traballadores que alcancen a categoría de profesional de 3ª, existirá un procedemento de orientación profesional, baseado en test e entrevistas, que permite coñece-las características persoais e profesionais de cada candidato, co fin de orientalo cara á vía de evolución máis apropiada.

Este procedemento de orientación profesional poderá así mesmo recomendar formacións susceptibles de mellora-los puntos débiles.

-Se a calidade, cantidade, custos, prazos, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias, e, en consecuencia, non permiten realiza-la proba profesional, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito.

2.3. Principios de progresión ata a categoría profesional técnico.

Para o acceso ás categorías de profesional de 2ª, 1ª e profesional técnico seguirase o mesmo procedemento que se describiu para a categoría profesional de 3ª.

3921