Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.907

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de maio de 1996 pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección programador, mediante o nomeamento de persoal interino, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de abril de 1996, establécese a composición do tribunal cualificador e sinálase a data, hora e lugar para a celebración do primeiro exercicio.

Advertida a inclusión por erro de CARMEN MÉNDEZ DIGÓN, con DNI 33.306.953, na relación de admitidos do anexo I correspondente á devandita resolución, publicada na páxina 4.829 do DOG nº 100 do pasado 22 de maio, debe procederse á súa exclusión da referida relación.

3859