Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de maio de 1996 de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

O Regulamento CEE nº 1610/1989 do Consello, do 29 de maio de 1989, establece unha serie de normas de desenvolvemento do Regulamento (CEE) nº 4256/88 no relativo á accións de desenvolvemento

e aproveitamento dos bosques nas zonas rurais da Comunidade.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 27.10º e 27.30º do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais, así como para dicta-las normas adicionais sobre protección do medio ambiente e da paisaxe.

Neste sentido, a Xunta de Galicia elaborou un programa de accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais da Comunidade Autónoma, co fin de consegui-los seguintes obxectivos:

a) Acadar unidades de explotación de tamaño viable que se consoliden como alternativa de renda á agricultura.

b) Conseguir unha estructura equilibrada de masas forestales que permita a continuidade do seu adecuado aproveitamento.

c) Consegui-la restauración de superficies deforestales ou con espesuras moi defectivas por efecto dos incendios forestais.

d) Mellora-las condicións de conservación da fauna e flora, de regulación do ciclo da auga, e de recarga dos acuíferos.

e) Obter bosques con produccións elevadas que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.

Para a aplicación do regulamento citado e tras publicarse o Real decreto 378/1993, do 12 de marzo e o Decreto 250/1993, do 24 de setembro, da Xunta de Galicia, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e a Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias do MAPA suscribiron un convenio destinado á financiación de medidas de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais.

A aparición con posterioridade do Real decreto 2086/1994, do 20 de outubro, polo que se modifican determinados preceptos do citado R.D. 378/1993, supón a alteración dos importes e algúns conceptos das axudas.

O novo Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro polo que se establece un réxime de axudas para fomenta-los investimentos forestais en explotacións agrarias e accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais, supón a modificación dalgúns preceptos que permitan a execución dos obxectivos previstos, que é preciso ter en conta na presente orde.

En consecuencia, de acordo co disposto na Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Programa rexional.

De conformidade co disposto no Regulamento CEE nº 1610/1989 do Consello, do 29 de maio, e co artigo 4.1º do Regulamento CEE 2080/1992 do Consello,

do 30 de xuño, apróbase o Programa Rexional de Accións de Desenvolvemento e Ordenación dos Bosques nas Zonas Rurais para a Comunidade Autónoma de Galicia, tendentes a consegui-los obxectivos mencionados.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O disposto na presente orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma.

Artigo 3º.-Programas de zona.

Establécense no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia dezanove zonas forestais, tamén denominadas distritos. A delimitación e concellos que inclúe cada un deles veñen determinados no Plan Forestal de Galicia.

En cada distrito establécese un programa de zona segundo a fracción de comarcas xeoforestais que conteña, no que as especies forestais a empregar en función productiva preferente, «especies índice», aparecen acompañadas dunhas series alternativas de especies forestais.

As especies índice e as series alternativas que corresponden a cada comarca xeoforestal detállanse nos anexos V e VI do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, da Xunta de Galicia.

As axudas de reforestación recollidas neste programa concederanse en cada zona ás especies índice ou da serie alternativa correspondente. Excepcionalmente e de acordo co proxecto de repoboación forestal que ampare a solicitude, poderanse utilizar especies diferentes, sempre que se xustifique técnica, económica e ambientalmente a súa utilización.

Artigo 4º.-Actuacións obxecto de axuda e porcentaxes máximas de subvención correspondentes ó investimento aprobado.

1) Proxectos de ordenación, plans técnicos e proxectos de repoboación: ata o 50 por 100.

2) Creación e mellora de viveiros forestais: ata o 40 por 100.

3) Repoboación forestal: ata o 50 por 100.

4) Coidados culturais do solo (emendas, fertilizado), e voo (limpeza, roza, rareos, primeira clara, poda), tratamentos fitosanitarios, e outros traballos silvícolas de mellora: ata o 75 por 100.

5) Restauración de masas forestales destruídas por incendios ou outras causas naturais: ata o 75 por 100.

6) Construcción, conservación e mellora de vías de saca, devasas e puntos de auga: ata o 75 por 100.

7) Contribuír ós gastos de posta en marcha e xestión das agrupacións de empresarios forestais e silvicultores constituídas co fin de mellora-la súa estructura productiva e as condicións de explotación e comercialización da madeira: ata o 40 por 100.

8) Medidas de sensibilización e divulgación forestal: ata o 40 por 100.

Ós puntos indicados reseñados anteriormente seralles de aplicación o seguinte:

Cando se trate de masas forestais con máis do setenta e cinco por cento de especies incluídas nos anexos II e III da presente orde, sumaranse dez puntos porcentuais.

Cando as axudas estean incluídas nun proxecto de ordenación ou plan técnico do monte sumaranse outros cinco puntos porcentuais.

Cando se trate de terreos forestais deforestales ou con fracción de cabida cuberta menor do dez por cento, engadiranse outros cinco puntos porcentuais.

Artigo 5º.-Beneficiarios.

Poderán beneficiarse das axudas establecidas no presente programa os titulares de explotacións forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado.

Artigo 6º.-Prioridades.

Cando as solicitudes presentadas na Comunidade Autónoma de Galicia superen as dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse ás primeiras cincuenta hectáreas por solicitante e ano, de acordo co seguinte baremo de puntuación:

-Hectárea de repoboación con especies do anexo I: 1 punto.

-Hectárea de repoboación con especies dos anexos II ou III: 2 puntos.

-Hectárea de coidados culturais voo: 1 punto.

-Hectárea de coidados culturais solo: 0,25 puntos.

-Hectárea de tratamento fitosanitario: 0,5 puntos.

-Km de construcción ou adecuación vías de saca: 1,5 puntos.

-Hectárea protexida por construcción ou adecuación de devases: 0,25 puntos.

-Unidade de punto de auga con capacidade mínima de cincuenta metros cúbicos: 3 puntos.

-Hectárea de viveiro posta en producción: 5 puntos.

-Medidas de sensibilización e divulgación forestal: 5 puntos.

Artigo 7º.-Superficies forestais excluídas.

1) A superficie mínima de repoboación ou de mellora para os efectos da presente orde será dunha hectárea en couto redondo, con independencia da superficie total da petición.

Poderá admitirse a solicitude conxunta de dous ou máis propietarios sempre que entre eles reúnan unha superficie en couto redondo igual ou superior a unha hectárea, e realicen os traballos de mellora ou repoboación cun mesmo criterio. Os compromisos adquiridos seranlle esixibles ó responsable nomeado de mutuo acordo.

Excepcionalmente, poderán admitirse superficies maiores de 5.000 m para especies do anexo II e carballo americano.

Igualmente, poderán admitirse solicitudes para realizar traballos en varios predios, maiores de 5.000 m cada un, non estremeiros, sempre que pertenzan ó mesmo propietario, estean situados na mesma parroquia, e o conxunto deles sexa superior a tres hectáreas.

Poderán considerarse solicitudes de repoboacións, superiores a 5.000 metros cadrados, que supoñan unha ampliación de superficies forestadas con anteriorioridade, mantendo a colindancia, a mesma especie.

2) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación ou mellora cando o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

3) Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non poderán beneficiarse das presentes axudas.

Artigo 8º.-Importes máximos dos investimentos:

1. Plans de ordenación e aproveitamento.

A axuda consistirá nunha prima por hectárea que dependerá da superficie do monte que se vaia ordenar conforme a seguinte escala e cun máximo de dous millóns e medio de pesetas:

Pesetas

por hectárea

Menos de 200 hectáreas3.130 ptas.
De 200 a 400 hectáreas2.610 ptas.
De 401 a 1.000 hectáreas2.100 ptas.
Más de 1.000 hectáreas1.600 ptas.

2. Repoboación.

Os importes máximos en función da especie empregada serán os seguintes, neles poderanse incluí-los importes de redacción de proxectos de repoboación ou de melloras, sempre sen supera-lo tope máximo.

Pesetas

por hectárea

-Especies de crecemento rápido 182.500 ptas.
-Especies do anexo I:
* Na súa totalidade ou menos dun 25% dos anexos II e III220.000 ptas.
* Cun mínimo dos anexos II e III do 25%250.000 ptas.
* Cun mínimo dos anexos II e III do 50%282.000 ptas.
* Cun mínimo dos anexos II e III do 75%313.000 ptas.
-Especies do anexo II375.000 ptas.
-Especies do anexo III410.000 ptas.
-Forestación de espacios protexidos con especies dos anexos II e III de acordo cos respectivos PORN ou PRUG, se é o caso500.000 ptas.

3. Coidados culturais, tratamentos fitosanitarios e outros: 208.600 pesetas por hectárea.

4. Construcción, conservación e mellora de vías de saca, devasas e puntos de auga:

4.1. Apertura de novas vías de saca: 517.500 pesetas por quilómetro. En terreos accidentados pódese chegar a 1.565.000 pesetas por quilómetro mediante xustificación en proxecto.

4.2. Acondicionamento antiguas vías de saca: 208.600 pesetas por quilómetro.

4.3. Novas devassas: 21.000 pesetas por ha protexida.

4.4. Limpeza de antigas devasas: 11.000 pesetas por hectárea protexida.

4.5. Puntos de auga: 104.000 pesetas por punto con capacidade igual ou superior a 50 metros cúbicos. Se é necesaria a construcción de depósito de formigón, a cantidade elevarase a 522.000 pesetas.

5. Gastos de posta en marcha e xestión das agrupacións de empresarios forestais, propietarios de montes ou silvicultores, para a mellora da estructura productiva: ata 10.400.000 pesetas para programas anuais cun máximo de cinco anos.

6. Programas de sensibilización e divulgación forestal: ata 10.400.000 pesetas para programas anuais cun máximo de cinco anos.

Nestes dous útimos puntos, as cantidades mencionadas poderán ser incrementadas, no caso de poder acollerse ó artigo 16 do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, da Xunta de Galicia.

Artigo 9º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1. A concesión das axudas está condicionada, cando o orzamento aprobado de investimento sexa superior a 1.000.000 de pesetas, á presentación dun proxecto subscrito por un técnico forestal competente e visado polo correspondente colexio oficial. O devandito visado será esixible coa presentación da solicitude.

2. Para orzamentos de investimento iguais ou inferiores a 1.000.000 de pesetas, presentarase unha memoria técnica na que se definan as accións obxecto de axuda, co rigor necesario para garanti-lo bo fin das accións, especificándose ademais do orzamento desagregado:

-Obxectivo dos traballos.

-Descrición do medio físico e vexetación actual.

-Titularidade da superficie e número de parcelas.

-Extensión, límites de actuación e localización.

-Método de repoboación forestal, de realización de coidados culturais e descrición dos traballos.

-Densidade de plantación e tipo de planta que se vai utilizar.

-Garantía de orixe da planta forestal.

-Accións complementarias necesarias.

-Cartografía ou planos da superficie de actuación, e bosquexo descritivo dos traballos.

3. Os proxectos de ordenación e plans técnicos deberán ser redactados por un técnico forestal competente, visados polo correspondente colexio oficial e axustarse ó establecido na Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e regulamento para a súa aplicación, así como as ordes ministeriais do 29 de decembro de 1970 e do 29 de xullo de 1971.

Así mesmo, deberán ser aprobados pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

4. Os proxectos de repoboación que afecten a unha superficie continua igual ou superior a dez hectáreas, deberán incluír un plan de infraestructuras viarias e de defensa contra o lume que garanta a persistencia da masa que se cree.

5. Para orzamentos aprobados de investimento superiores a 5 millóns de pesetas, será necesaria dirección de obra e certificación final por un técnico forestal competente.

6. As axudas destinadas á creación e mellora de viveiros forestais deberán obrigatoriamente presentar un proxecto segundo os requisitos que figuran no punto 1 deste artigo, mailo conxunto de facturas proforma correspondente ó investimento. Ademais, os titulares do viveiro comprometeranse mediante declaración xurada a mantelo en producción durante un mínimo de 5 anos a partir da certificación final dos traballos. No caso de non manterse a producción durante o citado período o titular do viveiro deberá devolve-lo diñeiro percibido xunto cos xuros legais.

7. No caso de solicitudes de mellora en masas forestadas existentes o titular do aproveitamento dos terreos comprometerase a mante-la masa xa mellorada sen cortar durante un mínimo de tres anos.

Artigo 10º.-Outras condicións técnicas.

1) As densidades mínimas de plantación salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica deberán se-las seguintes:

a) Coníferas: 800 plantas /ha.

b) Chopo híbrido: 200 plantas /ha.

c) Castiñeiro e nogueira: 200 plantas /ha.

d) Resto frondosas: 500 plantas/ha.

Tódolos labores de fertilización deberán realizarse, para os efectos da presente orde, con fertilizantes de aplicación localizada e liberación gradual, homologados pola Unión Europea, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evita-la contaminación dos acuíferos e adecua-lo labor ás necesidades forestais, salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica.

En caso de empregar fertilizantes granulados para a fertilización, o beneficiario deberalles comunicar cunha antelación mínima de 15 días ós servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais a data na que se procederá a efectua-la fertilización, co obxecto de poder certificar esta durante a súa realización.

Nas solicitudes que se refiran a tratamentos fitosanitarios, o peticionario deberá comunicar ós ser

vicios provinciais de Montes e Industrias Forestais, con alomenos 15 días de antelación, a data de aplicación do tratamento. No caso de que o tratamento non fose o suficientemente efectivo o peticionario terá a obriga de repetilo.

2) Especies que se utilizarán.

En cada zona forestal, salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica, poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies índice e series alternativas sinaladas nos anexos V e VI do Decreto 250/1993, do 24 de setembro.

3) Características da planta que se utilice.

Deberán observa-las normas de calidade exterior dos materiais forestais de reproducción, regulamentadas na Orde do 21 de xaneiro de 1989 do MAPA, así como a Orde do 3 de agosto de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. En calquera caso, cumprirán os seguintes puntos:

a) Non será admisible a utilización de plantas con feridas non cicatrizadas, en mal estado fitosanitario, parcial ou totalmente desecadas, talo con varias guías ou insuficientemente lignificado, sistema radical enrolado ou deteriorado.

b) As coníferas e eucalipto deberán ter unha altura superior a 15 cm con 1-2 zumes. As frondosas terán polo menos 30 cm de altura e 1-2 zumes (salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica).

c) Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no Rexistro Oficial de Productores, Comerciantes e Importadores de Productos e Vexetais Forestais, debendo figura-lo seu número nas facturas correspondentes así como a orixe da semente ou da planta e o número do pasaporte fitosanitario en cada subministración.

4) As pistas forestais deber ter un largo mínimo de plataforma de 3 metros cun máximo de 5 metros e estaren dotadas de canos e foxos. A densidade máxima de pista a alcanzar con estas axudas será de 40 metros por hectárea, referida á superficie forestal á que lle dea servicio a pista, a que deberá quedar reflectida cuantitativa e cartograficamente en proxecto, salvo xustificación nel. A pendente máxima admisible da rasante será do 12%. As pistas estarán dotadas de apartadoiros suficientes para garanti-la circulación en ámbolos dous sentidos. Adaptarase o trazado da pista ás formas do relevo natural e evitaranse os noivos con pendente superior ó 100%.

5) Nos puntos de auga que se vaian instalar en superficies forestais deberá xustificarse a súa necesidade e conveniencia mediante o correspondente informe favorable de idoneidade do Servicio Provincial de Defensa Contra Incendios Forestais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

6) Os tratamentos fitosanitarios en masas forestais afectadas por pragas e outras patoloxías deberán acadar unha superficie mínima de 25 hectáreas, formando masa continua ou rodais menores se estivesen suficientemente illados doutras masas arbóreas. Serán tramitadas as axudas para patoloxías concretas que requiran un tratamento específico de pés individuais.

7) Os traballos para preparación do terreo previos á plantación deberán realizarse seguindo curvas de nivel. De non ser posible polo elevado da pendente, deixaranse faixas horizontais sen alterar de 2 metros de largura cada 20 metros e dotarase os buratos dunha contrapendente.

8) As devasas terán un largo mínimo de 10 metros, con decapado ata solo mineral.

9) O producto que se empregará nos tratamentos fitocidas será de tipo sistémico, non residual e aplicarase localizadamente.

Artigo 11º.-Avaliación e control das repercusións sobre o medio ambiente.

As repoboacións forestais deben sometese a un estudio de avaliación do impacto ambiental, cando sexan primeiras repoboacións que poidan entrañar riscos de graves transformacións ecolóxicas negativas.

No caso do eucalipto, será de aplicación o Decreto 81/1989, da Xunta de Galicia.

Artigo 12º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes das axudas deberán facerse nos modelos formalizados para efecto (anexo X), e facilitados polos órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. As devanditas solicitudes presentaranse nas oficinas da mesma, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

2. As carátulas debidamente cubertas deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

2.1. En todo caso e para todo tipo de beneficiarios:

a) Documentos acreditativos da condición de beneficiario reflectidos no artigo 5º da orde:

a.1. No caso de ser titular dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada do titular da propiedade (anexo VIII). Na devandita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e localización deles.

No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios:

-Fotocopia dos títulos de propiedade ou declaración xurada de ser titular do terreo de cada copropietario e documento privado no que se acredite o consentimento de tódolos copropietarios e a representatividade do solicitante para realiza-la acción obxecto de subvención.

a.2. No caso de ser arrendatario: fotocopia compulsada do documento acreditativo do arrendamento. Se se tratara dunha repoboación, este permitiría tal actividade e sería por un período igual ou superior ó da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación.

b) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF.

c) Memoria técnica ou proxecto, segundo o especificado no artigo 9, punto 1.

d) Croquis de situación dos predios, con indicación dos seus lindeiros, accesos e superficie, e descrición dos distintos traballos.

e) Plano das superficies a traballar a escala 1:10.000 ou escala máis amplia en forma de planos municipais, catastrais ou calquera outro que permita identificar fidedignamente a localización, superficie, lindeiros, accesos e demais características dos terreos da subvención.

f) Certificación bancaria na que figuren os datos da conta a nome do beneficiario. A dita certificación será realizada pola entidade bancaria sobre o impreso de solicitude.

g) Para solicitudes de melloras selvícolas en masas arboladas existentes, declaración xurada de non proceder a corta da masa xa mellorada durante un mínimo de tres anos.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do beneficiario.

a) Comunidades de montes veciñais en man común e outras entidades con personalidade xurídica (SAT, SA, SL, UTM, etc.).

a.1. Certificado do acordo tomado na asemblea xeral conforme autoriza a xunta rectora para solicitar axudas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

a.2. Certificado do secretario da xunta de montes de estaren os estatutos da comunidade en regra e Acta de composición da xunta rectora actualizada.

No caso de montes consorciados ou conveniados coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes será necesario presentar un informe de viabilidade e idoneidade das accións previstas cos plans de xestión do monte, elaborado polo Servicio Provincial de Montes e Industrias Forestais. As devanditas accións só poderán considerarse naquelas partes do monte nas que non se teña previsto executar traballos pola Administración ó abeiro do consorcio ou do convenio.

b) No caso de solicitudes para realizar pistas forestais, devasas ou puntos de auga, nas que figure como representante un concello:

Certificado do concello no que se faga constar:

b.1. Que ten o permiso para dispoñer dos terreos de tódolos propietarios que poidan verse afectados pola construcción da obra.

b.2. Que o alcalde foi designado polo Pleno do Concello como representante para solicita-la axuda ante a Administración.

c) No caso de solicitude conxunta de dous ou máis propietarios para reuni-la superficie mínima requirida para a petición será necesario cubri-lo anexo IX e engadirllo á solicitude.

3. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo

concello. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

4. Prazos de presentación de solicitudes e de notificacións de fin de traballos:

4.1. Solicitudes para 1996. Prazo de solicitudes para realizar traballos en 1996: o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte a publicación no DOG da presente orde. O último día para notifica-la terminación dos traballos con cargo ó orzamento de 1996 será o 1 de novembro de 1996, salvo causa xustificada ou motivo de forza maior, segundo criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

4.2. Solicitudes para 1997. Prazo de solicitudes para iniciar e rematar traballos en 1997: o prazo de presentación comezará o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes para 1996, indicado no apartado anterior, anunciándose no DOG durante 1997 a data de finalización do prazo.

As solicitudes aprobadas ó abeiro desta orde antes da publicación no DOG da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, deberán notifica-lo remate dos traballos antes do 1 de xuño de 1997, e as solicitudes aprobadas posteriormente terán que notifica-lo remate dos traballos antes do 1 de novembro de 1997, agás causa xustificada ou motivo de forza maior segundo criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

5. Ás solicitudes presentadas coa carátula mal cuberta ou carentes de toda a documentación necesaria seralles requirida a súa reparación nun prazo de 10 días. De non proceder á reparación, a solicitude será arquivada.

Artigo 13º.-Tramitación.

1. O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, unha vez realizada a inspección previa dos terreos e coa proposta da Dirección Xeral de Montes e MAN, de acordo cos termos da presente orde.

2. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes comunicará no prazo de 90 días a aprobación e contía das axudas ou a denegación razoada da solicitude. A falta de comunicación no citado prazo entenderase desestimatoria da petición de axuda.

3. O cambio de destino do investimento ou a súa modificación deberá ser xustificada e esixirá autorización previa da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Non se admitirán peticións de modificación unha vez que o expediente se atope en fase de aprobación, salvo as que se fundamenten nun erro mecanográfico ou de omisión por parte da Administración.

4. Nos proxectos e memorias técnicas que, unha vez revisados polo persoal facultativo da Dirección Xeral de Montes e MAN, conteñan prezos de unidades de obra superiores ós habituais, ou non se corres

pondan co nivel de dificultade real, ou non estean debidamente xustificados, será realizada a correspondente inspección previa, para a que será citado o técnico asinante da memoria ou proxecto. No caso de que non queden fidedignamente demostradas as citadas alteracións, seranlle devoltos ó solicitante, para a súa modificación nun prazo non superior a dez días hábiles. No caso de que non fosen modificados nese prazo, procederase ó arquivo do expediente.

5. Unha vez aprobado un proxecto, se a súa execución é plurianual, nas peticións en anos sucesivos de axudas para accións incluídas nel, abondará con que fagan referencia ó citado proxecto aprobado.

6. A axuda definitiva será a resultante da certificación final por parte do persoal da Dirección Xeral de Montes e MAN.

Coa certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que os traballos non se axusten ós previstos nos proxectos ou memorias en natureza ou intensidade, ou ás normas dictadas pola Dirección Xeral de Montes e M.A.N.

Poderán admitirse certificacións parciais, mediante petición por escrito do beneficiario, que se referirán preferentemente a unidades de obra completas e sempre que o orzamento total do investimento sexa igual ou superior a 5 millóns de pesetas.

Artigo 14º.-Comprobacións.

1. Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo beneficiario, podendo tamén ser calculados mediante a valoración do número de unidades de obra realizadas e os prezos unitarios aprobados.

2. En todo caso presentaranse facturas detalladas da planta utilizada e dos fertilizantes empregados. Así mesmo, serán necesarias facturas desagregadas no caso de axudas para a construcción ou mellora de devasas, pistas forestais, puntos de auga e viveiros. As devanditas facturas serán presentadas necesariamente xunto coa notificación do remate dos traballos.

3. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable á petición.

4. En ningún caso poderán iniciarse os traballos antes da inspección previa.

5. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitarlles as tarefas de inspección ó persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en materia relacionada coa presente orde.

Artigo 15º.-Revogacións.

1. A axuda poderá revogarse se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Execución de menos do 40% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

b) Incumprimento do expresado no punto 4 do artigo 12.

c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos na presente orde.

d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destina-las axudas a fins distintos ós sinalados na solicitude.

2. Nos supostos do apartado anterior, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas, sen prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar.

3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Os peticionarios ós que se lles aprobase a solicitude de axudas e, sen causa xustificada, non realizaran os traballos obxecto dela no prazo e forma previstos, non poderán obter novas axudas das previstas no programa rexional para o mesmo ou outros predios, durante os cinco anos seguintes a aquel no que finalizara o prazo de execución.

Artigo 16º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaranse por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.614 C.770.0 repartido da seguinte maneira:

-Fondo propio que cofinancia: 133.551.652 ptas.

-P.X.E.: 176.045.360 ptas.

-FEOGA OR.: 185.127.817 ptas.

Artigo 17º.-Condición suspensiva inicial.

A aprobación das solicitudes presentadas ó abeiro desta orde, das que os traballos deban iniciarse en 1997, quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos que se aproben para o ano 1997.

Disposicións adicionais

As axudas concedidas na presente orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública para as mesmas finalidades.

Segunda.-As solicitudes formuladas ó abeiro da Orde de 31 de xaneiro de 1995, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán acollerse á presente convocatoria.

Terceira.-As subvencións someteranse en tódolos seus extremos ó previsto no artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Cuarta.-No suposto de que as accións previstas na presente orde non precisen para seren cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender solicitudes presentadas para

os efectos establecidos na orde de axudas a medidas forestais na agricultura.

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e MedioAmbiente Natural para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolve-la presente orde.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

ESPECIES ARBÓREAS PLANTADAS CO FIN PRINCIPAL DA PRODUCCIÓN DE MADEIRA NUN PRAZO SUPERIOR A QUINCE ANOS

A1Piñeiro do paísPinus pinaster Ait.
A2Piñeiro silvestrePinus sylvestris L.
A3Piñeiro insignePlus radiata D. Don.
A4PseudotsugaPseudotsuga menziessi
A5Carballo americanoQuercus rubra
A6(Outras coníferas):
Piñeiro negroPinus uncinata Mill.
Piñeiro laricio, albarPinus nigra Arn.
Piñeiro mansoPinus pinea L.
CedroCedrus s.p.
Abeto vermelloPicea excelsa Lam.
AlerceLarix s.p.
A7(Outras frondosas):
Falsas acaciasRobina s.p.
Gleditschia s.p.
Sophora s.p.
LiriodendroLiriodendrum tulipifera
A8EucaliptoEucaliptus s.p.
A9Chopo híbridoPopulus x s.p.

ANEXO II

ESPECIES ARBÓREAS DAS QUE A PLANTACIÓN TEÑA COMO FIN PRINCIPAL A RESTAURACIÓN OU A CREACIÓN DE ECOSISTEMAS FORESTAIS PERMANENTES

B1AmeneiroAlnus glutinosa (L.).

Gaertn.

B2BidueiroBetula pendula Roth.
B3Chopo brancoPopulus alba L.
Chopo negroPopulus nigra L.
Chopo tremedorPopulus tremula L.
B4SalgueiroSalix L.
S. fraglies L.
B5PradairoAcer s.p.
B6FreixoFraxinus excelsior L.
Angustifolia Vahl.
B7Castiñeiro e variedadesCastanea sativa Mill.
B8Castiñeiro híbrido (*)Castanea, X. híbrida
(resitente tinta)

B9Cerdeiras, pao de San GregorioPrunus avium L.
P. padus L.
P. mahaleb
P. lusitanica L.
B10CarballoQuercus robur L.
Q. petria (Matts) Liebl.
B11AbeleiraCorylys avellana L.
B12FaiaFagus sylvatica L.
B13CerquiñoQuercus pyrenaica Wil.
B14SobreiraQuercus suber L.
B15Nogueira americana (*)Juglan nigra
B16(Outras frondosas):
NegrilloUlmus minor Mill.
U. montana With.
U. pumila L.
Almez, lodoeiroCeltis australis L.
TileiroTilia platyphyllos Scop.
LoureiroLaurus nobilis L.
Sobeira, capudreSorbus aucuparia L.
S. torminalis Crantz.
S. aria Crantz.
Carballo albariñoQ. petrea (Matts) Liebl.
CaxigoQ. faginea Lamk.
AciñeiraQ. ilex L.
Castiñeiro xaponésCastanea japonica
FreixoFraxinus angustifolia
NegrilloUlmus campestris
B17(Outras coníferas):
AbetoAbies alba Mill.
SequoiaSequoia sempervirens
PiceaPicea sitchensis
CamecíparisChamaecyparis lawsoniana
CriptomeriaCryptomeria japonica
PiñeiroPinus contorta
Pinus ponderosa
LáriceLarix leptolepis
CalocedroCalocedrus decurrens

(*) Especies inclúidas pola C.A.

ANEXO III

ESPECIES ARBÓREAS OU ARBUSTIVAS AUTÓCTONAS DE INTERESE PARTICULAR EN CERTAS ZONAS POR MOTIVOS DE PRODUCCIÓN DE MADEIRAS VALIOSAS, ENDEMISMOS, PERIGO DE EXTINCIÓN,...

C1TeixoTaxus baccata L.
C2Nogueira e variedadesJuglans regia L.
C3ÉrbedoArbutus unedo L.
C4AcivroIlex aquifolium L.

ANEXO IV

ANEXO DE PREZOS MÁXIMOS DE UNIDADES DE OBRA

(Prezos superiores ós indicados a continuación deberán ser xustificados en proxecto ou memoria técnica asinados por un técnico forestal competente).

I. Acción previa sobre o mato
1Ha de roza manual (1)
Mato menor de 1 m de altura62.600 ptas.
35Ha de roza manual
Mato maior de 1 m de altura83.500 ptas.
2Ha de roza mecanizada
Mato menor de 1 m de altura48.000 ptas.
36Ha de roza mecanizada
Mato maior de 1 m de altura63.700 ptas.
3Ha de roza con faixas de 1,5 m31.400 ptas.

II. Preparación do solo
4

Apertura manual dunha cuadrícula picada de 40 cm de diámetro e profundidade mínima de 20 cm42 ptas.
5Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm63 ptas.
6Apertura manual dunha cuadrícula onde previamente se fai unha preparación lineal do terreo26 ptas.
7Apertura manual dunha cuadrícula onde previamente se fai unha preparación total do terreo21 ptas.
8Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm onde se realizou previamente un laboreo lineal do terreo (xustificable só en frondosas de tamaño superior a 1 metro de altura42 ptas.
9Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm onde se realizou previamente un laboreo profundo e total do terreo (xustificable só en frondosas de tamaño superior a 1 metro de altura)37 ptas.
10Ha preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm31.300 ptas.
37Ha preparación do solo con subsolado cruzado ou pleno con profundidade mínima de 50 cm55.000 ptas.
11Ha preparación do solo con pase de grade de ganchos ou discos21.000 ptas.
12Ha preparación do solo con pase de rotovator23.000 ptas.

II. Implantación vexetal sobre solo preparado
13Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume a raíz núa24 ptas.

14Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume a raíz núa con preparación lineal ou total do solo19 ptas.
15Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en contedor onde se fixo unha preparación puntual do terreo ou sen preparación19 ptas.
16Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en contedor con preparación total ou lineal do terreo16 ptas.
17Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 metro de altura52 ptas.
18Ha de plantación mecanizada sobre solo preparado previamente utilizando retroescavadora, plantadora forestal, tubo plantador, etc. (xustificarase en memoria ou proxecto) máximo26.000 ptas.

IV. Outras accións incluíbles na forestación
19Fertilización (incluíndo fertilizante en man de obra)31.300 ptas.
38Ha tratamento fitocida30.000 ptas.
20Adaptación de material e maquinaria agrícola ós traballos selvícolas (máximo 25% gastos repoboación)Xustificar
21Cerramento de predio forestado

(máximo 30& gastos de forestación)

400 ptas./m

lineal

22DrenaxeXustificar

(1) Só se admitirá nos terreos con elevada pedregosidade e elevada pendente; outros casos serán debidamente xustificados en memoria ou en proxecto asinado por técnico forestal competente.

ANEXO V

ANEXO DE PREZOS MÁXIMOS POR PLANTA

23Ud. conífera 1 zume e 15 cm (raíz Rúa repicada)16 ptas.
24Ud. pseudotsuga 2 zumes e 15 cm (raíz Rúa repicada)32 ptas.
25Ud. frondosa 1 zume e 35 cm (raíz Rúa repicada)42 ptas.
26Ud. castiñeiro híbrido resitente ata 1 m219 ptas.
27Ud. castiñeiro híbrido resitente maior de 1 m271 ptas.

39Ud. chopo híbrido dun zume maior de 90 cm110 ptas.
28Ud. chopo híbrido de producción con perímetro colo raíz 8-10 cm e 4 m313 ptas.
29Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 45 cm208 ptas.
30Eucalipto21 ptas.
31Ud. conífera, 1 zume e 15 cm, con terrón32 ptas.
32Ud. pseudosuga 2 zumes e 15 cm, con terrón42 ptas.
33Ud. frondosa 1 zume e 15 cm, con terrón52 ptas.
34Ud. teixo, acivro, ou érbedo200 ptas.

No caso de utilización de material xenético mellorado (calidade controlada ou procedente de horta sementeira), o prezo máximo por planta incrementarase nun 10%.

ANEXO VI

ANEXO DE PREZOS MÁXIMOS DE MELLORAS E OUTRAS ACTUACIÓNS

1Ha roza manual
Mato menor de 1 m de altura62.600 ptas.
20Ha roza manual
Mato maior de 1 m de altura83.500 ptas.
2Ha roza mecanizada
Mato menor de 1 m de altura48.000 ptas.
21Ha roza mecanizada
Mato maior de 1 m de altura63.700 ptas.
3Ha de poda baixa (ata 3 metros de altura)33.400 ptas.
4Ha de poda alta58.400 ptas.
5Ha tratamento fitosanitario (xustificarase en memoria ou proxecto acompañada de factura proforna)10.430 ptas.
22Ha de tratamento fitocida30.000 ptas.
6Tratamento contra a procesionaria7.300 ptas.
7Tratamento contra a altica10.430 ptas.
8Tratamento contra a banda vermella7.300 ptas.
9Unidade de tratamento de poda fitosanitaria contra o «cancro» do castiñeiro520 ptas.
10Ha de selección de gromos con roza62.600 ptas.
11Km de pista forestal (apertura)517.500 ptas.
12Km amaño de pista forestal208.600 ptas.

13Construcción de devasas (ha protexida)21.000 ptas./ha
14Conservación de devasas (ha protexida)11.000 ptas./ha
15Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga104.000 ptas.
16Punto de auga con depósito pechado de formigón (4.000 ptas./m)522.000 ptas.
17Hetárea de rareo62.580 ptas.
18Fertilización (incluíndo fertilizado e man de obra)31.300 ptas.
19Traballos culturais en bosques autóctonos ou rodais selectos208.600 ptas.

ANEXO VII

ANEXO DE GASTOS DE REDACCIÓN DE PROXECTOS E MEMORIAS TÉCNICAS DE FORESTACIÓN E MELLORAS

1Honorarios de proxectoSegundo tarifa colexio Ofic.
2Honorarios de memorias técnicasSegundo tarifa colexio Ofic.

3804