Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 187/1996, do 9 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la a servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica L.M.T. ó centro de transformación de Lamaceda. (Expediente 3192 A.T.).

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio para efectos de notificacións na r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002-LUGO, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a con

cesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 557 m de lonxitude, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na L.M.T. a C.T. de Valcarria e final no C.T. intemperie de 50 kVA, proxectado en Lamaceda, no concello de Viveiro (Lugo); expediente nº: 3192-A.T.

A devandita instalación foi autorizada, e aprobado o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 2-4-1991, sendo a mesma declarada de utilidade pública polo citado organismo o día 15-4-1993, segundo resolución que foi obxecto de publicación inseríndose no DOG do 22-3-1996, no BOP de Lugo do 3-6-1993, no BOE do 8-5-1993, e no xornal diario El Progreso de Lugo do 23-4-1993.

A solicitude de urxente ocupación, fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 14-10-1994, no BOP de Lugo do 14-12-1994, no xornal El Progreso de Lugo do 13-8-1994, e a simple referencia no BOE do 5-9-1994; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu ó trámite de información pública formulou escrito de alegacións o propietario do predio nº 26 propoñendo un trazado alternativo, alegación que se desestima xa que na modificación proposta non se dan conxuntamente as condicións indicadas no artigo 26.1º do citado decreto, ó representa-la variante un aumento na súa lonxitude -en baixa tensión- moi superior ó 10% permitido, afectando aquela a novos propietarios e modificando a servidume doutros cos que xa se chegou ó mutuo acordo. Non se entra na valoración das alegacións realizadas polos propietarios do predio nº 14, ó corresponde-la valoración definitiva dos bens afectados a outra fase do procedemento.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado, segundo o proxecto reformado, para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos

previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo e 25 de Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Begasa, xa que con esta liña se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidumbre de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, de 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da liña eléctrica aérea, a 20 kV de alimentación ó C.T. de Lamaceda.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Viveiro, da provincia de Lugo, e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas. A solicitude do beneficiario, por chegar ó mutuo acordo entre as parte, exclúese desta disposición o predio nº 6.

Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3744