Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se convoca o procedemento de acreditación para o exercicio da dirección nos centros docentes públicos non universitarios.

A Orde do 21 de maio de 1996 estableceu as normas xerais para a realización de convocatorias anuais co fin de que os profesores con destino nos centros públicos docentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia poidan solicita-la acreditación para o exercicio da dirección e poder participar nas eleccións que para estes efectos se convoquen.

Tendo en conta as próximas eleccións á dirección de centros docentes públicos, cómpre, xa que logo, realiza-la convocatoria de acreditación previa ás ditas eleccións.

Na súa virtude, esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e centros, resolveu convoca-lo procedemento de acreditación para o exercicio da dirección nos centros públicos docentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas seguintes disposicións.

1. Convócase procedemento de acreditación para o exercicio da dirección nos centros docentes públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos de participación.

2.1. Ser funcionario de carreira, en situación de servicio activo, dos corpos ou escalas sinalados pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro.

2.2. Ter destino nun centro na actualidade dependente da Consellería de Educación e Ordenación Educativa.

2.3. Non ter sido acreditado para o exercicio da dirección polo procedemento establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 176/1996, do 17 de maio.

3. Solicitudes.

3.1. Os participantes no presente procedemento formalizarán a solicitude en instancia axustada ó modelo recollido no anexo I desta resolución.

3.2. O prazo de presentación das solicitudes será de dez días naturais a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.3. As solicitudes, xunto coa documentación sinalada no apartado 3.4 da presente resolución, presentarase na Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na que preste servicios o solicitante.

3.4. Xunto coa solicitude os interesados presentarán:

a) documentación acreditativa do requisito de formación ou de titulación ou dos méritos equivalentes especificados no anexo II desta resolución.

c) Certificación do centro no que exerceu funcións directivas coa especificación do cargo directivo e o tempo de desempeño deste, para a valoración do traballo desenvolvido no exercicio dos cargos correspondentes ós órganos unipersoais de goberno.

4. Comisións de acreditación.

4.1. En cada delegación provincial constituirase unha comisión de acreditación, designada polo delegado provincial correspondente, que estará composta por:

-O inspector xefe do Servicio da Inspección Educativa da respectiva provincia, que actuará como presidente.

-Dous inspectores do Servicio da Inspección Educativa da mesma provincia.

-Dous directores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia de entre os acreditados para este cargo e que foran elixidos polos respectivos consellos escolares de centro.

Por cada comisión titular será nomeada unha comisión suplente.

4.2. As comisións de acreditación, unha vez constituídas, terán a súa sede oficial nas dependencias da Delegación Provincial de Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.3. As comisións de acreditación serán nomeadas e constituranse no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

5. Fases do procedemento.

O procedemento de acreditación consta de dúas fases:

5.1. Fase primeira. Nesta fase as comisións de acreditación comprobarán que os aspirantes reúnen os requisitos de formación ou de titulación, previstos no artigo 3.2 do Decreto 176/1996 ou ben os méritos equivalentes á formación á que se refire a disposición transitoria segunda do decreto citado.

5.1.1. A xustificación documental tanto do requisito de formación, como do requisito de titulación e do requisito de méritos equivalentes á formación farase da forma indicada no anexo II desta resolución.

5.1.2. As comisións de acreditación, trala comprobación de que os solicitantes reúnen o requisito de formación, publicarán nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais a relación provisional de aspirantes que xustificaron estar en posesión deste requisito.

Contra desta resolución, os interesados poderán reclamar ante o presidente da comisión de acre

ditación, na delegación provincial correspondente, no prazo de cinco días naturais a partir do seguinte ó da súa publicación no taboleiro de anuncios.

Unha vez revisadas as reclamacións presentadas, as comisións de acreditación farán pública a relación definitiva dos aspirantes que reúnen o requisito de formación, dentro dos cinco días seguintes ó remate do prazo de reclamación.

5.1.3. De acordo co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de maio de 1996, as comisións de acreditación expedirán certificacións acreditativas da formación ou titulación requirida de acordo co modelo recollido no anexo I da citada orde, para efectos de que os profesores que non superen a segunda fase do procedemento poidan facelo valer en sucesivas convocatorias.

5.1.4. A superación da primeira fase é requisito para pasar á segunda fase.

Non obstante, nesta convocatoria, os profesores que estean a realizar durante este curso os cursos de formación para o exercicio da función directiva, programados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, poderán participar na segunda fase. Tal circunstancia será sinalada na solicitude de participación.

Neste caso, a expedición do documento de acreditación quedará condicionada á superación dos citados cursos de formación.

5.2. Fase segunda.

5.2.1. Nesta fase realizarase a valoración do traballo desenvolvido polos solicitantes tendo en conta as obrigacións e as tarefas propias de labor docente e do cargo que, se é o caso, desempeñasen.

5.2.2. A valoración da práctica docente recollerá, ademais de labor docente, as actividades relacionadas con ela, as iniciativas para mellorala, as actividades relacionadas coa coordinación pedagóxica, a participación na vida do centro, a atención ó alumnado e as súas familias.

5.2.3. A valoración do traballo desenvolvido no exercicio dos cargos correspondentes ós órganos unipersoais do goberno considerará a eficacia na organización dos recursos, a participación na elaboración e posta en prácticas das liñas educativas do centro, así como as iniciativas adoptadas que contribuisen á mellora da calidade do ensino impartido no centro. Teranse en conta as competencias establecidas en cada cargo e as características e o contexto socioeducativo do centro.

5.2.4. A valoración desta segunda fase corresponderá á Inspección Educativa.

A Inspección Educativa será o responsable do proceso de valoración do profesorado do mesmo; realizará as súas actuacións segundo o procedemento establecido no artigo 6.2 da Orde do 21 de maio de 1996.

5.2.5. O Servicio de Inspección remitirá ó solicitante, por correo certificado e con xustificante de recepción, o informe final no que consignará a pun

tuación total obtida en cada un dos apartados do baremo do anexo II da citada orde.

O profesor, en caso de desacordo, poderá reclamar ante o inspector-xefe dos servicios provinciais no prazo de cinco días naturais desde a recepción do informe.

As reclamacións serán resoltas nun prazo de cinco días naturais e o resultado da resolución deberá ser comunicado ós interesados.

Contra desta resolución, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o delegado provincial, que porá fin á vía administrativa.

O inspector responsable da valoración remitirá á comisión de acreditación correspondente os certificados de valoración, seguindo o modelo publicado como anexo III da Orde do 21 de maio de 1996.

6. Resolución.

6.1. As comisións de acreditación, á vista dos certificados de valoración da Inspección Educativa, farán pública nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais unha lista provisional de candidatos que por teren superadas as dúas fases do procedemento obteñan a acreditación para o exercicio da dirección.

Contra desta resolución, os interesados poderán reclamar nun prazo de cinco días ante a mesma comisión.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, a comisión de acreditación fará pública a resolución definitiva coa relación de candidatos acreditados. Contra a resolución definitiva, os interesados poderán interpor recurso ordinario ante o delegado provincial, o que esgotará a vía administrativa.

6.2. O delegado provincial expedirá o documento de acreditación para o exercicio da dirección ó que fai referencia o artigo 2.2 do Decreto 176/1996 ós profesores acreditados pola comisión de acreditación e pertencentes ó seu ámbito provincial, de acordo co modelo do anexo IV da Orde do 13 de maio de 1996.

6.3. A acreditación para o exercicio da dirección será requisito imprescindible para ser candidato a director nos centros docentes públicos que impartan ensinanzas non universitarias. Así mesmo permitirá que o interesado poida ser designado director nos termos establecidos no artigo 20 da Lei orgánica 9/1995.

7. Recurso.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ó órgano convocante, de conformidade co artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO II

Requisitos a que se refire a fase primeiraPuntos

(se é o

caso)

Documentación acreditativa

1)Formación específica.Certificación das actividades expedida polo órgano convocante na que conste a súa duración en horas e o seu contido.
2) Titulación.Fotocopia compulsada do título de licenciado en Pedagoxía.

Fotocopia compulsada do título de doutor, licenciado ou diplomado xuntamente coa certificación de ter superados 12 créditos relacionados coa organización e xestión de centros educativos, ou Administración educativa.

Fotocopia compulsada do título de posgrao de duración e contidos que se axusten ó artigo do decreto polo que se regula a acreditación para o exercicio da dirección.

3) Outros méritos equivalentes á formación.
1. Ter pertencido ó corpo de directores escolares.Fotocopia compulsada do título administrativo ou, se é o caso, do Boletín Oficial no que apareza o seu nomeamento.

2. Actividades de formación non incluídas con carácter xeral:
a) Cursos de formación dirixidos ós equipos directivos organizados polo Ministerio de Educación e Ciencia desde o curso 1989-1990 ata o curso 1995-1996.Certificación do curso, expedida polo órgano convocante, na que conste o seu contido
b) Actividades de formación organizadas polo Ministerio de Educación e Ciencia ou polas administracións educativas con competencias plenas en educación desde o curso 1989-1990 ata o curso 1995-1996, e que a duración e contido se axusten ó establecido no artigo 4.2º do presente decreto.Certificación do curso, expedida polo órgano convocante, na que conste o seu contido.
c) Programas de formación, organizados polas universidades ou por outras institucións e homologados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,cunha duración mínima de 50 horas e que no seu contido poidan considerarse equivalentes ós do apartado a).Certificación da Administración educativa que as organizase e na que conste o contido e duración da actividade.

3. Experiencia na organización e xestión de centros docentes ou na Administración educativa. Considerarase que cumpren este requisito os profesores que alcancen unha puntuación de oito puntos ó ser aplicado o seguinte baremo:
a) Por cada ano como director, xefe de estudios ou secretario dun centro público, inspector, director dun centro de formación continuada do profesorado ou nun posto de traballo da Administración educativa de nivel 26 ou superior.3Fotocopia compulsada do nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou certificación do centro de destino actual na que conste o cargo e a súa duración real.
b) Por cada ano como vicedirector, administrador, director de sección filial, director-xefe de estudios de sección delegada; director, xefe de estudios ou secretario dos colexios municipais homologados; xerente de centros presidenciais docentes; xefe de departamento de orientación, membros dos EPSAS, profesores adscritos á Administración educativa con funcións técnicas en programas educativos, formación do profesorado, ordenación, innovación e planificación escolar, ou asesor técnico pedagóxico en centros de formación continuada do profesorado, centros de recursos e monitores do programa NMai. 2Fotocopia compulsada do nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou certificación do centro de destino actual na que conste o cargo e a súa duración real.
c) Por cada ano como vicesecretario.

As fraccións do ano no exercicio dos ditos cargos valoraranse unicamente nos apartados a) e b) a razón de 0,25 e 0,1 puntos cada mes, respectivamente.

0,5Fotocopia compulsada do acordo de nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou certificación do centro de destino actual na que conste o cargo e a súa duración real.

Requisitos a que se refire a fase primeiraPuntos

(se é o

caso)

Documentación acreditativa

4. Outras características da traxectoria profesional. De forma excepcional, poderá considerarse equivalente á formación a traxectoria profesional dun profesor, cando se dea nela unha das circunstancias seguintes ou ben as dúas:
a) A publicación de traballos e a realización de investigacións relacionadas coa organización e xestión dos centros docentes. Os exemplares correspondentes. Nas publicacións debe consta-lo ISBN.
b) A dirección, coordinación e impartición de cursos e outras actividades de formación relacionadas coa organización e xestión de centros docentes.

A valoración dos méritos incluídos neste apartado será realizada pola comisión de acreditación.

Certificación do organismo que as convocou, con expresión do seu contido e do tipo de participación do solicitante nela e a súa duración.

3685