Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 184/1996, do 9 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación do paso inferior da estrada das Gándaras baixo a nova vía Ponte Romaí-O Ceao en Albeiros.

O Concello de Lugo, por Decreto da Alcaldía nº 62, de data 8 de xuño de 1994, acordou aproba-lo proxecto de ampliación do paso inferior da estrada das Gándaras baixo a nova vía Ponte Romaí-O Ceao en Albeiros e na sesión plenaria celebrada o 24 de febreiro de 1995 acordou solici tar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de abril de 1996 de baixo o número 3742.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urba nismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12 de abril 1996, nº 3656.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a necesidade dos terreos ocupados vén determinada polo establecemento de vías de primeira orde que desconxestionen as vías existen tes como é o caso da avenida da Coruña.

E esa programación prioritaria debe basearse esencial mente en resolve-la comunicación da cidade coa autovía do Noroeste, actualmente en construcción.

Ámbalas dúas premisas cumpríronse co novo eixo viario que, partindo desde a praza Conde Fontao ou praza da Estación, e seguindo un trazado case paralelo ó ferrocarril, chege ó polígono industrial O Ceao, enlazando co acceso da autovía do Noroeste.

Este novo eixo viario atópase en vías de construcción en tódolos seus tramos, pero presenta un punto singular polas súas características, que non só reduce a súa capacidade senón que provoca un grave problema de seguridade. Trátase da intersección do dito vial, de sección mínima 22 m, coa estrada das Gándaras, antes da deputación, hoxe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O posible cruxamento a nivel, sen visibilidade desde a es trada das Gándaras, e nunha longa recta do novo vial municipal supón un grave perigo, que pode conseguirse coa prolongación do paso inferior das Gándaras, o que permite dar continuidade ó novo vial municipal.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administra tivo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de ampliación do paso inferior da estrada das Gándaras baixo a nova vía Ponte Romaí-O Ceao en Albeiros.

Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecen tos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2200