Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa La Precisión Mecánica del Miño, S.A. (M.P.M., S.A. de Ourense).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa La Precisión Mecánica del Miño, S.A. (M.P.M., S.A.) (código nº 3200422) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados de persoal, en xuntanza celebrada o 29 de novembro de 1995, e de conformidade co

disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no rexistro desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 6 de marzo de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial para a empresa La Precisión Mecánica del Miño, S.A. (M.P.M.).

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

De acordo co establecido no título III do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará a totalidade dos empregados e asalariados da empresa.

Sen prexuízo do anteriormente exposto e tendo en conta as circunstancias especiais e características do persoal, que a continuación se enumeran, quedarán fóra do ámbito de aplicación do presente convenio:

a) O persoal bolseiro da empresa, co obxecto de completa-la súa formación, con especial mención a aqueles ós que se lles aplique o denominado contrato de traballos en prácticas.

b) Os botóns, axudantes e aspirantes.

c) O persoal que realiza traballos de alta dirección ou alta xestión na empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio aplicarase unha vez que fose homologado pola autoridade laboral. Agora ben, os seus efectos económicos retrotraeranse ó día 1 de novembro de 1995, independentemente da data da súa publicación no BOP. A súa duración será desde o día 1 de novembro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996.

Non obstante, entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano, ata que unha das partes o denuncie expresamente, de conformidade coa lexislación vixente, e cunha antelación mínima de dous meses ó termo da vixencia deste convenio ou da prórroga en curso.

Na denuncia deberase facer constar:

-Ámbito de aplicación do novo texto do convenio.

-Materias de negociación debidamente desagregadas.

-Representación que obstenta o denunciante.

Igualmente se sinala que durante o tempo que medie entre a data de finalización dos efectos do convenio e a entrada en vigor dun novo convenio que os substitúa, entenderase prorrogado para tódolos efectos o presente.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As mellores resultantes da aplicación do presente convenio poderán ser absorbidas ou compensadas ata onde alcance o cómputo anual con aqueloutras de índole superior que se encontren establecidas pola empresa, agás pacto expreso en contrario; todo iso de conformidade co preceptuado no decreto de ordenación do salario e disposicións concurrentes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais de luns a venres e en ningún caso a dita xornada poderá superar un cómputo anual de 1.792 horas.

Dentro do cómputo efectivo entenderanse por comprendidos os tempos horarios empregados nas xornadas continuadas como descanso e outras interrupcións, cando por normativa legal ou acordo entre as dúas partes ou pola propia organización do traballo se entendan integradas na xornada diaria de traballo. A este respecto establécese un período mínimo de descanso de 15 minutos.

O horario establécese de luns a venres, agás o persoal a quendas, que teña necesidade de compensación de horas; neste caso, poderá traballarse sábado ata compensa-la xornada.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de 30 días naturais; o salario que se vai percibir durante estas é igual ó dunha nómina normal do mes.

O período de desfrute das vacacións será preferentemente nos meses de verán, o traballador deberá coñecer cunha antelación mínima de dous meses a data de inicio do desfrute. Serán fixadas de común acordo entre a empresa e o traballador agás acordo entre as dúas partes serán rotativas e sempre que non afecten ós programas de producción da empresa.

Artigo 6º.-Salario e outros conceptos retributivos.

Os salarios base establecidos para cada categoría profesional son os que se fixan no anexo achegado, primeira columna.

O plus de carencia de incentivos aboarase pola segunda columna do anexo salarial e por día efectivo de traballo, entendendo o sábado como día efectivamente traballado.

Artigo 7º.-Permisos retribuídos e non retribuídos.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica ou polo período que a continuación se reflicte:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 2 días naturais.

-Por parto da esposa do traballador: segundo a lexislación vixente.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos: o tempo necesario, como mínimo, dous días hábiles.

-Por morte de irmáns políticos, avós políticos e tíos: dous días naturais.

-Por morte de tíos políticos: un día natural.

-Por consulta médica: o tempo necesario con xustificación.

A asistencia a exames, achegando xustificación, será sen dereito a retribución e será concedida polo tempo necesario para a realización destes.

Artigo 8º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Se por razóns técnicas e organizativas, a empresa ten que traslada-los sus productores a prestar servicios a outros centros de traballo, aboaralles por axuda de custo completa a cantidade de 3.605 ptas. e por media axuda de custo, 1.805 ptas.

Artigo 9º.-Traballos especiais.

Aplicarase o preceptuado no artigo 77 da ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica; as porcentaxes serán do 25%, 30% e 35%, en lugar dos sinalados na mencionada norma.

Artigo 10º.-Comité de seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo, en materia de aseos, vestiario, dotacións sanitarias de urxencia, duchas, etc, de conformidade coa ordenanza de seguridade e hixiene vixente. Para tal efecto, designaranse dous membros como vixilantes de seguridade e hixiene, que serán elixidos polos traballadores fixos do cadro de persoal. As funcións do Comité de Seguridade e Hixiene serán asegura-los dereitos dos traballadores en canto ás cuestións relacionadas coa seguridade e hixiene no traballo fixadas pola lei ou convenio entre ámbalas partes. Os membros do comité non terán dereito a horas sindicais retribuídas.

Artigo 11º.-Período de proba.

O período de proba será de 15 días para os seguintes traballadores: peón, especialista, oficial de 3ª, oficial de 2ª e oficial de 1ª. Para as demais categorías aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afectado polo presente convenio seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda cada seis meses; é obrigatorio o seu uso, cando o traballo o requira. As ditas pezas de roupa serán en todo momento propiedade da empresa, e o traballador estará obrigado á boa conservación e uso, e poderá a empresa facer constar nas ditas pezas o anagrama ou actividade desta.

Así mesmo, segundo o posto de traballo, a empresa daralle os elementos e medios necesarios esixidos legalmente para protección e deberá utilizalos o traballador na realizaicón das súas tarefas.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afecto ó presente presente convenio percibirá dúas pagas extraordinarias que se farán efectivas o 15 de xullo e o 22 de decembro. A contía destas será dunha mensualidade de salario real.

Artigo 14º.-Antigüidadade.

Este complemento salarial de carácter persoal consistirá en quinquenios, que teñen unha contía do 6% do salario base.

Artigo 15º.-Pluses de toxicidade, penosidade e nocturnidade.

Aboaranse conforme o disposto na ordenanza laboral siderometalúrxica e disposicións concordantes.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal que e encontre en situación de ILT derivada de enfermidade común, a partir do primeiro día do segundo mes percibirá o 100% do seu salario; no caso de hospitalización desde o primeiro día percibirá o 100%.

Cando esta situación se derive de accidente de traballo ou accidente in itinere, desde o primeiro día aboaráselle o 100% do salario.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Axustaranse ó disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

A empresa concertará unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións.

-Accidente laboral ou común do que se derive a morte do traballador: 2.500.000 pesetas.

-Idem ó anterior do que se derive a situación de incapacidade permantente, total ou absoluta ou gran invalidez. 2.500.000 pesetas.

-Ó persoal de nova incorporación non lle será de aplicación a póliza antes reflectida ata transcorridos trinta días desde a comunicación.

Artigo 19º.-Premios de xubilación.

Xubilación ós 60 anos: 6 mensualidades.

Xubilación ós 61 anos: 5 mensualidades.

Xubilación ós 62 anos: 4 mensualidades.

Xubilación ós 63 anos: 3 mensualidades.

Ós ditos premios só terán dereito aqueles traballadores que teñan na data do feito causante máis de dez anos de antigüidade na empresa.

20º.-Plus de carencia de incentivos.

Establécese o aboamento deste plus como prima de productividade e asistencia, ó non te-la empresa regulada a retribución en función do rendemento.

O dereito ó percibimento deste plus perderase total ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% do plus de carencia de incentivos correspondente ó salario do día, por falta de puntualidade de ata 5 minutos. A reincidencia deste tipo de falta gravarase con 50%.

b) O 75% do plus de carencia de incentivos correspondente ó salario do día por falta de puntualidade superior a 5 minutos e ata media hora.

c) O 100% por máis de media hora sen chegar a día completo.

d) O correspondente a 2 días por cada falta de asistencia.

e) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta de comezalo e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade, para estes efectos.

Artigo 21º.-Productividade.

O sistema de traballo que se vaia empregar será de libre iniciativa da empresa e deberá axustarse ó previsto no presente convenio e á lexislación concordante, sen prexuízo da posterior aprobación da autoridade laboral competente.

A actividade normal de traballo é a desenvolta polo operario medio que actúa baixo unha dirección competente, pero sen estímulo dun sistema de remuneración por rendemento e sen ningunha coacción, isto é, a cantidade de traballo desenvolta efectivamente por un obreiro capacitado realizando unha actividade mínima normal equivalente a 4,800 km/hora e que foi determinada por unha correcta cronometraxe.

A actividade normal vén determinada por 100 unidades centesimais ou 60 puntos bedaux ou o seu equivalente noutros sistemas de medición que sexan aceptados internacionalmente.

A actividade óptima é a que pode desenvolver un traballador activo adestrado no traballo e que logre neste con seguridade un nivel de calidade e precisión fixados pola tarefa. Esta actividade está valorada en 140 unidades centesimais ou 80 bedaux ou o seu equivalente. Será sancionable todo traballador que non alcance a actividade normal durante tres días consecutivos ou cinco alternos no período de 30 días. En cada caso, a empresa, para efectos de sanción, apreciará a gravidade da falta á vistas dos feitos producidos. Así mesmo, será obxecto de sanción o productor que, de maneira reiterada, manteña unha actividade interior á normal. Establécese especificamente que a facultade de organización práctica do traballo corresponde á dirección da empresa, logo da audiencia e informe dos representantes dos traballadores, e, en consecuencia, sinálanse, entre outras, as seguintes funcións:

a) Esixencia da actividade normal fixada polo convenio.

b) Adxudicación do número de máquinas ó traballador a rendemento normal.

c) Mobilidade e cambio de persoal nas empresas de acordo coas necesidades de organización da producción na forma sinalada regulamentariamente.

De establece-la empresa un sistema de traballo incentivado á actividade normal comprenderá o plus de carencia de incentivos fixado no anexo. Unha vez aprobado o sistema de traballo incentivado, non poderán aplicarse penalizacións ata transcorridos tres meses desde a data de implantación do sistema, considerándose o dito espacio de tempo como período de proba.

En ningún caso, poderá penalizarse a falta de productividade e a falta de puntualidade e asistencia á vez.

Artigo 22º.-Plus de xefe de equipo.

De acordo co establecido no artigo 79 da ordenanza laboral de siderometalúrxica, o xefe de equipo percibirá un plus consistente nun 20% sobre salario base da súa categoría.

Artigo 23º.-Excedencias.

Poderán solicitar excedencia tódolos traballadores que leven un mínimo dun ano ó servicio da empresa. A duración da excedencia poderá ser dun ano a cinco anos. A petición de excedencia farase por escrito cun mes de antelación e resolta pola empresa afirmativamente cando non se cubrira con contrato de interinaxe, nos demais casos haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

A realización de tarefas consideradas tóxicas, penosas, molestas ou insalubres que afecten a situación de embarazo ou maternidade, terán que ser excluídas para a muller.

Artigo 25º.-Servicio militar.

Durante o tempo que se presta servicio militar ou social voluntario e obrigatorio, o traballador terá dereito á reserva do posto de traballo, que se entenderá 20 días despois de licenciado e á percepción das pagas extras, na mesma contía que se estivese traballando.

Artigo 26º.-Reserva do posto de traballo en caso de invalidez provisional.

Os traballadores que cesaran na empresa por causa de invalidez provisional teñen dereito a ser declarados aptos para o traballo e a ser reintegrados no posto de traballo que con carácter normal ocupaban na empresa na data en que causaron baixa ou no posto adecuado ás súas condicións. Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte ó da data da súa declaración de aptitude.

Artigo 27º.-Revisión médica do persoal.

A empresa efectuará unha revisión médica anual a tódolos traballadores do cadro de persoal. Estas revisións correrán por conta da mutualidade correspondente ou da propia Seguridade Social.

Táboa salarial

CategoríaS. basePlus

Persoal obreiro:

Peón2.855748
Lavador engraxador2.855748
Especialista2.859782
Of. 3ª2.865811
Of. 2ª2.866863
Of. 1ª2.868991
Of. 1ª montador2.8681.060
T. menor 18 anos1.706430

CategoríaS. basePlus

Persoal subalterno:

Almaceneiro2.855748
Probador2.870863
Listeiro2.865811
Recepcionista2.855748
Pesador báscula2.855748
Vixilante2.855748
Ordenanza2.855748
Porteiro2.855748
Conserxe2.855748
Chofer turismo2.866863
Chofer camión2.8681.004
Dep. Aux. M. 252.865811
Dep. Prin. M. 252.865811
Telefonista2.865811

Pesoal técnico:

Mestre taller3.5811.071
Xefe taller3.5821.255
Contramestre3.5821.071
Encargado3.5821.071
Tit. medio3.5821.255
Tit. superior3.7491.322
Delineante Proyect.3.2551.255
Delineante 1ª3.248987
Delineante 2ª2.868991
Calc. Reproduc.2.865811
Tec. laboratorio3.2551.071
Analista3.2551.071

Persoal administrativo:

Aux. Admvo.2.865811
Of. Admvo. 1ª2.868991
Of. Admvo. 2ª2.866863
Xefe Admón. 1ª2.8681.060
Xefe Admón. 2ª2.868995
Caixeiro2.866863
Xefe almacén2.868994
Xefe contabilidade2.8681.060
Viaxante vendedor2.865811
Xefe laboratorio3.5821.255
ATS3.5821.255

Disposicións transitorias

Primeira.

O aumento do presente convenio cífrase nun 10% sobre os conceptos retributivos da táboa salarial (salario base e plus de carencia de incentivos) tomada como base para esta negociación. A dita táboa corresponde ó convenio asinado en 1993 e prorrogado nos anos sucesivos pola situación económica da empresa.

Segunda.

Os efectos económicos do presente convenio retrotraeranse ó 1 de novembro de 1995, e aboaranse na nómina do dito mes independentemente da data que se publique no BOP.

Terceira.

En todo o non previsto no texto do presente convenio será norma supletoria a ordenanza laboral das industrias siderometalúrxicas e a Lei, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores e disposicións concordantes.

3792