Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 179/1996, do 17 de maio, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Jorge Fernando Branco de Sampaio, presidente da República de Portugal.

En atención ós méritos que concorren en Jorge Fernando Branco de Sampaio, presidente da República de Portugal e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 137/1992, do 5 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Jorge Fernando Branco de Sampaio, presidente da República de Portugal.

Santiago de Compostela, dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3696