Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de maio de 1996 pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios e a convocatoria para solicita-las ditas axudas.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988) transfírelle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades, a Universidade da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Vigo.

Para garanti-lo desenvolvemento do sistema universitario de Galicia, a Xunta de Galicia elaborou un plan de financiamento que foi aprobado pola Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia, o día 17 de outubro de 1989, establecéndose, no apartado 5 do dito plan, unha partida de axudas para os alumnos galegos.

A consellería está a levar adiante unha política de asistencia económica ós estudiantes que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

Por esta orde, procédese a convoca-las accións referentes ás asociacións de estudiantes, á mobilidade estudiantil, a favorecer novas oportunidades de formación e á incentivación do rendemento escolar.

Cómpre subliñar que estas accións, que non son incompatibles coas accións do MEC, son nalgún caso complementarias entre si e desempeñan unha función moi peculiar dentro do sistema de axudas ó estudio. As accións complementarias cobren un ámbito de

actuación común coas convocatorias de carácter nacional e un ámbito propio, nalgúns casos e polas súas propias bases permiten nuns casos aumenta-la cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do MEC, e noutros casos, permiten o aumento do número de solicitantes financiados, ou a posta en marcha de novas axudas para novos solicitantes.

Por outra banda, o feito de estar a falar, nalgún caso, de accións complementarias, supón un condicionamento nas datas de convocatoria, pois esas accións han de supeditarse, nese caso, ás resolucións polas que se adxudican as bolsas de carácter nacional que complementan.

Este condicionamento, e dada a experiencia de anos anteriores fai que na presente orde se convoque unha acción complementaria ás bolsas do MEC dirixida a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia.

A outra acción de carácter complementario que incluía axudas para transporte, comedor e libros (bolsa complementaria MEC), coa finalidade de axiliza-la súa xestión, farase mediante convenio coas universidades galegas, de xeito que cada universidade realice convocatorias propias de transporte, comedor e libros.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros ERASMUS presentados polas universidades, as suxestións feitas pola comisión e as universidades, e a confirmación de que a Unión Europea porá en marcha un novo programa que combina o mellor de ERASMUS e de LINGUA baixo o nome de SÓCRATES aconsella amplia-las condicións de solicitude.

Do mesmo xeito e cara ós fillos de emigrantes galegos que queiran vir ou estean xa a cursar estudios universitarios en Galicia a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quere potenciar este tipo de axudas co fin de mellora-las oportunidades de estudiar nas universidades galegas.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convócanse bolsas e axudas para accións de apoio económico ós estudiantes españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 95/96, así como para os estudiantes galegos que cursen estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia e no territorio español nos supostos previstos na presente convocatoria, e así mesmo accións de apoio económico para os galegos que residan fóra de Galicia e os seus descendentes e queiran cursar estudios universitarios nunha das tres universidades galegas no curso 96-97 e tamén se aproban as bases polas que se rexerán as que están incluídas como anexo na presente orde, e que son:

1.-Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas. (Anexo I).

2.-Axudas a estudiantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico. (Anexo II).

3.-Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1996. (Anexo III).

4.-Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC curso (1995-96) dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia. (Anexo IV).

5.-Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións universitarias autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas. (Anexo V).

6.-Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país. (Anexo VI).

7.-Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (SOCRATES-ERASMUS). (Anexo VII).

8.-Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo, no curso 96-97, en centros da Comunidade Autónoma destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes. (Anexo VIII).

Artigo 2º.-A interpretación das convocatorias, das súas bases e de todos cantos actos administrativos se deriven delas, aterase ó establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles casos que dean lugar a recurso.

Artigo 3º.-A resolución de tódalas convocatorias desta orde farase por medio dunha comisión nomeada para o efecto, que terá dereito á percepción de asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado, en parte, polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, sobre indemnizacións por razóns de servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Artigo 4º.-Para a concesión das axudas convocadas no anexo I da presente orde destinarase a cantidade total de oito millóns de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.482.0, e para as axudas convocadas nos anexos II, III, IV, VI, VII e VIII da presente orde destinarase a cantidade total de noventa e nove millóns de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.483.0 e cinco millóns de pesetas para as axudas convocadas no anexo V que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.440.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996. Nembargantes, as cantidades antes citadas poderanse incrementar ou diminuír ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e deacordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 5º.-Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de catro meses, contados a partir do día seguinte ó do remate do prazo concedido para a pre

sentación de solicitudes, de conformidade co establecido no Decreto 267/1994, do 29 de xullo, (DOG do 26 de agosto de 1994), polo que se aproba a relación de procedementos iniciados a solicitude dos interesados, dos que sexa competente para resolve-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios.

Artigo 6º.-A determinación da contía correspondente a cada unha das accións desta orde farase tendo en conta o teito orzamentario, o número de accións convocadas, e as previsións de solicitudes axustadas ós obxectivos de cada acción.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ilmo. Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación.

ANEXO I

AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

A Lei de reforma universitaria, no seu artigo 27.5º, recoñécelle ós estudiantes o dereito pleno á asociación no ámbito universitario.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considerou conveniente estimula-lo asociacionismo universitario e as actividades de carácter informativo e científico dos estudiantes deste nivel do ensino como un modo de potencia-lo dinamismo da universidade.

En consecuencia, co fin de poñer en práctica esta tarefa, dentro das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta as experiencias das convocatorias pasadas, convócase concurso público para a concesión de axudas ás asociacións estudiantís universitarias de Galicia co obxecto de financiarlles durante o ano 1996 unha axuda para algunha das seguintes catro modalidades:

a) Fomenta-las actividades de carácter científico e informativo, así como as de formación e mellora das condicións de estudio.

b) Subvenciona-la organización e a asistencia a congresos científicos, certames e reunións de estudiantes.

c) Fomenta-los servicios de axuda e información ós estudiantes en temas de ámbito académico.

d) Fomenta-las actividades universitarias que faciliten información e favorezan a relación dos estudiantes co mundo do traballo e co primeiro emprego.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

1.1.-Poderán pedi-la axuda obxecto desta convocatoria as asociacións de estudiantes universitarios matriculados durante o curso 1995-96 nunha das tres uni

versidades do sistema universitario de Galicia, que estean legalmente recoñecidas.

1.2.-Non se poderán solicitar axudas para levar a cabo actividades que teñan finalidade política, sindical, deportiva ou lucrativa, ou que teñan como obxectivo viaxes turísticas ou outras actividades distintas das catro modalidades indicadas anteriormente.

2.-Solicitudes e documentación.

Cada solicitude presentarase mediante instancia segundo o modelo ED403A, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Datos de identidade da asociación e do seu presidente ou representante legal.

b) Certificación da súa condición de asociación legalizada.

c) Estatutos da asociación, só no caso de que non se presentase solicitude de axuda en convocatorias anteriores ou haxa algunha modificación dos estatutos presentados con anterioridade noutras convocatorias.

d) Cotas e número de estudiantes asociados.

e) Programa de actividades do presente curso.

f) Informe, de catro folios como máximo, no que debe incluírse xustificación, interese, obxectivos e alcance da actividade, data de realización e orzamento detallado de ingresos e gastos que comporta.

No caso de solicita-la axuda por vez primeira ou no caso de que non se lle tivera concedida na convocatoria anterior, deberán acompaña-la solicitude cunha memoria na que quede constancia da actividade da asociación no curso anterior á convocatoria.

g) Certificación da conta bancaria establecida a nome da asociación e dos seus representantes legais, na que se aboará a axuda.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude xunto co resto da documentación requirida deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e, exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 23 de xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a adecuación entre a solicitude e a modalidade da acción que se vai financiar.

6.-Contía.

A cantidade máxima da axuda concedida a cada asociación non poderá exceder de 400.000 pesetas.

7.-Período de desfrute.

As actividades que se subvencionan na presente convocatoria levaranse a cabo no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1996. Non se financiarán accións fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco accións que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

O pagamento farase na conta bancaria indicada pola asociación interesada.

Para os efectos de cobramento, o presidente ou representante legal da asociación de estudiantes será a persoa responsable ante a Dirección Xeral de Univer

sidades e Investigación, asinará a solicitude e asumirá tódalas responsabilidades do destino da axuda.

Nos 15 días seguintes ó da realización da acción para a que se concedeu a axuda, o representante deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, xustificante dos gastos e realización dela respecto dos obxectivos que tiña establecidos.

Se non se leva a cabo a actividade no período establecido nesta convocatoria, a asociación de estudiantes estará obrigada a devolve-lo diñeiro que se lle ingrese.

A asociación beneficiaria fará consta-la colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia nas actividades subvencionadas.

10.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

11.-Aceptación da axuda.

Farase mediante documento asinado polo presidente ou representante legal da asociación de estudiantes no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

ANEXO II

AXUDAS A ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES CULTURAIS DE CARÁCTER PEDAGÓXICO

Unha das características que máis se percibe no estudiantado universitario e na sociedade en xeral respecto da universidade é a vocación universalista do saber e a procura de lazos e vieiros de comunicación interuniversitarios de carácter nacional e internacional.

O Goberno de Galicia ten previstas estas dúas esixencias no programa de apoio á formación do persoal investigador a nivel de posgrao. Así mesmo, para alumnos de pregrao estase a considerar esta mesma acción baixo a modalidade de aprendizaxe da segunda lingua e tamén para a mobilidade dos estudiantes de forma individual, e en estadías regradas que conducen á obtención de titulacións oficiais.

Por outra banda, a ninguén se lle oculta que o estudiante vive academicamente no grupo de clase e as experiencias participativas nel contribúen de forma inequívoca a fixar aprendizaxes. Deste xeito o Goberno de Galicia quere contribuír ás posibilidades de intercambio cultural e de apertura a outras realidades dos estudiantes como grupo de clase que conviven durante a súa carreira destacando especialmente o remate dela.

Así pois, o obxecto desta acción é o establecemento de axudas económicas destinadas a estudiantes das universidades galegas que queiran realizar viaxes culturais de carácter pedagóxico.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra que lles puidese corresponder ós interesados.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes:

1.1. Poderán solicitar estas axudas grupos de estudiantes universitarios de facultades, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias de calquera das tres universidades da Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que estean matriculados no derradeiro ou no penúltimo curso dos seus estudios e teñan programada a realización como grupo, dunha viaxe conectada realmente cos devanditos estudios.

1.2. En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda por facultade, escola técnica superior ou escola universitaria, para cada unha das titulacións que teña albergadas como efectivos estudios autorizados ese centro, con carácter oficial e validez nacional.

1.3. Para os efectos de solicita-la axuda o grupo de que se trate deberá designar un coordinador para o establecido nesta acción.

1.4. Para os efectos da axuda, e tendo en conta as características dos plans de estudios reformados e a liberdade de progreso que outorgan, o grupo deberá estar constituído, alomenos, por 10 estudiantes que estean no derradeiro ou no penúltimo curso dos seus estudios no ano académico l995-96.

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED418A, asinada polo coordinador do grupo.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Breve memoria (dous folios como máximo) do obxecto da viaxe asinada polo coordinador. Nesta memoria especificarase a relación real da viaxe coa carreira estudiada.

-Certificación expedida pola secretaría da facultade ou escola de que os alumnos que compoñen o grupo solicitante están matriculados no derradeiro ou no penúltimo ano de carreira nese centro no curso 1995-96.

-Certificación do banco ou caixa de ter aberta, para a viaxe programada, unha conta a nome do coordinador con tódolos datos correspondentes a ela.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude xunto co resto da documentación requirida deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos s/n, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no art. 38.4º Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e, exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 23 xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a relación real das actividades que se vaian realizar nas viaxes cos estudios cursados polos compoñentes do equipo.

6.-Contía.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía dedicada a esta acción será fixada en función do número de solicitudes e da adecuación destas ós obxectivos da convocatoria, así como das previsións que correspondan ás demais accións convocadas pola mesma orde. As axudas comprenderán unha dotación económica destinada a sufragar parte dos gastos do desprazamento ata o lugar de destino e como máximo será de 20.000 ptas. por alumno.

7.-Período de desfrute.

A viaxe deberá realizarse no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1996. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación,

ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo coordinador.

Nos 15 días seguintes á realización da acción para a que se concedeu a axuda, o representante deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, xustificante dos gastos e un informe breve (máximo 4 páxinas) no que se acreditará o cumprimento na viaxe do establecido para a percepción da axuda.

A interrupción ou aprazamento da viaxe terá que ser comunicado a esta dirección xeral.

10.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de poder reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases deste anexo.

ANEXO III

PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA ALUMNOS UNIVERSITARIOS QUE REMATEN OS ESTUDIOS NO AN0 1996

O obxecto desta acción é facer un recoñecemento expreso á excelencia académica daqueles estudiantes universitarios de centros pertencentes a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma galega (facultades, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias) que rematen os seus estudios no curso 1995-96.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

-Posuí-la nacionalidade española.

-Ter unha puntuación media no seu expediente académico superior a 2,7 puntos, para alumnos de facultades e escolas universitarias, e a 2 puntos, para alumnos de escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores.

-Ter rematada a carreira no ano 1996. Para estes efectos considérase que remataron a súa carreira no ano 1996 os alumnos que, nas convocatorias de febreiro, xuño ou setembro de 1996, tiveran cumpridos os requisitos académicos necesarios para a obtención do título de que se trate.

-Estar matriculado no curso 1995-96, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando os estudios regrados do título ó que se presenta como candidato ó premio fin de carreira.

2.-Solicitudes e documentación.

Cada solicitude presentarase por medio de instancia segundo o modelo oficial ED415A, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Certificación académica con especificación das convocatorias, ou fotocopia cotexada dela. En caso de validacións deberá presentarse tamén a certificación da institución de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán achegar ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

-Breve currículum vitae no que se indique, se é o caso, os premios, bolsas, etc. que lle foran concedidos e outros méritos que queiran alegar, acompañados da documentación correspondente.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado con tódolos datos correspondentes ela.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará desde o día seguinte ó da publicación da orde e rematará o día 31 de outubro de 1996.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 11 de novembro, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como

representante da dirección xeral, o subdirector xeral de universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Os alumnos serán seleccionados polo seu expediente académico. Para estes efectos a valoración de cada unha das distintas cualificacións será a seguinte:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Para obte-la nota media dividirase a suma de notas obtidas en cada disciplina, segundo o precedente baremo, polo número de convocatorias utilizadas para obte-la titulación. A comisión avaliadora poderá ter tamén en conta, para matiza-la proposta, o currículum vitae dos solicitantes e os méritos acreditados.

Naqueles casos en que a comisión avaliadora o estime oportuno poderá propoñe-la concesión de accésit (sen dotación económica), ou deixa-lo premio deserto.

6.-Contía.

Concederase un premio ó mellor expediente académico por cada carreira cursada en escolas universitarias, facultades ou seccións, se é o caso, escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os que resultasen premiados recibirán:

-Un diploma acreditativo desta distinción.

-Unha aportación en metálico de 350.000 pesetas.

7.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

O pagamento farase na conta bancaria indicada polo interesado.

9.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

ANEXO IV

AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS BOLSAS DE CARÁCTER XERAL DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONVOCADAS POLO MEC (CURSO 1995-96) DIRIXIDAS A ESTUDIANTES CON RESIDENCIA EN GALICIA PERO QUE REALIZAN ESTUDIOS DE CARÁCTER OFICIAL E VALIDEZ NACIONAL NAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE FÓRA DE GALICIA

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas bolsas complementarias tódolos alumnos universitarios, con residencia familiar en Galicia, que cursen estudios en universidades públicas de fóra de Galicia durante o curso 1995-96, nunha titulación ou especialidade recoñecida desa titulación de carácter oficial e validez nacional que non sexa impartida nalgunha das universidades desta Comunidade Autónoma, ou que veñan cursando eses estudios con continuidade noutra universidade pública de fóra de Galicia desde antes de que se comezara a impartición desles na comunidade, e teñan, ademais, en ámbolos dous supostos, concedida unha bolsa de estudios do MEC para o curso 1995-96 por resolución da súa convocatoria xeral de bolsas (Orde do 15 de xuño de 1995, BOE do 29 de xuño de 1995).

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo modelo ED424A, ben polo interesado, ben polos pais ou titores legais del, acreditando neste caso a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

-Copia do DNI e do NIF do solicitante.

-Documento acreditativo de estar censado en Galicia.

-Credencial de bolseiro do MEC no curso 1995-96.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 94, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela, con especificación das convocatorias. No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado con tódolos los datos correspondentes a ela.

-Certificado de matrícula da Universidade de fóra da Comunidade Autónoma con especificación dos estudios nos que está matriculado no curso 1995-96. No caso da UNED deberá especificarse o centro asociado de fóra de Galicia no que estea integrado o solicitante e cumpri-los demais requisitos.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano 15704, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán, as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 23 de xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendaren erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase ordenando tódalas solicitudes que cumpran os requisitos en función do módulo económico por persoa e, en caso de empate, por expediente académico.

A adxudicación das bolsas farase segundo a ordenación establecida e empezando polas rendas máis baixas, ata onde o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

6.-Contía.

Convócanse un máximo de 35 bolsas. A contía delas determinarase en función da distancia quilométrica da residencia do bolseiro na Comunidade Autónoma co centro universitario onde realiza os seus estudios, de acordo coa seguinte estructuración por zonas:

Zona A: abrangue as comunidades autónomas de Asturias, Castela-León e Cantabria. (Contía: 55.000 pesetas).

Zona B: abrangue as comunidades autónomas de Euskadi, Navarra, Aragón, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura. (Contía: 65.000 pesetas).

Zona C: abrangue as comunidades autónomas de Andalucía, Murcia, C. Valenciana, Cataluña e Illas Baleares. (Contía: 85.000 pesetas).

Zona D: abrangue a Comunidade Canaria. (Contía: 120.000 pesetas).

7.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8.-Publicación da resolución da concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta bancaria que indicou o interesado.

9.-Revogación da bolsa.

Dado que para a concesión desta bolsa se está a utiliza-la credencial que testifica oficialmente a concesión ó alumno dunha bolsa da convocatoria xeral do MEC a axuda complementaria que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estará sometida á revogación que, se é o caso, puidese derivarse da bolsa do MEC e, polo tanto, para a revogación teranse en conta as directrices normativas desta convocatoria e as que lle sexan de aplicación da correspondente orde de convocatoria do MEC.

ANEXO V

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS POLA XUNTA DE GALICIA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os decanos ou directores de centros universitarios das tres universidades galegas: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo,

que teñan recollidas nos plans de estudios das titulacións autorizadas e impartidas no seu centro, como mínimo un 20% de horas prácticas a realizar polos alumnos. Para estes efectos, os plans de estudios deberán de estar vixentes.

Igualmente, poderán solicitar estas axudas os decanos e directores de centros cando se trate de prácticas institucionais recoñecidas polo órgano colexiado correspondente (xunta de sección ou xunta de facultade), aínda que non estean no plan de estudios homologado.

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED425A, asinada polo decano ou director do centro do que se trate. Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

-Certificado, de se-lo caso, expedido polo secretario da facultade, escola técnica superior, escola universitaria ou da xunta de sección do acordo polo que se autorizan as prácticas institucionais que non estean nos plans de estudios homologados.

-Memoria breve (máximo dous folios) na que se refira o tipo de prácticas que se vaian realizar, a súa importancia na formación dos alumnos, o lugar onde se realizarían e unha estimación dos custos para os que se solicita a axuda, así como a especificación do período de tempo (inicio e remate) de realización das prácticas.

-Certificación do banco/caixa a nome do centro universitario solicitante.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, s/n. 15704.-Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais,e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 23 de xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Uni

versidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta o interese das prácticas e a distancia quilométrica desde o centro universitario ata o lugar onde se celebren as prácticas.

6.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los gastos de desprazamento e material funxible que sexa obrigado para a realización de prácticas, sempre que estas esixan o desprazamento dos alumnos e, se é o caso, de profesores, fóra da cidade onde está situado o campus.

7.-Número e contía das axudas.

A contía das axudas será repartida en subvencións individualizadas por centros para cada titulación que se solicite, non podendo superar en ningún caso cada subvención individualizada o teito de 300.000 ptas. (trescentas mil pesetas).

8.-Período de desfrute.

As axudas concedidas ó abeiro desta orde terán que executarse dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1996, agás as correspondentes ás titulacións de mariña civil que en función da dispoñibilidade dos barcos nos que se leven a cabo as prácticas poderán realizarse ata o 30 de novembro de 1996. Non se financiarán prácticas fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco prácticas que xa foron financiadas na anterior convocatoria.

9.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

10.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que

se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria do centro universitario que resulte seleccionado.

Nos 15 días seguintes ó da publicación da orde de concesión da acción, o decano, director do centro universitario ou persoa competente xustificará ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación a realización efectiva das prácticas, así como un xustificante dos gastos derivados da realización delas.

Se nón se leva a cabo a actividade no período establecido nesta convocatoria o decano ou director do centro universitario ó que se destinou a axuda estará obrigado a devolve-lo diñeiro que se lle ingresou.

11.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VI

FINANCIAMENTO DE VIAXES PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA CO OBXECTO DE COÑECE-LA LINGUA DESE PAÍS

Dentro da formación dos universitarios, un dos fundamentos básicos é o coñecemento de linguas que lle permitan o acceso á cultura de distintos países.

É obvio que moi diferentes accións están a fomenta-la aprendizaxe dunha segunda lingua. A nova estructura deseñada pola Lei de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro de 1990) establece como un obxectivo terminal do ensino secundario o dominio da capacidade comprensiva e expresiva nunha lingua estranxeira.

Nembargantes, a experiencia actual do noso sistema universitario permite comprobar que unha boa parte dos nosos licenciados que obteñen bolsa de investigación para o estranxeiro dedican os primeiros meses da súa estadía ó fortalecemento das habilidades lingüísticas. Parece, polo tanto, necesario aumenta-lo número de accións, de xeito tal que se ofrezan máis oportunidades de familiarizarse coa lingua estranxeira.

Cómpre engadir ademais que estas accións desenvolven unha función complementaria respecto dun dos retos que xorde coa integración en Europa: o desenvolvemento da dimensión europea do ensino superior tal como foi proposto pola comisión da Unión Europea no seu memorandun sobre o ensino superior. Do que se trata no fondo é de coñece-las linguas da UE comprendendo as peculiaridades étnicas, culturais e sociais de cada país.

Precisamente por iso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca accións destinadas a sufraga-la viaxe a estudiantes matriculados nunha das tres universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que queiran familiarizarse cunha segunda lingua nalgún dos estados membros da Unión Europea.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán ser solicitantes destas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes:

-Posuíren-la nacionalidade española.

-Estaren matriculados no curso 1995-1996 en calquera dos centros pertencentes ás universidades de: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Teren aprobado como mínimo o primeiro curso, con anterioridade á data da orde pola que se convocan estas accións.

-Esta acción será incompatible coa complementaria do programa Sócrates-Erasmus, sempre e cando a estadía que se pretenda facer sexa para perfecciona-la mesma lingua na que se desenvolveu o programa Sócrates-Erasmus.

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED416A, ben polo interesado coma polos pais ou titores legais del. En ámbolos dous casos deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 94, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela, con especificación das convocatorias, e constacia de estar matriculado no curso 1995-96.

No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán achegar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado (con tódolos datos correspondentes a ela).

-Aceptación do centro estranxeiro onde estudiará o solicitante. No caso de que este se desprace polo sistema de intercambio familiar, a constancia de acep

tación pode ser substituída por outra semellante que emitan asociacións ou organizacións recoñecidas.

-Escrito no que se especifique o período de desprazamento.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano,s/n. 15.704 Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 23 de xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Para efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6.-Contía.

As axudas comprenderán unha dotación económica para subvenciona-los gastos de desprazamento ó país de destino.

Estas axudas poderán acadar unha contía máxima de 300.000 pesetas.

A contía exacta determinarase en función da duración da estadía, do país no que se realice, do expediente académico, e dos ingresos familiares.

7.-Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberase desfrutar dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1996. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta que indicou o interesado.

Nos 15 días seguintes os beneficiarios das axudas ás que se refire a presente convocatoria deberán entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, unha fotocopia do diploma expedido polo centro onde estivo estudiando a lingua obxecto da concesión da axuda, así como os billetes orixinais do medio de locomoción utilizado.

O libramento da axuda farase na conta que indicou o interesado/a unha vez realizada a viaxe, e mediante a presentación dos xustificantes a que se refire no parágrafo anterior.

A interrupción ou o aprazamento do período de desfrute ten que lle ser comunicado a esta dirección xeral.

10.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases de convocatoria deste anexo.

ANEXO VII

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN DA UNIÓN EUROPEA DE MOBILIDADE DE ESTUDIANTES (SÓCRATES-ERASMUS)

O día 15 de xuño de 1987 o Consello da Unión Europea decidiu adapta-lo programa de acción comunitaria en materia de mobilidade de estudiantes (ERASMUS). Este programa ten, entre outros, o obxectivo de favorece-la posibilidade de cursar estudios integrados nun estado membro da Unión Europea, adqui

rindo unha experiencia persoal directa da vida económica e social dese estado sen prexudica-lo principio de igualdade de oportunidades.

A mobilidade estudiantil é o obxectivo que mellor acollida obtivo do programa ERASMUS e canalizou unha demanda moi alta; é un dato innegable que a solicitude de bolsas é tres veces máis grande có orzamento dispoñible para esta acción. Cómpre dicir polo tanto que unha das conclusións máis evidentes deste programa é a limitación nas súas posibilidades financeiras, pero cómpre dicir tamén que os estudiantes do programa ERASMUS son na súa grande maioría excelentes embaixadores do seu propio país por medio dos estudios que realizan, contribuíndo á realización da dimensión europeísta da educación dos nosos estudiantes na Unión Europea.

Precisamente por isto a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece axudas económicas destinadas a estudiantes universitarios da Comunidade Autónoma que teñan concedida unha bolsa do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (SÓCRATES-ERASMUS) para o curso 1995/96.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros ERASMUS, as suxestións feitas pola comisión e as universidades, e a confirmación de que a UE porá en marcha un novo programa que combina o mellor de ERASMUS e de LINGUA baixo o nome de SÓCRATES aconsella amplia-las condicións para solicita-la bolsa complementaria ERASMUS que viña convocando esta consellería en anos anteriores recoñecendo a posibilidade de participaren os bolseiros LINGUA.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas quen teñan nacionalidade española e acredite algunha das seguintes condicións:

-Estar matriculado no curso 1995-96, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Ter concedida unha bolsa do programa SOCRATES-ERASMUS.

-Non ter desfrutado esta bolsa en convocatorias anteriores.

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formularanse mediante instancia segundo o modelo ED417A, ben polo interesado coma polos pais ou titores legais del. En ámbolos dous casos deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 94,

dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Copia cotexada da acreditación como bolseiro do programa SÓCRATES-ERASMUS para o curso 1995/96.

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela, con especificación das convocatorias e constancia de estar matriculado no curso 1995-96.

No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán achegar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, s/n. 15704, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 23 de xullo, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Para efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6.-Contía das axudas.

A contía máxima que poderán acadar estas axudas será de 350.000 pesetas como cantidade única que se vaia percibir, para o curso académico 1995-1996.

A determinación da contía de cada axuda establecerase en función da duración da estadía, do país no que se realice, do expediente académico, e dos ingresos familiares.

7.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta bancaria que indicou o interesado.

9.-Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VIII

BOLSAS DE RESIDENCIA PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS DE 1º, 2º OU 3º CICLO, NO CURSO 96-97, EN CENTROS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DESTINADAS ÓS GALEGOS QUE RESIDAN FÓRA DE GALICIA E ÓS SEUS DESCENDENTES

A finalidade desta acción é impulsar e mellora-las oportunidades de estudiar nas universidades galegas ós galegos e ós seus descendentes que residan fóra da Comunidade Autónoma perseguindo o obxectivo claro e decidido de capacitar, formar ou perfeccionar pro

fesionalmente a aqueles, contribuíndo a reafirmación e fortalecemento das súas orixes galegas.

Bases da convocatoria.

1.-Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes, que deberán acreditar documentalmente:

-Ser galego ou descendente de galegos en liña directa (pais-fillos-netos) e ter residencia fóra da Comunidade Autónoma no momento da publicación desta convocatoria.

-Estar en condicións de inicia-los estudios universitarios para os que se solicita a bolsa ó comenzo do curso 1996-97.

-Acredita-la súa admisión nun centro dunha das tres universidades galegas para segui-los estudios regrados de primeiro ou segundo ciclo, e, cando se trate do terceiro ciclo, estar matriculado nun programa de doutoramento impartido nalgún departamento desas universidades. No caso de que non puidera formaliza-la matrícula por estar pendente de asignación da praza no procedemento de ingreso ó sistema universitario de Galicia, certificado da comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG), conforme se atopa incluído na lista de espera.

2.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED428A, ben polo interesado, como polos pais ou titores legais del, acreditando neste caso a relación co posible beneficiario da bolsa.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Copia da tarxeta de identificación persoal (DNI) e NIF ou pasaporte do solicitante.

-Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

-Copia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 95, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

Esta documentación virá visada ou sellada polo Consulado español no país de procedencia.

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela.

No caso de estudios validados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la

media do expediente académico deberán achegar ademais, da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, á referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

-Validación dos estudios cursados conforme a sistemas educativos vixentes noutros países, cando proceda.

-Se a documentación estivese escrita en lingua diferente das que son oficiais en Galicia, xuntarase traducción do documento en cuestión a calquera das dúas linguas oficiais: galego ou castelán.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado, con tódolos datos correspondentes a ela.

3.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de outubro de 1996.

A solicitude e a documentación requirida presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, s/n. 15704, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando , se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados a partir do 11 de novembro, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5.-Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión

farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Para efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6.-Contía das axudas.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía das accións para estudios regrados de 1º ou 2º ciclo non poderá supera-las catrocentas mil (400.000) pesetas e cando se trate de 3º ciclo seiscentas mil (600.000) pesetas brutas.

A determinación da contía de cada axuda, establecerase en función do expediente académico e os ingresos familiares, e destinarase a cubrir total ou parcialmente os gastos de aloxamento e manutención dos beneficiarios.

7.-Período de desfrute.

As bolsas concedidas ó abeiro desta orde terán un período de desfrute coincidente co período académico ordinario do curso que comeza este ano, contando de outubro a xuño. En todo caso, entenderase rematada a axuda, xunto cos beneficios derivados dela, o 30 de xuño de 1997.

Estas bolsas son incompatibles co desfrute de bolsas doutro tipo de accións, tanto de institucións públicas como privadas.

8.-Resolución.

Efectuada a selección pola comisión avaliadora, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora, no prazo de dez días, transcorrido este prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevaralle a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9.-Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no Diario Oficial de Galicia e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo interesado.

10.-Obrigas dos bolseiros que resulten beneficiados.

a) Incorporarse ó comezo do curso académico á universidade e centro no que vaia realiza-los estudios.

b) Ó remate do curso o beneficiario remitiralle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación unha breve memoria (máximo de tres folios) onde consten as actividades realizadas como estudiante ó longo do curso e as cualificacións obtidas nos seus estudios.

12.-Revogación.

A consellería reserva para si o dereito de revoga-la bolsa por incumprimento das bases desta convocatoria.

3778