Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

CONVOCATORIA única para a provision en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e de persoal laboral, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Laxe para 1996.

Bases xerais

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade das prazas vacantes de funcionarios de carreira e persoal laboral incluídas na oferta de emprego público deste concello para o exercicio de 1996 (aprobada polo

Pleno da Corporación en sesión celebrada o 27 de xaneiro de 1996 e publicada no BOE nº 77, do 29 de marzo de 1996), e que se relacionan de seguido, a través do procedemento de selección que se sinala nas bases específicas de cada unha delas:

A) Postos de traballo reservados a funcionarios de carreira:

Grupo, segundo o artigo 25 da Lei 30/1984: C. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: unha. Denominación: administrativo.

B) Postos de traballo reservados a persoal laboral fixo:

Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: operario de servicios múltiples. Número de vacantes: dúas.

Nivel de titulación: diplomado en traballo social. Denominación do posto: asistente social. Número de cantes: unha.

Nivel de titulación: graduado escolar, F.P. primeiro grao ou equivalente. Denominación do posto: auxiliar administrativo para o Xulgado de Paz de Laxe (a tempo parcial). Número de vacantes: unha.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para participaren nos respectivos procesos selectivos, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non pasar daquela na que falten 10 anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Estar en posesión do título esixido nas bases específicas de cada praza ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. No suposto de invocar un título equivalente ós esixidos haberá de xuntarse un certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte.

Para estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas agás nos casos en que sexan incompatibles co normal desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza á que se opte.

Nas probas selectivas estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten expresamente na súa instancia, as adaptacións posibles de tempo e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes.

A condición de minusválidos e a súa compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza á que se opte acreditarase por certi

ficación expedida pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

e) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na normativa vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

g) Os requisitos especiais que en cada caso poidan establecerse nas bases específicas que completan o contido das presentes bases xerais.

Os anteriores requisitos, agás o referido no apartado e), así como os específicos que se esixan para cada unha das prazas, deberanse posuír con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes para participar nos respectivos procesos selectivos axustaranse ó modelo oficial que figura no anexo I desta convocatoria unitaria, e deberán presentarse no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria da respectiva plaza no Boletín Oficial del Estado. As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Á instancia uniráselle inescusablemente:

a) Xustificante acreditativo de ter aboados os dereitos de exame que para cada proba selectiva se sinalen nas correspondentes bases, ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento. Os dereitos de exame poderán ingresarse na conta número 3110000027 da sucursal de Caixa Galicia, sita na rúa Rosalía de Castro na vila de Laxe.

b) Cando nas bases específicas o sistema de selección sexa o de concurso-oposición ou concurso de méritos, achegarase relación circunstanciada dos méritos que aleguen pola orde que se estableza nelas, xuntándolle á dita relación os documentos xustificativos deles (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación da instancia.

c) Aqueles documentos que se establecen nas bases específicas de cada praza.

Cuarta.-Admisión de candidatos.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias o alcalde-presidente do concello dictará resolución, no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, concedéndolles ós aspirantes excluídos, a teor do establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, un prazo de 10 días hábiles para reparación de defectos, se é o caso, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución. De non pre

sentarse reclamacións dentro deste prazo, a relación de admitidos elevarase a definitiva.

2. Na mesma resolución o alcalde-presidente determinará o lugar, hora e data de comenzo dos exercicios e a composición do tribunal cualificador.

3. A publicación da dita resolución no BOP será determinante dos prazos para efectos de posibles impugnacións ou recursos.

Quinta.-Tribunal cualificador.

1. Os tribunais cualificadores das probas selectivas serán designados a teor e de conformidade co disposto no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, facéndose pública a súa composición conforme se establece na base anterior.

2. Tódolos membros vocais dos respectivos tribunais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso ás distintas prazas.

3. Os membros do tribunal absteranse de intervir e comunicaranllo á autoridade convocante cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 citada, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes para probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

4. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal de acordo co disposto no artigo 29 da devandita lei.

5. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

6. O tribunal poderá dispo-la incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, e estes limitaranse unicamente ó exercicio das súas especialidades técnicas con base exclusivamente nas cales colaborarán co órgano de selección.

7. O tribunal cualificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases xerais ou nas específicas.

8. Tódolos membros do tribunal que asistan ás probas percibirán as asignacións que lles correspondan segundo a súa categoría de conformidade co artigo 33.2º del Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servicio e lexislación complementaria.

9. A Comisión Municipal de Goberno resolverá de acordo coa proposta do tribunal, que terá carácter vinculante.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento das probas selectivas.

1. A orde de actuación dos opositores farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu primeiro apelido considerando aplicable o resultado do sorteo que celebre a Secretaría de Estado para a Administración

Pública para establece-la orde de actuación dos aspirantes.

2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamada única, excluíndose das probas selectivas ós que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal cualificador. Os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade.

3. O primeiro exercicio anunciarase como dispón a base cuarta. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración das probas restantes deberán facerse públicas no taboleiro de anuncios da casa do concello.

4. Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirir en calquera momento ós aspirantes que acrediten a súa identidade. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase ó coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, excluirase dela, logo de audiencia do interesado, comunicándollo no mesmo día á autoridade que convocase o proceso selectivo.

Sétima.-Probas selectivas e cualificación dos exercicios.

1. Nas bases específicas que completan o contido das presentes bases xerais, concretarase o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvemento, o sistema de cualificación dos exercicios e os programas respectivos.

2. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de anuncios da casa do concello.

3. O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se fagan por escrito, se o xulga oportuno, e conversar cos aspirantes sobre o seu contido durante un tempo máximo de 15 minutos.

Oitava.-Relación de aprobados.

Finalizada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuacións, non podendo superar estes o número de prazas convocadas e elevará a proposta, con carácter vinculante, xunto coa acta da última sesión, á Comisión de Goberno para que formule o nomeamento pertinente. Ó mesmo tempo remitirálle ó dito órgano colexiado a acta da última sesión, para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento, se se trata de prazas de funcionarios, ou para efectos de formalización dos contratos laborais, se se trata de persoal laboral.

Novena.-Presentación de documentación.

1. Os aspirantes propostos presentarán na Secretaría do concello, no prazo de 20 días naturais, contados a partir da publicación das relacións de aprobados, os documentos seguintes:

a) Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa) do documento nacional de identidade.

b) Copia autentificada ou fotocopia (que deberá de presentarse co seu orixinal para a súa compulsa) do

título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición del. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberáse xustifica-la data en que se finalizaron os correspondentes estudios.

c) Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes á praza á que optou e que será expedido polo xefe local de Sanidade. No suposto de minusválidos, observarase tamén o que establece o apartado d) da base segunda.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

2. Se os aspirantes propostos tiveran a condición de funcionarios públicos ou traballadores laborais fixos ó servicio de calquera das administracións públicas, estarán exentos de xustificaren documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obteren o seu anterior nomeamento, debendo, en tal caso, presentaren certificación do organismo do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

3. Se dentro do prazo indicado, agás nos casos de forza maior, o aspirante proposto non presentara a súa documentación ou non acreditara reuni-los requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, no caso de prazas de funcionarios, ou contratados, se se trata de prazas de persoal laboral, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión (prazas de funcionarios).

1. Concluído o proceso selectivo e achegados os documentos a que se refire a base anterior, a Comisión Municipal de Goberno, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá ó nomeamento dos funcionarios de carreira, os cales deberán tomar posesión no prazo de trinta días, contado do seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril.

2. Quen sen causa xustificada non tome posesión no prazo sinalado, quedará na situación de cesante, coa perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

3. Os aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento estarán obrigados a prestaren a súa xornada de traballo na medida e forma requiridos polo interese

do servicio, con horario de mañá e tarde, ou fraccionando a xornada, se fora preciso.

Décimo primeira.-Formalización do contrato e período de proba (prazas de persoal laboral).

1. Unha vez presentada a documentación a que se refire o apartado anterior a Comisión Municipal de Goberno efectuará o nomeamento dos aspirantes propostos polo respectivo tribunal cualificador.

2. Será nulo o nomeamento de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

3. A formalización do contrato terá lugar no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se practique a notificación do nomeamento.

4. Ata tanto non se formalice o contrato e se incorpore ó posto de traballo correspondente, o aspirante non terá dereito a prestación económica ningunha, podendo especificarse nel o período de proba a que se somete co alcance prevido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

5. Transcorrido o período de proba o seleccionado adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

6. Os aspirantes que sexan declarados aptos e formalicen o correspondente contrato estarán obrigados a prestaren a súa xornada de traballo na medida e forma requiridos polo interese do servicio, con horario de mañá e tarde, ou fraccionando a xornada se fora preciso.

Décimo segunda.-Incidencias.

1. Contra a aprobación das bases xerais e específicas e os actos administrativos que se sucedan poderán recorre-los interesados nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Para o non previsto nestas bases xerais ou nas específicas que as completan, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril e o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Laxe, 18 de abril de 1996.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

Manuel Varela Mariño

Secretario

ANEXO I

Alcalde-presidente do concello de Laxe.

D./Dª..., de... anos de idade, con DNI número..., con domicilio en..., municipio de..., provincia...

EXPOÑO:

Que desexo ser admitido/a ás probas para o acceso a unha praza de... que foi anunciada no BOP nº... de data...

Que reúno todas e cada unha das condicións requiridas na base 2ª das xerais da convocatoria unitaria

e, se é o caso, nas bases específicas da praza á que se opta.

Que lle xunta á presente instancia os documentos esixidos na base 3ª das xerais da convocatoria unitaria. Por iso,

SOLICITA:

Ser admitido/a para a práctica das probas selectivas correspondentes.

Laxe, ... de... de 199...

Bases especificas nº 1/1996 para a provisión en propiedade, por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de administrativo.

Primeiro.-Denominación e clasificación da praza.

Administrativo, pertencente ó cadro de persoal de postos de traballo reservada a funcionarios de carreira, encadrada na escala de administración xeral, subescala administrativa, pertencente ó grupo C), segundo a Lei 30/1984, do 2 de agosto.

Segundo.-Oferta de emprego: 1996.

Terceiro.-Número de prazas que se convocan: unha (1).

Cuarto.-Sistema de seleccion: concurso-oposición, por promoción interna.

Quinto.-Requisitos dos aspirantes:

a) Oertencer á escala de administración xeral, subescala de auxiliares deste concello.

b) Ter unha antigüedade de, alomenos, dez anos na devandita escala.

Sexto.-Dereitos de exame: 1.500 pesetas.

Sétimo.-Tribunal cualificador: estará composto do seguinte modo:

-Presidente: o alcalde da corporación ou membro da mesma en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un representante da escala de funcionarios con habilitación de carácter nacional, nomeado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Depositarios de Administración Local.

Un funcionario de carreira nomeado polo presidente da corporación.

Oitavo.-Probas selectivas: serán as seguintes:

-Fase concurso:

A fase de concurso será previa á de oposición.

Na fase de concurso valoraranse os méritos presentados polos aspirantes, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüedade: por cada ano completo de servicio na categoría de auxiliar administrativo no Concello de Laxe, 0,50 puntos, ata un máximo de 10 puntos.

2. Coñecementos informáticos: cursos de informática sobre sistema operativo UNIX, tratamento de textos AMIPRO, aplicación GIALIX (secretaría e padrón de habitantes), 1 punto por curso, ata un máximo de 3 puntos.

3. Coñecemento da lingua galega:

a) Curso de iniciación: 0,5 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 1,5 puntos

Só se valorara o curso superior.

A acreditación dos servicios prestados efectuarase mediante certificación expedida polo ente público onde se prestaron os servicios.

A acreditación dos cursos sobre coñocementos informáticos efectuarase por fotocopia compulsada da certificación do organismo oficial que os organizou.

A acreditación da realización dos cursos de lingua galega farase mediante certificado expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación.

En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.

-Fase de oposición.

Consistirá na realización dos seguintes ejercicios:

1. Contestar por escrito, no prazo máximo dunha hora, un cuestionario de preguntas baseadas no contido do programa anexo.

2. Realización, no prazo máximo dunha hora, dun ou varios supostos prácticos, propostos polo tribunal, en relación co programa anexo e que poderán consistir en exercicios de carácter informático.

Novena.-Cualificación.

Os exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, serán eliminados os opositores que non alcancen un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O número de puntos que pode conceder cada membro do tribunal será de 0 a 10 en cada un dos ditos exercicios.

A cualificación total de cada un dos exercicios que compoñen a oposición obterase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel.

A cualificación definitiva do concurso-oposición será o resultado de suma-la puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición, maila puntuación resultante na fase de concurso.

Décimo.-Programa.

Para a realización dos exercicios da oposición terase en conta o seguinte programa:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización territorial do Estado na Constitución.

Tema 4. A Coroa. Funcións constitucionais de El-Rei. Sucesión e rexencia.

Tema 5. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento.

Tema 6. O poder xudicial na Constitución. A organización xudicial española.

Tema 7. A Administración central do Estado. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. A Administración periférica do Estado.

Tema 8. As comunidades autónomas. Constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 9. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A Administración Autonómica: organización e estructura básica.

Tema 10. As fontes de dereito administrativo. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. A lei: clases.

Tema 11. O regulamento: clases. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 12. O procedemento administrativo. Principios xerais. Dimensión temporal: días e horas hábiles, cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 13. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo. Os actos presuntos.

Tema 14. O acto administrativo. Concepto, clases e elementos.

Tema 15. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 16. Os recursos administrativos. Clases. Recursos ordinarios e de revisión. As reclamacións económico-administrativas.

Tema 17. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia ó interesado.

Tema 18. As formas de actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 19. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 20. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

Tema 21. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 22. O municipio. O termo municipal. Empadroamento municipal.

Tema 23. A organización municipal. O concello: O alcalde, o pleno, a comisión de goberno e comisións informativas. Competencias.

Tema 24. Estructuras supramunicipales. As mancomunidades de concellos. A comarca.

Tema 25. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedementos de elaboración e aprobación. Os

bandos. Réxime de sesións e acordos dos órganos locais.

Tema 26. O procedemento administrativo na esfera local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 27. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Réxime xurídico das licencias.

Tema 28. Os bens das entidades locais. Regulación. Concepto e clasificación. O dominio público local.

Tema 29. O patrimonio das entidades locais. Conservación e tutela dos bens.

Tema 30. O servicio público. Os modos de xestión.

Tema 31. A contratación administrativa na esfera local.

Tema 32. A función pública local. Cadros de persoal e relación de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios da corporación.

Tema 33. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime económico. A Seguridade Social dos funcionarios locais. Referencia ó persoal laboral.

Tema 34. A facenda local. Ordenanzas fiscais. Clasificación de ingresos.

Tema 35. Os orzamentos locais. Conceptos e estructura. Formación e aprobación. As modificacións orzamentarias.

Tema 36. Réxime xurídico do gasto público local. Ordenación de gastos e orde de pagamentos, órganos competentes. Documentos contables.

Tema 37. Control e fiscalización da xestión económica. Control interno e control externo. A conta xeral: estados e anexos que a forman. Aprobación.

Tema 38. Libros de contabilidade. Obrigatoriedade e requisitos. A apertura da contabilidade.

Tema 39. O planeamento urbanístico. Clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 40. Intervención na edificación e uso do solo. A licencia urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas.

Bases específicas nº 2/1996 para a contratación laboral fixa de dúas prazas de operarios de servicios múltiples.

Primeira.-Denominación e clasificación das prazas.

Operarios de servicios múltiples, pertencentes á plantilla de postos de traballo reservados a persoal en réxime laboral fixo.

Segunda.-Funcións.

Os operarios de servicios múltiples realizarán traballos, reparacións ou obras de calquera índole nos servicios municipais que así o demanden, entre outros o servicio de recollida do lixo, de limpeza viaria e

de sumidoiros, utilizando para iso, cando sexa preciso, os vehículos ou máquinas deste concello.

Terceira.-Oferta de emprego: 1996.

Cuarta.-Número de prazas que se convocan: dúas.

Quinta.-Sistema de seleccion: oposición libre.

Sexta.-Requisitos dos aspirantes.

Deberán reuni-los seguintes:

a) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

b) Estar en posesión do permiso de conducir da clase C-2.

O aspirante debera presentar xunto coa instancia, fotocopia (xunto co orixinal para a súa compulsa) do permiso de conducir da clase C-2.

Sétima.-Dereitos de exame.

Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de mil cincocentas pesetas (1.500).

Oitava.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

Un técnico ou experto designado pola alcaldía.

Un representante do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Coruña.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

Designaranse suplentes para o caso de que non puidesen actuar os titulares do Tribunal.

Novena.-Probas selectivas.

Consistirá nas seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:

-Primeiro exercicio: consistirá en escribir ó dictado durante quince minutos un texto que facilite o tribunal. Cualificarase a limpeza, presentación e faltas de ortografía.

-Segundo exercicio: consistirá en resolver, durante trinta minutos, tres operacións de aritmética, relacionadas coas catro regras, con números enteiros ou decimais.

-Terceiro exercicio: consistirá en realizar unha serie de traballos que determinará o tribunal, relacionados coas tarefas propias do posto de traballo.

-Entrevista persoal: con aqueles aspirantes que superasen a oposición, o tribunal cualificador celebrará unha

entrevista persoal, que puntuará de 0 a 2 puntos.

Décima.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non alcancen un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O número de puntos que pode conceder cada membro do tribunal será de 0 a 10 en cada un dos ditos exercicios.

A cualificación total de cada un dos exercicios - primeiro a terceiro-, que compoñen a oposición, obterase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel.

A cualificación definitiva da oposición será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a mesma, maila puntuación resultante da entrevista persoal.

Décimo primeira.-Relacion de aprobados.

A relación de aprobados confeccionarase de conformidade co establecido na base 8ª das bases xerais da convocatoria unitaria.

Bases específicas nº 3/1996 para a contratación laboral fixa dunha praza de traballador/a social ou equivalente para o departamento de servicios sociais deste concello.

Primeira.-Denominación e clasificación da praza.

Asistente social, pertencente ó cadro de postos de traballo reservados a persoal en réxime laboral fixo.

Segunda.-Funcións.

As propias que se desenvolven nos servicios sociais de base deste concello.

Terceira.-Oferta de emprego: 1996.

Cuarta.-Número de prazas que se convocan: unha.

Quinta.-Sistema de selección: concurso de méritos.

Sexta.-Titulación esixida: diplomado/a en traballo social ou equivalente.

Sétima.-Dereitos de exame.

Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de mil cincocentas pesetas (1.500).

Oitava.-Tribunal calificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais:

A concelleira de Benestar Social do concello.

Un representante do Colexio Oficial de Traballadores Sociais e Asistentes Sociais de Galicia.

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un representante do corpo de funcionarios con habilitación de carácter nacional nomeado polo colexio provincial.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

Novena.-Baremo de méritos.

Os méritos, a forma de acreditalos e a puntuación correspondente a cada un deles será a seguinte:

-Experiencia profesional. Por cada mes de servicio en activo en traballos relacionados coas funcións do

posto de traballo a desempeñar realizados en calquera Administración pública, 0,06 puntos/mes ata un máximo de 4 puntos.

O tempo de prestación de servicios acreditarase mediante a correspondente certificación expedida pola autoridade competente da citada Administración pública.

-Participación en cursos relacionados coas funcións propias da praza a que se aspira. A puntuación máxima será de 2 puntos.

* Por cada curso de 40 horas ou superior: 0,30 puntos.

* Por cada curso entre 20 e 39 horas: 0,20 puntos.

* Por cada curso inferior a 20 horas: 0 puntos.

A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autentificada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

-Por cursiños de galego:

* Iniciación: 0,25 puntos.

* Perfeccionamento: 0,50 puntos.

* Curso básico de galego: 1 punto.

* Curso medio de galego: 1,5 puntos.

* Curso superior/Diploma de traductor de linguaxe administrativa galega: 2,5 puntos.

Só se puntuará o curso de maior titulación.

Só se lles concederá validez, no que á acreditación do coñecemento do galego se refire, ós cursos ou titulacións expedidas ou homologadas polos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.

-Cursos de informática.

-Cursos de wordperfect e Dbase IV ou calquera outro cursiño de informática de 30 ou máis horas, contando 0,25 puntos por cada curso ata un máximo de 1 punto.

-Memoria na que se propoña a forma de organización e programación do servicio social de base nun concello con características similares a este concello: ata 2 puntos.

Décima.-Relación de aspirantes seleccionados.

Concluída a valoración de méritos o tribunal confeccionará a relación dos/das aspirantes pola orde de puntuación obtida por cada un/unha deles/delas seleccionándose o/a aspirante que acadara maior puntuación e elevará a proposta con carácter vinculante xunto coa acta da última sesión á Comisión de Goberno para que formule o nomeamento pertinente.

Bases específicas nº 4/1996 para a provisión en propiedade, mediante o sistema de oposición libre dunha praza de auxiliar administrativo para o Xulgado de Paz de Laxe.

Primeira.-Denominación e clasificación da praza.

Auxiliar administrativo, pertencente a plantilla de postos de traballo reservada a persoal laboral fixo.

Segunda.-Oferta de emprego: 1996.

Terceira.-Número de prazas que se convocan: unha (1).

Cuarta.-Sistema de seleccion: oposición libre.

Quinta.-Funcións.

Desempeña-las tarefas propias dun auxiliar administrativo, tendo encomendadas as funcións da Secretaría do Xulgado de Paz de Laxe.

No suposto de que a carga de traballo nas oficinas municipais así o demandase, ó/á aspirante que ocupe esta praza poderáselle amplia-lo seu horario para prestar servicio naquelas desempeñando as tarefas propias dun auxiliar administrativo.

No suposto de que a Secretaría do Xulgado de Paz de Laxe fose acumulada a outros xulgados, e, como consecuencia disto, tal posto fose desempeñado por un funcionario da Administración de xustiza, o/a aspirante que ocupe a praza quedará adscrito/a a outro posto de contido, titulación e preparación similares nas oficinas municipais.

Sexto.-Titulacion dos aspirantes.

Graduado escolar, FP-1 ou titulación equivalente.

Sétima.-Dereitos de exame: 1.500 pesetas.

Oitava.-Tribunal cualificador.

Estará composto do seguinte modo:

-Presidente: o alcalde da corporación ou membro da mesma en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un representante da escala de funcionarios con habilitación de carácter nacional, nomeado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Depositarios de Administración Local.

Un representante da Escola Galega de Administración Pública.

Novena.-Probas selectivas.

Consistirán na realización dos seguintes exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:

1. Consistirá nunha copia a máquina (non eléctrica) durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 200 pulsacións por minuto. Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza, a exactitude do copiado e a correción que presente o escrito.

2. Consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo dunha hora, un cuestionario de cincuenta preguntas, con respostas alternativas, referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria. Para superar este exercicio precisarase ter un mínimo do 60% das respostas correctas.

3. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema sinalado polo tribunal en relación coas materias comprendidas no pro

grama anexo, aínda que non sexa da mesma denominación cá que figura no programa, valorándose a facultade de redacción, o nivel de formación, a composición gramatical e a claridade de expresión.

Décima.-Cualificacion.

Os exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non alcancen un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O número de puntos que pode conceder cada membro do tribunal será de 0 a 10 en cada un dos ditos exercicios.

A cualificación total de cada un dos exercicios que compoñen a oposición obterase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel.

A cualificación definitiva da oposición será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que a compoñen.

Décimo primeira.-Relación de aprobados.

A relación de aprobados confeccionarase de conformidade ó establecido na base 8ª das bases xerais da convocatoria unitaria.

Décimo segunda.-Programa.

Para a realización dos exercicios da oposición terase en conta o seguinte programa:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 5. O poder xudicial.

Tema 6. Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O seu significado.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 8. Concepto e regulación do procedemento administrativo. O seu comezo, ordenación, instrucción e remate. Referencia ós recursos administrativos.

Tema 9. A responsabilidade da Administración.

Tema 10. A administración local. Entidades que comprende. Regulación actual.

Tema 11. O municipio. O termo municipal; a poboación. O empadroamento.

Tema 12. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados locais. Sesións e acordos.

Tema 13. O persoal ó servicio das corporacións locais. Clases. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime de incompatibilidades.

Tema 14. Os bens das entidades locais. Réxime dos de dominio público e dos de dominio privado.

Tema 15. Os contratos na Administración local. A selección do contratista.

Tema 16. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 17. O orzamento das corporacións locais. Elaboración, aprobación e execución.

Tema 18. O rexistro de documentos. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. A presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas.

Tema 19. O xuíz de Paz. Funcións. Sistema de selección. O secretario do Xulgado de Paz. Funcións.

Tema 20. O Rexistro Civil. As súas funcións.

9603747