Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Polo presente anuncio, ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 9 do SU-3 do PXOU de Ourense, a pedimento de Manuel González González e outros, condicionado á constitución de garantía por importe de dezanove millóns corenta e nove mil setenta pesetas (19.049.070 ptas.) para responder da correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de 15 días, anunciando esta no DOG e no BOP, así como nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan, trala cal, e se non houbese reclamacións nin alegacións, entenderase aprobado definitivamente.

Con base niso e ó abeiro do artigo 146 do T.R.L.S., sométese a exposición pública perante 15 días, contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de maio de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

3583