Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.760

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

En cumprimento co disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 25 de marzo de 1996, acordou convocar asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o día 24 de xuño de 1996, no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra 9, planta 1ª, desta cida

de, ás dezasete horas, en primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día, no mesmo lugar e media hora máis tarde.

A asemblea xeral desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes e constitución da asemblea xeral.

2. Apertura da sesión polo presidente.

3. Designación dos interventores da acta da sesión.

4. Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria), informe de xestión do exercicio 1995, da proposta de aplicación dos resultados ós fins da caixa, así como da xestión do Consello de Administración durante o mesmo período.

5. Informe, aprobación e liquidación, se procede, do gasto da obra benéfico-social do exercicio 1995 e aprobación, se procede, dos orzamentos para o exercicio 1996 e solicitude de prórroga para o exercicio seguinte.

6. Informe da comisión de control sobre a súa actuación durante o exercicio 1995.

7. Definición das liñas xerais do plan de actuación anual da caixa.

8. Nomeamento dos auditores de contas.

9. Proposta de delegación de facultades no Consello de Administración para emitir obrigacións subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos, obrigas de pagamento, obrigacións, cotas participativas e, en xeral, calquera outro título valor autorizados pola normativa vixente.

10. Rogos e preguntas.

11. Intervención do presidente.

En cumprimento do disposto no artigo 20, 1º, dos estatutos da entidade, quince días antes, como mínimo, da celebración da asemblea, quedarán depositados na sede central, á disposición dos conselleiros xerais, as contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) o informe de xestión e a proposta de aplicación do resultado ós fins propios da caixa, os informes da comisión de control e das auditorías realizadas.

Ourense, 6 de maio de 1996.

David Ferrer Garrido

Presidente

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273