Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 6 de maio de 1996, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, limitada á adición de dous apartados ós artigos 70.4º e 81 da normativa. Así mesmo, acordou estima-la alegación relativa á expresión do artigo 81 en canto di «sen alterar outras determinacións», que se substituirá por «sen alterar ningunha outra determinación», desestimando as outras alegacións.

Este acto terá eficacia e entrará en vigor conforme o establecido no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo (DOG nº 134, do 13 de xullo de 1995).

A Coruña, 10 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

3425