Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 178/1996, do 9 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras dun proxecto de travesía en Cambre, E.P. 1704, Cambre a Carral.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 20 de decembro de 1994, acordou aproba-lo proxecto de travesía de Cambre, E.P. 1704, Cambre a Carral, e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4 de marzo de 1996 de baixo o número 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19 de marzo 1996, nº 3989.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns de urxencia que fan neca execución de as obras sen dilacións, posto que o estado do pavimento da estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a existencia de numerosas curvas, (que é preciso suprimir) e un trazado deficiente e perigoso, así como a intensidade media de tráfico, provocan un altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomia de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de travesía en Cambre, E.P. 1704, Cambre a Carral.

Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2274