Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.741

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 177/1996, do 20 de maio, polo que se nomea a Jesús Carlos Palmou Lorenzo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

De conformidade co artigo 16.3º, do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1º, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro,

Nomeo a Jesús Carlos Palmou Lorenzo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

3684