Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 20 de maio de 1996 Páx. 4.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (249/1995-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguido baixo o número 249/1995 ante este xulgado, a pedimento de Banco Popular, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Antonio López Candal e Josefa Iglesias Blanco, en reclamación de 53.464.714 ptas. de principal, xuros pactados e custas, por medio da presente cédula notifícaselle-la existencia deste procedemento ás entidades Banco Simeón, S.A. e Banco de Galicia, S.A., como acredores dos demandados, para que poidan, se lles conviñese, intervir na poxa ou satisfacer antes do remate o importe do crédito e os xuros e custas na parte que está asegurada coa hipoteca do predio, quedando no dito suposto subrogados nos dereitos do demandante.

E para que lles sirva de notificación en forma ás ditas entidades, de conformidade co disposto no parágrafo segundo da regra quinta do artigo 131 da Lei hipotecaria e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

9603710