Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 20 de maio de 1996 Páx. 4.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 8 de maio de 1996 de axudas a medidas forestais na agricultura.

O Regulamento CEE nº 2080/1992, do Consello, do 30 de xuño, establece un réxime de axudas ás medidas forestais na agricultura.

Este réximen comunitario está destinado:

-Á utilización alternativa das terras agrarias a través da forestación.

-Ó desenvolvemento de actividades forestais nas explotacións agrarias.

No seu preámbulo considérase que, en moitos casos, as actividades de forestación de terras agrarias poden ser realizadas por particulares que non sexan titulares de explotacións agrarias e que, por conseguinte, convén tomar medidas destinadas a incentivar a esas persoas, e que é oportuno, polo tanto, establecer una prima por hectárea para a súa concesión ós particulares que, sen ser titulares de explotacións agrarias, efectúen tarefas de forestación de terras agrarias.

Ademais, considérase que en numerosas zonas da Comunidade a forestación de terras agrarias pode ser efectuada polas autoridades públicas e, especialmente, as locais; por conseguinte, convén apoiar e reforza-las actividades de forestación levadas a cabo por estas autoridades.

Para a aplicación do dito regulamento comunitario e tras publicarse o R.D. 378/1993, do 12 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias do MAPA subscribiron un convenio destinado ó financiamento de medidas para o fomento de investimentos forestais en explotacións agrarias.

Na súa virtude, a Xunta de Galicia por medio do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, aprobou o programa rexional de axudas a medidas forestais na agricultura, habilitando no artigo 14 a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las normas de tramitación das solicitudes que se presentan ó abeiro deste programa.

A publicación do R.D. 2086/1994 supuxo modificacións do citado R.D. 378/1993.

Finalmente, o novo Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro, polo que se establece un réxime de axudas para fomentar investimentos forestais en explotacións agrarias e accións de desenvolvemento e aproveitamento dos bosques nas zonas rurais, recolle modificacións dalgúns preceptos que permitan asegura-la consecución dos obxectivos previstos, en especial no que se refire ó mantemento das plantacións realizadas, derrogando o R.D. 378/1993 e o R.D. 2086/1994. Así mesmo, establece a vixencia do convenio subscrito ó abeiro do disposto no artigo 29 do R.D. 378/1993 entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coa Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 205/1991, do 15 de marzo, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas.

Constitúe o obxecto da presente orde a repoboación forestal de terras agrarias así como a mellora das superficies forestais en explotacións agrarias.

Considéranse terras agrarias aquelas que fosen obxecto dalgún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992, contribuísen á formación da renda do titular da explotación e sexan susceptibles de forestación. As ditas terras serán as comprendidas nalgún dos apartados seguintes:

1. Terras ocupadas por cultivos herbáceos (terras arables).

2. Barbeitos e outras terras non ocupadas.

3. Hortas familiares.

4. Terras ocupadas por cultivos leñosos.

5. Prados naturais.

6. Pasteiros.

7. Sobreirais.

8. Monte a pastoreo e soutos con menos do 20% de cobertura arbórea.

9. Ermo a pastos.

Entenderase por aproveitamento agrario regular o obtido tendo en conta as características do solo e clima de cada zona.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas os comprendidos nalgún dos seguintes puntos:

1) Titular da superficie agraria.

2) Arrendatario por período superior a 15 anos ou quenda que posibilite o proxecto de repoboación.

3) Calquera persoa física ou xurídica de dereito privado, ou entidades locais e outras entidades públicas que soliciten axudas para gastos de forestación e primas de mantemento, aínda que non sexan titulares de explotacións agrarias.

4) As agrupacións formadas por titulares de explotacións agrarias, cun mínimo de cinco titulares, non sendo necesario que se constitúan con personalidade xurídica, para realizar en común as seguintes actividades forestais:

a) Plantación forestal en superficies agrarias.

b) Mantemento e xestión da plantación.

c) Prevención e extinción de incendios.

d) Tratamentos silvícolas.

e) Calquera outro investimento de natureza forestal.

No caso de novas plantacións, realizarán en común, polo menos, as actividades previstas nos apartados a), b) e c) do parágrafo anterior. No caso de mellora de plantacións existentes, realizarán en común as

actividades previstas nos apartados c), d) e e) do dito parágrafo.

As comunidades de montes veciñais en man común e as sociedades agrarias de transformación terán a consideración de agrupación forestal.

Artigo 3º.-Tipos, importe e duración das axudas.

1) Gastos de repoboación forestal.

O importe desta axuda virá determinado polo orzamento aprobado da actuación, sen que poida exceder dos máximos en pesetas por hectárea que se establecen a continuación:

Repoboación. Quenda mínima de explotación 15 anos.

Topes máximos en ptas. por ha

Titular

individual

Titular

agrupado

Especies do anexo I182.500200.000
Especies do anexo I cun mínimo dos anexos II ou III do:
25%208.600230.000
50%235.000267.000
75%260.500287.000
Especies do anexo II na súa totalidade313.000344.000
Especies do anexo III na súa totalidade339.000373.000
Forestación de espacios naturais protexidos de acordo co plan de ordenación, especies dos anexos II ou III417.000459.000

Para plantacións con eucalipto e chopo híbrido de producción aproveitadas en quenda menor de 15 anos, o importe máximo destas axudas será de 125.000 ptas./ha, sen que poidan aprobarse primas de mantemento nin de compensación de rendas e soamente serán aplicables a agricultores a título principal (persoa física ou xurídica que obtén polo menos un 50% da súa renda procedente da actividade agraria exercida na súa explotación e que dedica a actividades non relacionadas coa explotación un tempo de traballo inferior á metade do seu tempo de traballo total).

As plantacións de eucalipto e chopo híbrido de producción que sexan aproveitadas en quenda maior de 15 anos serán consideradas como pertencentes ó anexo I desta orde, e poderán aprobarse para elas, ademais dos gastos de forestación, primas de mantemento e primas compensatorias.

O importe dos gastos de forestación aboarase nun só pagamento, unha vez realizada a correspondente certificación.

2) Prima de mantemento.

Está destinada ó coidado da plantación realizada.

Aplicaranse os valores máximos seguintes:

Titular

individual

Titular

agrupado

Repoboacións forestais especies anexo I25.00030.000
Repoboacións forestais especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I30.00035.000
Repoboacións forestais especies dos anexos II e III40.00048.000

Estes importes serán aboados nos anos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º seguintes ó ano da certificación final dos traballos, podendo agruparse os ditos pagamentos en varias anualidades cando razóns de índole meteorolóxica ou outros fenómenos naturais así o aconsellen. Así mesmo, poderán sumarse cos gastos de forestación para a distribución do seu importe global.

Non se poderá percibir unha nova prima de mantemento hasta que transcorran os anos correspondentes ás primas acumuladas.

3) Prima compensatoria.

Tén por obxecto compensa-la perda de renda que se produce por cambio de uso agrícola a uso forestal ós titulares dos aproveitamentos agrarios dos terreos.

Aplicaranse os valores máximos seguintes:

a) No caso de agricultor a título principal:

Primeiras

25 ha

Resto

superficie

Repoboación con especios anexo I23.00020.000

Repoboación con especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I32.00025.000

Repoboación con especies anexos II e III40.00035.000

b) No caso dos restantes titulares de explotacións agrarias:

Primeiras

25 haResto

superficie

Repoboación con especios anexo I15.00012.000

Repoboación con especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I20.00015.000

Repoboación con especies anexos II e III25.00020.000

Ás ditas cantidades máximas aplicaranse as seguintes porcentaxes:

Tipo de superficie agraria.

1. Cultivos herbáceos e praderías artificiais (terras arables): 100%

2. Barbeitos e outras terras non ocupadas: ...

3. Hortas familiares: 100%

4. Cultivos leñosos: 100%

5. Prados naturais: 50%

6. Pasteiros: 20%

7. Sobreirais: ...

8. Monte a pastoreo con menos do 20% de cobertura arbórea: 10%

9. Ermo a pastos: 20%

A prima compensatoria terá unha duración máxima de 20 anos contados a partir do seguinte ó da certificación final dos traballos de repoboación.

Os importes serán aboados nos anos 2º, 3º e sucesivos ata o ano 21º.

A prima compensatoria de cada beneficiario será a correspondente ós predios nos que a plantación dea dereito a ela.

Para as primas compensatorias establécese un máximo anual por beneficiario de 4.200.000 ptas. Cando se trate de explotacións agrupadas o dito máximo pode chegar a 5.250.000 ptas. por explotación individual que se agrupe.

A tramitación das primas compensatorias queda condicionada a que a repoboación forestal presente unha espesura acorde coa idade e que o seu estado vexetativo sexa o adecuado para garanti-la súa continuidade.

As primas de compensación de rendas non poderán ser concedidas ás entidades locais nin a outras entidades públicas.

4) Mellora de superficies forestais en explotacións agrarias.

Aplicaranse os valores máximos que se indican a continuación, desagregados nos prezos máximos de unidades de obra, reflectidos no anexo VI da presente orde.

4.1. Ata 62.600 ptas./ha para realización de traballos silvícolas e tratamentos contra pragas e enfermidades.

4.2. Ata 104.000 ptas. por unidade de punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m3 de auga. Se non houbese manancial ou regueiro e fose necesario construír un depósito pechado de formigón, a axuda poderá alcanzar 208.600 ptas.

4.3. Ata 21.000 ptas./ha para equipa-la de novas devasas ou limpeza dos antigos.

4.4. Ata 522.000 ptas./km para construír camiños forestais. Este importe segundo proxecto, no caso de terreos accidentados, poderá alcanzar hasta 1.575.000 ptas./km sempre que se xustifique adecuadamente no proxecto, incluíndo en todo caso cálculo de movemento de terras.

4.5. Ata 167.000 pesetas para a rexeración ou mellora de sobreirais. A criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes este importe pode chegar a 313.000 ptas. por hectárea.

As axudas indicadas no punto 4.1 non poderán concederse durante o quinquenio de aplicación da prima de mantemento.

Artigo 4º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1 A concesión de axudas está condicionada, cando o orzamento do investimento sexa superior a 1.000.000 de pesetas, á presentación dun proxecto técnico asinado por técnico forestal competente e visado polo correspondente colexio oficial. O dito visado será esixible coa presentación da solicitude. Cando o orzamento do investimento sexa igual ou inferior a 1.000.000 de pesetas, será necesaria a presentación dunha memoria técnica, onde se definirán as accións obxecto da axuda co rigor necesario para garanti-la adecuada metodoloxía das accións.

2 As memorias técnicas descritivas dos traballos deberán conter, como mínimo, os seguintes puntos:

2.1. Obxectivos dos traballos.

2.2. Estado legal.

-Titularidade da superficie e número de parcelas.

-Extensión, límites de actuación e localización.

2.3. Medio físico.

-Características climatolóxicas básicas: temperaturas, precipitacións e ventos dominantes.

-Vexetación actual e usos do solo.

-Tipo de solo: pedregosidade, profundidade, humidade e fertilidade. Zonas de encharcamento.

-Topografía: pendentes e orientación.

2.4. Execución dos traballos.

-Método de repoboación, de melloras e descrición dos traballos.

-Densidade de plantación e tipo de planta que se vai utilizar.

-Garantía de orixe da planta forestal.

-Accións previstas durante a vixencia da prima de mantemento.

-Cartografía adecuada, cunha escala mínima 1:10.000, e croquis detallado de localización e delimitación dos distintos traballos que se van realizar.

2.5. Orzamento.

-Cadro de prezos unitarios.

-Medicións.

-Orzamentos parciais e total.

3 Os proxectos de repoboación que afecten a unha superficie continua igual ou superior a 10 ha, deberán incluír un plan de infraestructuras viarias e de defensa contra o lume que garanta a persistencia da masa creada.

4 Para orzamentos aprobados de investimento superiores a 5.000.000 de pesetas será necesaria dirección de obras e certificación final por técnico forestal competente.

5 Os honorarios dos proxectos e das memorias técnicas que estean asinadas por técnico forestal competente poderán ser incluíbles nos gastos de forestación ou/e mellora, sempre que presenten factura-minuta co visado colexial. Ó incluír estes gastos, non se poderá supera-lo tope máximo por hectárea fixado no artigo 3 punto 1.

6 Tódolos proxectos incluirán como cartografía planos oficiais a escala 1:10.000, ou escala superior. Ademais presentarase un croquis detallado coa localización, delimitación e tipo de traballos.

7 Para a avaliación e control das repercusións sobre o medio ambiente aplicarase o establecido polo artigo 13 do anexo I do Decreto 250/1993, do 24 de setembro.

8 Os traballos lineais de preparación do terreo previos á repoboación executaranse seguindo curvas de nivel. Se non fose iso posible pola pendente do terreo, deixaranse faixas horizontais de 2 metros sen alterar cada 20 metros, e dotarase os buratos dunha contrapendente.

Artigo 5º.-Outras condicións técnicas.

1 As densidades mínimas de plantación, salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica, deberán se-las seguintes:

a) Coníferas: 800 plantas/ha.

b) Chopo híbrido: 200 plantas/ha.

c) Castiñeiro e nogueira: 200 plantas/ha.

d) Resto frondosas: 500 plantas/ha.

2 Coidados culturais mínimos:

Durante a vixencia da prima de mantemento realizarase obrigatoriamente como mínimo:

a) Eliminación da vexetación de competencia.

b) Reposición de marras.

c) Podas de formación no caso de frondosas.

d) Fertilizado cando o estado da planta o demande.

Tódolos labores de fertilizado en repoboacións deberán realizarse, para os efectos da presente orde, con fertilizantes de aplicación localizada e liberación gradual, homologados pola Unión Europea, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evita-la contaminación dos acuíferos.

3 Especies a utilizar:

En cada zona forestal establecida no anexo V do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies índice e series alternativas sinaladas no anexo VI do citado decreto, salvo xustificación en memoria técnica ou proxecto.

4 Características da planta que se vai utilizar.

Deberán observa-las normas de calidade exterior dos materiais forestais de reproducción, regulamentadas na Orde do 21 de xaneiro de 1989 do MAPA, así como a Orde do 3 de agosto de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. En calquera caso cumprirán os seguintes puntos:

a) Non será admisible a utilización de plantas con feridas non cicatrizadas, en mal estado fitosanitario, parcial ou totalmente desecadas, talo con varias guías ou insuficientemente lignificado, sistema radical enrolado ou deteriorado.

b) As coníferas e o eucalipto deberán ter unha altura superior a 15 cm con 1-2 zumes. As frondosas terán polo menos 30 cm de altura e 1-2 zumes salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica.

c) Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no correspondente Rexistro Oficial de Productores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, debendo figura-lo seu número nas facturas que emitan así como a orixe da semente ou planta e nº de pasaporte fitosanitario da subministración.

5 As pistas forestais deben ter un largo mínimo de plataforma de 3 metros cun máximo de 5 metros e estar dotadas de canles de desaugamento e foxos. A densidade máxima de pista que se acadará con estas axudas será de 40 metros por hectárea, densidade referida á superficie posta en servicio coa pista que deberá ser constatada cuantitativamente e cartograficamente en proxecto ou memoria técnica, salvo xustificación nos ditos documentos. A pendente máxima admisible da rasante será do 12%. Estarán dotadas de apartadoiros suficientes para garanti-la circulación en ámbolos sentidos. Adaptarase o trazado da pista ás formas do contorno natural e evitaranse moiros con pendentes superiores ó 100%.

6 Nos puntos de auga que se vaian instalar en superficies forestais deberá xustificarse a súa necesidade e conveniencia mediante o correspondente informe

favorable de idoneidade do Servicio Provincial de Defensa Contra Incendios Forestais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

7 Os tratamentos fitosanitarios en masas forestais afectadas por pragas e outras patoloxías deberán acadar unha superficie mínima de 25 ha formando masa continua ou rodais menores se estivesen suficientemente illados doutras masas arbóreas. Serán tramitadas axudas para patoloxías concretas que requiran un tratamento específico de pés individuais, sen límite de superficie.

8 As devasas terán un largo mínimo de 10 metros, con decapado ata solo mineral.

9 O producto que se empregue nos tratamentos fitocidas será de tipo sistémico, non residual e aplicarase puntualmente.

Artigo 6.-Prioridades.

Aplicarase o criterio establecido no artigo 8 do Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro.

Artigo 7º.-Superficies agrarias excluídas.

1 A superficie mínima de forestación ou de mellora para os efectos da presente orde será de 1 ha en couto redondo, con independencia da superficie total da petición.

Poderán considerarse solicitudes que supoñan a ampliación de superficies forestadas con anterioridade, mantendo a colindancia, a mesma especie e que sexan superiores a 5.000 metros cadrados.

Para as especies do anexo II e para o carballo americano, poderán admitirse superficies maiores de 5.000 m2 cando as condicións estacionais de solo, clima, orientación e demais parámetros do medio físico aconsellen realizar plantacións coas ditas especies.

Igualmente, poderán admitirse solicitudes para realizar traballos en varios predios, maiores de 5.000 m2 cada un, non colindantes, sempre que pertenzan ó mesmo propietario, estean situados no mesmo concello, e o conxunto deles sexa superior a tres hectáreas.

Poderá admitirse a solicitude conxunta de dous ou máis propietarios sempre que entre eles reúnan unha superficie en couto redondo maior ou igual a unha hectárea e realicen os traballos co mesmo criterio. A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible ó representante nomeado de mutuo acordo entre eles.

2 En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación ou mellora en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

3 Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presente axudas.

4 Están excluídas da aplicación da presente orde aquelas superficies agrarias que non tiveran algún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992.

5 Non serán obxecto de axuda os gastos de reforestación de plantacións destruídas por catástrofes naturais ou incendios.

Artigo 8.-Compromisos.

1. O titular comprométese a mante-la repoboación forestal conforme as condicións de certificación e a conserva-lo bosque creado durante un mínimo de 15 anos, (agás agricultores a título principal en especies de crecemento rápido que poderán aplicar quendas menores e peticionarios de prima compensatoria durante máis de quince anos), e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia ou falta de coidados silvícolas por parte do beneficiario.

2. Se as superficies forestadas se transmitiran en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo este cumpri-las condicións esixibles para a percepción das axudas que lle foron outorgadas.

3. No caso de solicitude de melloras silvícolas en masas forestadas existentes, o titular comprométese a mante-la masa xa mellorada sen cortar durante un período mínimo de 3 anos.

4. As superficies repoboadas no ámbito desta orde non poderán dedicarse a ningún uso agrícola durante o período no que os beneficiarios se comprometesen a mantelas forestadas. Así mesmo, non poderán ser dedicadas a pastoreo durante os anos nos que esta práctica poida dana-las novas plantacións, a criterio do persoal técnico dos servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais.

5. No caso de abandono, incendio ou destrucción da plantación por calquera causa, suspenderanse tódalas axudas pendentes, ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven.

6. No caso de empregarse fertilizante granulado para a fertilización, o beneficiario deberá comunicarlles ós servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais con 15 días de antelación a data na que se procederá a efectua-lo fertilizado, co fin de proceder á súa certificación durante o proceso.

7. Nas solicitudes que se refiran a tratamentos fitosanitarios, o peticionario deberá comunicarlles ós servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais, con alomenos 15 días de antelación, a data de aplicación do tratamento. No caso de que o tratamento non fose suficientemente efectivo, o peticionario terá a obriga de repetilo.

Artigo 9º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes das axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo XI adxunto, facilitados polos órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. As ditas solicitudes presentaranse nas oficinas dela, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

2. As carátulas, total e correctamente cubertas, deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

2.1. En todo caso e para todo tipo de beneficiarios:

a) Documentos acreditativos da condición de beneficiario reflectidos no artigo 2º da orde:

a.1. No caso de ser titular dos terreos:

-Fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada de se-lo titular da propiedade. Na dita declaración (anexo VIII), farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie, lindeiros e localización delas.

a.2. No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios:

-Fotocopia dos títulos de propiedade ou declaración xurada de ser titular do terreo de cada copropietario e documento privado no que se acredite o consentimento asinado de tódolos copropietarios e a representatividade do solicitante para realiza-la acción obxecto da subvención.

a.3. No caso de ser arrendatario:

-Fotocopia compulsada do documento acreditativo do arrendamento. Se se tratara dunha repoboación, este permitiría tal actividade e sería por un período igual ou superior ó da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación.

a.4. Cando o beneficiario non sexa o titular do solo ou voo obxecto da axuda, a petición da axuda farase polo cesionario ou titular do acordo, debéndose cubrir neste caso o apartado que para tal fin figura no anexo VIII bis, e acompañar fotocopia do DNI do propietario ou representante legal deste.

Para o pagamento correspondente ó importe dos gastos de forestación, mellora e primas de mantemento, presentarase certificación bancaria a nome do beneficiario.

Para o pagamento da prima compensatoria presentarase certificación bancaria de conta aberta a nome do titular do dereito sobre o aproveitamento agrario dos terreos.

b) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF.

c) Memoria técnica ou proxecto, segundo as condicións reflectidas no artigo 4.1º e 4.2º da presente orde.

d) Croquis ou cartografía de situación dos predios e delimitación dos traballos, con indicación de accesos e lindeiros.

e) Plano das superficies que se van traballar cunha escala mínima 1:10.000.

f) Certificación bancaria na que figuren os datos da conta a nome do beneficiario. A dita certificación será cuberta pola entidade bancaria sobre o impreso de solicitude.

No caso de agrupacións forestais a dita certificación bancaria será a correspondente ó representante da agrupación.

g) Declaración xurada do titular dos terreos na que conste que o terreo obxecto da subvención tivo algún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992 e contribuíu á formación da renda do titular.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do beneficiario.

a) Persoa física ou xurídica que sexa agricultor a título principal (ATP).

a.1. Fotocopia da cartilla da Seguridade Social Agraria ou solicitude de alta.

a.2. Declaración xurada ou xustificación fiscal de ser agricultor a título principal. No caso de persoa xurídica presentarase ademais certificación do presidente da dita entidade acreditativa de que a maioría dos seus socios ou compoñentes teñen a condición de ATP.

a.3. Para efectos de prioridade nos casos enmarcados no artigo 7, puntos a), b) e c) do Decreto 250/1993 da Xunta de Galicia acompañarase segundo os casos:

Certificación das direccións provinciais do MAPA do abandono definitivo da producción leiteira ou certificación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes conforme se acolleu ó arrinque do viñedo durante algún dos dous últimos anos.

b) Comunidades de montes veciñais en man común e outras entidades con personalidade xurídica (SAT, SA, SL, UTM, etc.,):

b.1. Certificado do secretario da Xunta de Montes de posuí-los estatutos da comunidade en regra, figurando a composición da xunta rectora actualizada.

b.2. Certificado do acordo tomado en asamblea xeral conforme autorizan a xunta rectora a solicitar axudas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a execución das accións obxecto da solicitude.

No caso de montes consorciados ou conveniados coa Administración será esixible un informe técnico de viabilidade e idoneidade das accións propostas cos plans de xestión do monte, redactado polo Servicio Provincial de Montes. As ditas accións soamente poderán executarse naquelas partes do monte nas que non se teña previsto realizar investimentos pola Administración ó abeiro do consorcio ou convenio.

c) Agrupacións forestais:

-Acordo constitutivo da agrupación forestal segundo modelo correspondente (anexo IX).

d) No caso de solicitudes para realizar pistas forestais, devasas ou puntos de auga, nas que figure como beneficiario un concello:

-Certificado do concello no que conste:

d.1. Que ten o permiso de tódolos propietarios para dispoñer dos terreos que poidan verse afectados pola construcción da obra.

d.2. Que o alcalde foi designado polo pleno do concello para exerce-la representatividade na solicitude de axuda.

e) No caso de solicitude conxunta de dous ou máis propietarios para reuni-la superficie mínima requirida, será necesario cubri-lo anexo XII e xuntalo á documentación presentada.

2.3. Outros documentos:

a) No caso de solicitudes para melloras de superficies forestais en explotacións agrarias:

a.1. Declaración xurada de que alomenos o 25% da renda total do beneficiario procede da actividade agraria exercida na súa explotación.

a.2. Declaración xurada de non proceder á corta da masa forestada xa mellorada durante un mínimo de 3 anos.

b) No caso de solicitantes de prima compensatoria será necesario que estes presenten:

-Declaración xurada de non estar acollido ó cesamento anticipado da actividade agraria.

Ademais deberán cubri-lo anexo X cos predios afectados e engadilo á solicitude.

c) No caso de solicitudes de repoboación con especies de crecemento rápido, explotadas en quendas maiores de quince anos:

-Declaración xurada na que se faga consta-lo compromiso do mantemento da masa nesa quenda.

3. A todas aquelas solicitudes nas que a carátula non estea correctamente cuberta ou carezan de toda a documentación necesaria, seralles requirida a reparación dela nun prazo de dez días, sendo arquivadas no caso de non ser emendadas.

4. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

5. Prazos de presentación de solicitudes e de notificacións de fin de traballos:

5.1. Solicitudes 1996. Prazo de solicitudes para realizar traballos en 1996: o prazo de presentación será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da presente orde.

O último día para notifica-lo remate dos traballos con cargo ó orzamento de 1996 será o 1 de novembro de 1996, salvo causa xustificada ou motivo de forza maior, segundo criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

5.2. Solicitudes 1997. Prazo de solicitudes para iniciar e remata-los traballos en 1997: o prazo comezará ó día seguinte de remata-lo prazo de presentación de solicitudes 1996 exposto no punto anterior, anunciándose no DOG durante 1997 a data de finalización do prazo.

As solicitudes aprobadas ó abeiro desta orde antes da publicación no DOG da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997 deberán notifica-lo remate dos traballos antes do 1 de xuño de 1997, e as solicitudes aprobadas posteriormente terán que notifica-lo fin dos traballos antes do 1 de novembro de 1997, salvo causa xustificada ou motivo de forza maior, segundo criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 10º.-Tramitación.

1. O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas,

unha vez realizada a inspección previa dos terreos e a proposta da Dirección Xeral de Montes e M.A.N., de acordo cos termos da presente orde.

2. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes comunicará nun máximo de 90 días a partir do remate dos prazos de admisión de solicitudes a aprobación e contía das axudas. A falta de comunicación no citado prazo entenderase desestimatoria da petición de axuda, esgotando a vía administrativa e contra a que poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. O cambio de destino do investimento ou a súa modificación deberá ser xustificada e esixirá autorización previa da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Non se admitirán peticións de modificación unha vez que o expediente fose aprobado, agás as que se fundamenten nun erro mecanográfico ou de omisión por parte da Administración.

4. Nos proxectos e memorias técnicas que, unha vez revisados polo persoal facultativo da Dirección Xeral de Montes e M.A.N., conteñan prezos de unidades de obra superiores ós habituais, ou non se correspondan co nivel de dificultade real, ou non estean debidamente xustificados, realizarase a correspondente inspección previa, para a que será citado o técnico asinante da memoria ou proxecto. No caso de que non queden fidedignamente demostradas as devanditas alteracións, serán devoltos ó solicitante, para a súa modificación nun prazo non superior a quince días hábiles. No caso de non modificarse nese prazo, procederase ó arquivo do expediente.

5. Unha vez aprobado un proxecto, se a súa execución é plurianual, as peticións en anos sucesivos de axudas para accións previstas nel, bastará con que fagan referencia ó citado proxecto aprobado.

6. A axuda definitiva será a resultante da certificación final por parte de persoal da Dirección Xeral de Montes e M.A.N.

No caso de que os traballos non se axusten ós previstos en natureza ou intensidade, ou ás normas dictadas pola Dirección Xeral de Montes e M.A.N., poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente ó efectua-la certificación.

Poderán admitirse certificacións parciais, a petición por escrito do interesado, que se referirán preferentemente a unidades de obra completas e soamente se considerarán para orzamentos totais aprobados maiores de 5 millóns de ptas.

Artigo 11º.-Comprobacións.

1. Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo beneficiario, podendo tamén ser calculados mediante a valoración do número de unidades de obra realizadas e os prezos unitarios aprobados.

2. En todo caso presentaranse facturas detalladas da planta utilizada e dos fertilizantes empregados. Así mesmo, serán necesarias facturas desagregadas en caso de axudas para a construcción ou mellora de devasas e construcción de pistas forestais e puntos

de auga. As ditas facturas serán presentadas necesariamente xunto coa notificación do remate dos traballos.

3. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.

4. En ningún caso poderán iniciarse os traballos antes da inspección previa, salvo autorización expresa dos servicios de Montes e Industrias Forestais.

5. O beneficiario comprométese en todo momento a facilita-las tarefas de inspección ó persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en materia relacionada coa presente orde.

Artigo 12º.-Revocacións.

1. A axuda poderá revogarse se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Execución de menos do 40% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

b) Incumprimento do dictado no punto 5 do artigo nº 9.

c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos do Decreto 250/1993, do 24 de setembro.

d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destina-las axudas para fins distintos ós sinalados na solicitude.

2. Nestes supostos, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas, sen prexuízo das responsabilidades ás que houbese lugar.

3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecido.

4. Os peticionarios ós que se lle aprobara a súa solicitude de axudas e que, sen causa xustificada, non realizaran os traballos obxecto da mesma no prazo e forma previstos, non poderán obter novas axudas das previstas no programa rexional para o mesmo ou outros predios, durante os cinco anos seguintes a aquel no que rematase o prazo de execución.

Artigo 13º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaranse no 12,5% que corresponde á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.614 C.770.0, por un importe de 138.372.665 pesetas. O resto será financiado por outro 12,5% correspondente ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e o 75% restante polo FEOGA-GARANTIA.

Artigo 14º.-Condición suspensiva inicial.

A aprobación das solicitudes presentadas ó abeiro desta orde, das que os traballos deban iniciarse en 1997, quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos que se aproben para o ano 1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas concedidas na presente orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública para as mesmas finalidades.

Segunda.-As solicitudes formuladas ó abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 1995, de axudas a medidas forestais na agricultura, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán acollerse á presente convocatoria.

Terceira.-As subvencións someteranse en tódolos seus extremos ó previsto no artigo 79 da Lei 11/92, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Cuarta.-No suposto de que as accións previstas na presente orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender solicitudes presentadas para os efectos establecidos na orde de axudas a accións de desenvolvemento dos bosques nas zonas rurais.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolve-la presente orde.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

ESPECIES ARBÓREAS PLANTADAS CO FIN PRINCIPAL DA PRODUCCIÓN DE MADEIRA NUN PRAZO SUPERIOR A QUINCE ANOS

A1 Piñeiro do paísPinus pinaster Ait.

A2 Piñeiro silvestrePinus sylvestris L.

A3 Piñeiro insignePinus radiata D. Don.

A4 PseudotsugaPseudotsuga menziessii

A5 Carballo americanoQuercus rubra.

A6 (Outras coníferas:)

Piñeiro negroPinus uncinata Mill.

Piñeiro laricio,Pinus nigra Arn.

Piñeiro mansoPinus pinea L.

CedroCedrus s.p.

Abeto vermelloPicea excelsa Lam.

AlerceLarix s.p.

A7 (Outras frondosas:)

Falsas acaciasRobinia s.p.,

Gleditschia s.p.,

Sophora s.p.

LiriodendroLiriodendrum tulipifera

A8 EucaliptosEucaliptus spp.

A9 Chopo híbrido de producciónPopulus x spp.

Estas especies, cando teñan como fin a restauración ou a creación de ecosistemas forestais, consideraranse, para tódolos efectos, como especies do anexo II, segundo criterio do persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

ANEXO II

ESPECIES ARBÓREAS DAS QUE A PLANTACIÓN TEÑA COMO FIN PRINCIPAL A RESTAURACIÓN OU A CREACIÓN DE ECOSISTEMAS FORESTAIS PERMANENTES

B1 AmeneiroAlnus glutinosa (L.)

Gaertn.

B2 BidueiroBetula sp.

B3 Chopo brancoPopulus alba L.

Chopo mouroPopulus nigra L.

Chopo tremedorPopulus tremula L.

B4 SalgueiroSalix sp.

B5 PradairoAcer sp.

B6 FreixoFraxinus sp.

B7 CastiñeiroCastanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbridoCastanea X híbrida

(resistente tinta).

B9 Cerdeiras silvestresPrunus spp.

B10 CarballoQuercus robur L.

B11 AbeleiraCorylus avellana L.

B12 FaiaFagus sylvatica L.

B13 CerquiñoQuercus pyrenaica Will.

B14 SobreiraQuercus suber. L.

B15 Nogueira americanaJuglans nigra.

B16 (Outras frondosas:)

NegrilloUlmus sp.

LodoeiroCeltis australis L.

TileiroTilia platyphyllos Scop.

LoureiroLaurus nobilis L.

Sorbeira, capudreSorbus sp.

Carballo albariñoQ. petrea (Matts) Liebl.

CaxigoQ. faginea Lamk.

AciñeiraQ. ilex L.

Castiñeiro xaponésCastanea japonica

B17 (Outras Coníferas:)

AbetoAbies alba Mill.

SequoiaSequoia sempervirens

PíceaPicea sitchensis

CamecíparisChamaecyparis lawsoniana

CriptomeriaCryptomeria japonica

PiñeiroPinus contorta, pinus

ponderosa

LáriceLarix leptolepis

CalocedroCalocedrus decurrens

ANEXO III

ESPECIES ARBÓREAS OU ARBUSTIVAS AUTÓCTONAS DE INTERÉS PARTICULAR EN CERTAS ZONAS POR MOTIVOS DE PRODUCCIÓN DE MADEIRAS VALIOSAS, ENDEMISMOS, PERIGO DE EXTINCIÓN, ...

C1 TeixoTaxus baccata L.

C2 NogueiraJuglans regia L.

C3 ÉrbedoArbutus unedo L.

C4 AcevroIlex aquifolium L.

ANEXO IV

ANEXO DE PRECIOS MÁXIMOS DE UNIDADES DE OBRA

(Prezos superiores ós indicados a continuación deberán ser xustificados en proxecto ou memoria asinada por técnico forestal competente).

I. Acción previa sobre mato.

1. Ha de roza manual (1).

Mato menor de 1 metro de altura 62.600 ptas.

35. Ha de roza manual (1).

Mato maior de 1 metro de altura 83.500 ptas.

2. Ha de roza mecanizada.

Mato menor de 1 metro de altura 48.000 ptas.

36. Ha de roza mecanizada.

Mato maior de 1 metro de altura 63.700 ptas.

3. Ha de roza con faixas de 1,5 m 31.400 ptas.

II. Prepración do solo.

4. Apertura manual dun compartimento picado de 40 cm de diámetro e profundidade mínima de 20 cm 42 ptas.

5. Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm 63 ptas.

6. Apertura manual dun compartimento onde previamente se fai unha preparación lineal do terreo 26 ptas.

7. Apertura manual dun compartimento onde previamente se fai unha preparación total

do terreo 21 ptas.

8. Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm onde se realizou previamente un laboreo lineal do terreo (xustificable soamente en frondosas de 2 zumes repicadas ou con máis de 1 m de altura) 42 ptas.

9. Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm, onde se relizou previamente un laboreo profundo e total do terreo (xustificable soamente en frondosas de 2 zumes repicados ou con máis de 1 metro de altura) 37 ptas.

10. Ha preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm 31.300 ptas.

37. Ha preparación do solo con subsolado cruzado ou pleno con profundidade mínima de 50 cm 55.000 ptas.

11. Ha preparación do solo con pase de grade de ganchos ou discos 21.000 ptas.

12. Ha preparación do solo con pase de rotovator 23.000 ptas.

III. Implantación vexetal sobre solo preparado.

13. Plantación manual dunha conífera dunha ou dúas saibas ou frondosa dunha saiba a raíz núa 24 ptas.

14. Plantación manual dunha conífera dunha ou dúas saibas ou frondosa dunha saiba a raíz núa con preparación lineal ou total do solo 19 ptas.

15. Plantación manual dunha conífera dunha ou dúas saibas ou frondosa dunha saiba en contedor onde se fixo unha preparación puntual do terreo ou sen preparación 19 ptas.

16. Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en contedor con preparación total ou lineal do terreo 16 ptas.

17. Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 metro de altura 52 ptas.

18. Ha de plantación mecanizada sobre solo preparado previamente utilizando retroescavadora, plantadora forestal, tubo plantador, etc. (a xustificar en memoria ou proxecto) máximo 26.000 ptas.

IV. Outras accions incluíbles na forestación.

19. Fertilizado (inclúe fertilizante e mán de obra) 31.300 ptas.

38. Ha de tratamento fitocida 18.000 ptas.

20. Adaptación do material e maquinaria agrícola ós traballos silvícolas. (Máximo 25% gastos repoboación) a xustificar.

21. Peche do predio forestado. (Máximo 30% gastos de forestación) 400 ptas./m.l.

22. Drenaxe a xustificar.

(1) Só se admitirá nos terreos con elevada pedregosidade ou elevada pendente.

ANEXO V

DE PREZOS MAXIMOS POR PLANTA

RaízCepillón

núa

repicada

23. Ud. Conífera 1 zume e 15 cm 16 ptas.32

24. Ud. Pseudotsuga 2 zumes 15 cm32 ptas.50

25. Ud. Frondosa 1 zumes e 35 cm42 ptas.52

26. Ud. Castiñeiro híbrido resistente

hasta 1 m219 ptas.

27. Ud. Castiñeiro híbrido resistente

maior de 1 m271 ptas.

39. Ud. Chopo dun zume

maior de 90 cm110 ptas.

28. Ud. Chopo híbrido de producción

con perímetro colo raíz 8-10 cm e 4 m.313 pts.

29. Ud. Frondosa 2 zumes repicado

maior de 45 cm208 ptas.

30. Eucalipto21 ptas.

31. Ud. de conífera, 1 zume e 15 cm con

terrón 32 pts.

32. Ud. pseudosuga 2 zumes e 15 cm

con terrón 42 ptas.

33. Ud. frondosa 1 zumes 35 cm

con terrón40 ptas.

34. Ud. teixo, acevro ou érbedo200 pts.

No caso de utilización de material xenético mellorado (procedencia controlada, horta sementeira) o prezo máximo por planta incrementarase nun 10%.

ANEXO VI

DE PRECIOS MAXIMOS DE MELLORAS E OUTRAS ACTUACIONS

Melloras e outras accións.

1. Ha de roza manual.(1)

Mato menor de 1 metro de altura 62.600 ptas.

17. Ha de roza manual (1)

Mato maior de 1 m de altura 83.500 ptas.

2. Ha de roza mecanizada.

Mato menor de 1 metro de altura 48.000 ptas.

18. Ha de roza mecanizada.

Mato maior de 1 m de altura 63.700 ptas.

3. Ha de poda baixa (hasta 3 metros de altura) 33.400 ptas.

4. Ha de poda alta 58.400 ptas.

5. Ha tratamento fitosanitario (a xustificaren memoria ou proxecto acompañada de factura proforma) Max. 10.430 ptas.

6. Tratamento contra a Procesionaria 7.300 pts.

7. Tratamento contra a Altica 10.430 ptas.

8. Tratamento contra a Banda Vermella 7.300 ptas.

9. Unidade de tratamento de poda fitosanitaria contra o cancro do castiñeiro 520 ptas.

10. Km pista forestal (apertura) 521.500 ptas.

11. Km amaño de pista forestal 200.830 ptas.

12. Ha equipada de novos cortalumes 21.000 ptas.

13. Ha protexida por limpeza de antiguos cortalumes 11.000 ptas.

14. Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga Max. 104.000 ptas.

15. Punto de auga con depósito pechado de formigón Max. 522.000 pts.

16. Melloras de sobreirais Max. 313.000 ptas.

(1) Só se considerará en terreos con elevada pendente ou pedregosidade.

ANEXO VII

DE GASTOS DE REDACCION DE PROXECTOS E MEMORIAS TECNICAS DE FORESTACION E MELLORAS

1. Honorarios de proxectosegundo tarifa de colexio Ofic.

2. Honorarios de memorias técnicassegundo tarifa de colexio Ofic.

2880