Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 20 de maio de 1996 Páx. 4.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal do Carballiño.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio na r/ A Rosa, 16-3ºB, 15701 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas natural, no termo municipal do Carballiño, na provincia de Ourense, para a subministración a usuarios domésticos, comerciais e industriais, e nunha primeira fase para o almacenamento, distribución e subministración de aire propanado, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, o cal se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: o proxecto das instalacións deséñase a partir da rede de transporte de Enagás, S.A. (ramal de Ourense), o trazado do cal discorre polo dito municipio.

Desde a rede de transporte de Enagás, S.A. alimentarase o punto de entrega de gas natural (PEGN) á rede de Gas Galicia SDG, S.A. No PEGN realizarase a medición do gas, e tamén se reducirá a súa presión desde o rango AP-72 (72 bar) ata o rango MPB (4 bar).

A rede de distribución primaria -básica-, cunha lonxitude de 1.000 m estará deseñada e operará a unha presión máxima de 4 bar, e desde a mesma, ben directamente, ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias no termo municipal citado.

A rede de distribución secundaria, cunha lonxitude de 10.865, deseñarase e operará en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poboacionais e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

Para alimenta-la rede de distribución secundaria, a explotación da cal se realice no rango MPA, instalaranse estacións de regulación, MPB/MPA, ó longo do trazado da rede primaria que distribúa o gas á presión máxima de 4 bar.

O caudal máximo que se transportará será o necesario para atende-la demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto da concesión, estimándose en 500 m (n)/h de aire propanado, de 13.5 termias/m (n), nunha primeira fase e en 1.500 m (n)/h de gas natural na segunda fase.

A planta de aire propanado que se vai instalar no municpio do Carballiño permitirá a subministración dun gas, totalmente intercambiable co gas natural, previo á interconexión das redes de Gas Galicia SDG, S.A., coa rede de transporte de Enagás, S.A.

A planta estará constituída, basicamente, por unha zona de almacenamento e descarga, e a zona de producción.

Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é O Carballiño, na provincia de Ourense.

Orzamento: duascentas sesenta e tres millóns seiscentas sesenta e unha mil pesetas (263.661.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, en Lugo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9603711