Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 10 de maio de 1996 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Ribeiro e Rías Baixas.

O Decreto 835/1972, do 23 de marzo (BOE nº 87, do 11 de abril), polo que se aproba o regulamento da Lei 25/1970, do Estatuto do viño, a viña e os alcois, establece no seu artigo 89.3º, en relación cos vocais dos consellos reguladores das denominacións de orixe, que os seus cargos serán renovados cada catro anos, podendo ser reelixidos.

Ademais, o artigo 40 do Regulamento da Denominación de orixe Ribeiro e do seu consello regulador, aprobado por orde do Ministerio de Agricultura, do 2 de febreiro (BOE nº 47, do 24 de febreiro), prevé a constitución do consello regulador desa denominación, adaptándoo ó previsto no artigo 1º do Real decreto 2004/1979, do 13 de xullo.

Da mesma maneira, o artigo 36 do Regulamento da Denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador, aprobado por orde da Consellería de Agricultura do 4 de xullo de 1988, establece a constitución do consello regulador desa denominación.

Para a constitución dos consellos reguladores deben observarse, en todo caso, as prescricións contidas no citado Real decreto 2004/1979, do 13 de xullo, modificado polo Real decreto 3182/1980, do 30 de decembro, tendo en conta que, de conformidade co previsto no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, a competencia para constituír aqueles corresponde a esta Comunidade Autónoma, respecto das denominacións de orixe do seu exclusivo ámbito territorial.

Por iso, tendo presente que as anteriores eleccións para a renovación dos vocais dos consellos reguladores das denominación de orixe Ribeiro e Rías Baixas foron convocadas, por ordes desta consellería, do 24 de marzo e 13 de agosto de 1992 (DOG nº 60 e 158, de 27 de marzo e 14 de agosto de 1992), e que está próximo a cumprirse o prazo máximo de catro anos desde a toma de posesión dos anteriores vocais, resulta necesario proceder á convocatoria de novas eleccións, a fin de renova-los cargos de vocais dos ditos consellos reguladores, tralas propostas efectuadas, por unha parte, por diferentes sectores (industriais, organizacións profesionais agrarias, etc.) relacionados coa denominación de orixe Ribeiro, e por outra parte, polo propio consello regulador da Denominación de orixe Rías Baixas, na súa sesión de data 3 de maio de 1996.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora

da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º

Pola presente orde convócanse eleccións para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Ribeiro e Rías Baixas.

Artigo 2º

Integran a administración electoral para cada unha das citadas denominacións de orixe, a Xunta Electoral Central, a Xunta Electoral da Denominación e as mesas electorais.

Artigo 3º

1.-Cada Xunta Electoral Central, con sede nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela, estará composta por:

Presidente:

-O secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Vocais:

-O xefe do Servicio Técnico-Xurídico dos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-O xefe do Servicio de Promoción Agroalimentaria dos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego, para cada Denominación.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector vinícola, para cada denominación.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector vitícola, para cada Denominación.

Secretario:

-O xefe da Sección Xurídica da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2.-Cada Xunta Electoral da Denominación, con sede na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense (para a denominación de orixe Ribeiro) e de Pontevedra (para a denominación de orixe Rías Baixas), está composta por:

Presidente:

-O correspondente delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Vocais:

-O xefe do Servicio Técnico-Xurídico da respectiva delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-O xefe do Servicio de Industrialización e Calidade Agroalimentaria da conseguinte delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego, para cada Denominación.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector vinícola, para cada denominación.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector vitícola, para cada Denominación.

Secretario:

-Un letrado dependente da respectiva delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3. Por cada un dos membros das citadas xuntas electorais designarase un suplente.

4. Os membros de cada Xunta Electoral Central e de cada Xunta Electoral da Denominación, que asistan ás súas reunións, terán dereito a percibi-las seguintes indemnizacións:

-Por asistencia:

Presidente: 8.300 ptas./día

Vocais e secretario: 5.500 ptas./día

-Por desprazamento: 24 ptas./km.

Artigo 4º

1. A presentación de candidatos como representantes das organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais, cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) requerirá, en cada caso, os requisitos seguintes:

a) As organizacións profesionais agrarias presentarán:

-Certificación da formalización do depósito dos seus estatutos.

-Acordo do órgano de goberno da organización, no que se propoña o representante e o seu suplente.

No suposto de organizacións profesionais agrarias integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidatos se estas non o fixeran.

b) As asociacións empresariais e cooperativas vitivinícolas:

-Acordo do consello rector ou órgano de goberno propoñendo o representante e o seu suplente.

2. As candidaturas a cada Xunta Electoral Central e a cada Xunta Electoral da Denominación presen

taranse, respectivamente, ante a Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela, e ante as delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de Ourense (no caso da Denominación de orixe Ribeiro), e de Pontevedra (no caso da Denominación de orixe Rías Baixas), no prazo de cinco días contado desde o día 15 de maio de 1996 (día D), de acordo co establecido no calendario fixado no anexo I.

A designación realizaraa, respectivamente, o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e o correspondente delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o día (D+5+1), publicándose ambas no taboeiro de anuncios da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (tanto nos servicios centrais como nas delegacións provinciais de Ourense e Pontevedra).

Fronte á dita designación poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de tres días (D+6+3), quen resolverá no prazo de tres días (D+9+3).

3.-A constitución da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación terá lugar o día (D+14).

4.-En todo caso os membros das xuntas electorais centrais non serán coincidentes cos membros das xuntas electorais das denominacións.

Artigo 5º

Funcións das xuntas.

1. Funcións das xuntas electorais centrais.

-A organización, coordinación e vixilancia do cumprimento das funcións asignadas á Xunta Electoral da Denominación.

-Cursar instruccións de obrigado cumprimento á Xunta Electoral da Denominación.

-Resolver con carácter vinculante as consultas que lle eleve a Xunta Electoral da Denominación.

-Revogar, de oficio ou por instancia de parte, as decisións da Xunta Electoral da Denominación.

-Resolve-las queixas e reclamacións que se lle dirixan, sempre e cando non sexan competencia da Xunta Electoral da Denominación.

-Resolve-los recursos que se interpoñan en relación coa aprobación definitiva dos censos definitivos, coa proclamación dos candidatos, así como coa proclamación dos vocais electos.

-Proclamación definitiva dos candidatos e proclamación definitiva dos vocais electos.

-Corrixi-las infraccións que se produzan no proceso electoral sempre que non sexan constitutivas de delicto, e impoñer multas ata a contía máxima prevista no artigo 153 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

-Calquera outra que lle atribúa a presente orde.

2.-Funcións das xuntas electorais da Denominación.

-Publicación das listas de electores inscritos nos rexistros de cada Denominación e exposición delas na sede do consello regulador, delegación provincial correspondente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e casa consistorial dos concellos que englobe a denominación.

-Decidir sobre as queixas e reclamacións en relación coas ditas listas.

-Aprobación das listas definitivas.

-Recepción das candidaturas a vocais do consello regulador.

-Proclamación provisional de candidatos.

-Designación dos compoñentes das mesas electorais, e comunicación ós interesados.

-Vixilancia das votacións.

-Garanti-la transparencia e obxectividade do proceso electoral.

-Calquera outra que lle atribúa a presente orde.

Capítulo II

Censos

Artigo 6º.-Constitución.

1.-Os censos electorais elaborados polos consellos reguladores das denominación de orixe Ribeiro e Rías Baixas, estarán constituídos por todos e cada un dos titulares inscritos nos rexistros correspondentes de cada consello regulador, e segundo a normativa vixente ó respecto.

Deberán figurar ordenados por municipios e alfabeticamente.

2.-A representación por sectores estará composta por:

-Sector vitícola:

Censo A: constituído polos titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador e que sexan socios de cooperativas o sociedades agrarias de transformación.

Censo B: constituído polos titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador e non incluídos no censo A.

-Sector vinícola:

Censo C: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros de adegas de elaboración e almacenamento da Denominación de orixe.

Censo D: constituído polos titulares de adegas inscritas no rexistro de adegas embotelladoras da Denominación de orixe (No caso da Denominación de orixe Rías Baixas diferenciaranse as adegas embotelladoras, segundo a súa capacidade declarada, en maiores e menores de 20.000 litros).

3.-O número de vocais correspondente a cada un dos censos citados será o establecido no anexo IV.a, para a denominación de orixe Ribeiro, e no anexo IV.b para a denominación de orixe Rías Baixas.

Artigo 7º

Para figurar nos censos respectivos será necesario reuni-las seguintes condicións:

a) Estar inscrito nos rexistros correspondentes de cada consello regulador, antes da data da publicación da presente orde.

b) Non estar inhabilitado no exercicio do dereito de sufraxio activo.

No caso de que o titular dun viñedo teña una parte da súa explotación adherida a cooperativa ou SAT e outra non, sólo terá dereito a ser elector e elexible no censo no que conte con maior número de hectáreas e, no caso de igualdade, no censo de cooperativas e SAT

O titular de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador que deba figurar no censo de cooperativas e SAT, e que posúa viñas en varios concellos, só se incluirá no censo do termo municipal no que sexa titular do maior número de hectáreas inscritas no rexistro do consello.

Artigo 8º

Para cada unha das denominacións de orixe, a respectiva Xunta Electoral da Denominación, unha vez recibidos, do consello regulador, os censos correspondientes, e despois das comprobacións que estime oportunas, dilixenciará, coas sinaturas do secretario da xunta e o conforme do presidente dela, tódolos censos, e ordenará a súa exposición o día (D+19) nos lugares seguintes: sede do consello regulador, delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes correspondente, e casa consistorial dos concellos integrados na denominación. Os censos expostos na sede do consello regulador e na delegación provincial comprenderán a totalidade da Denominación, e os expostos nos concellos, só os da súa respectiva circunscrición.

A presentación de reclamacións e recursos ós censos, así como a súa resolución, axustarase ó calendario establecido no anexo I.

Artigo 9º

A remisión dos censos provisionais ós lugares citados no artigo anterior deberá realizarse achegando oficio do secretario da Xunta Electoral da Denominación, segundo o modelo que figura no anexo III.

Capítulo III

Presentación de candidatos a vocais do consello regulador e proclamación deles

Artigo 10º

1.-O número de vocais de cada consello regulador será o seguinte:

a) denominación de orixe Ribeiro:

* 6 vocais en representación do sector vitícola

* 6 vocais en representación do sector vinícola

b) denominación de orixe Rías Baixas:

* 7 vocais en representación do sector vitícola

* 7 vocais en representación do sector vinícola

2.-Para a elección dos vocais representativos dos censos a que se refire o artigo 6º, serán electores e elixibles os pertencentes a cada un dos ditos censos, sempre e cando non se encontren incursos nas causas de inelixibilidade previstas nos artigos 6 e 7 da Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral.

3.-As candidaturas presentaranse mediante lista pechada de candidatos, constando dun suplente por cada titular.

4.-O número de vocais que se elixirán é o que figura no anexo IV.a (para a denominación de orixe Ribeiro), e no anexo IV.b (para a denominación de orixe Rías Baixas), respectando a representatividade por subzonas e por subcensos. A atribución das vocalías en función dos resultados do escrutinio realizarase conforme as regras previstas no artigo 163.1º da L.O. 5/1985, do réxime electoral xeral.

5.-As candidaturas para a elección de vocais do consello regulador da Denominación de orixe respectiva, que vaian representar a cada un dos censos, presentaranse mediante solicitude de proclamación ante a correspondente Xunta Electoral da Denominación no prazo de catro días (D+36+4).

Artigo 11º

1.-Poderán propoñer candidaturas as cooperativas, sociedades agrarias de transformación, organizacións profesionais agrarias, asociacións profesionais e os independentes que sexan avalados alomenos polo 5 por 100 do total de electores do censo de que se trate.

2.-Ninguna cooperativa, sociedade agraria de transformación, organización profesional agraria ou asociación profesional poderá presentar máis dunha lista de candidatos para o mesmo censo. Na presentación destas candidaturas non poderán empregarse símbolos ou identificacións propios de partidos políticos.

Artigo 12º

1.-Ningunha organización profesional agraria, asociación profesional, cooperativa ou SAT, integrada noutra superior poderá presentar lista propia de candidatos, se o fai a de maior ámbito.

As listas que presenten as organizacións profesionais agrarias ou asociacións profesionais, deberán ir subscritas por aqueles que exerzan a súa representación, de acordo cos seus estatutos.

As demais candidaturas serán presentadas polos seus promotores. A identidade dos asinantes, no suposto de presentación polos electores, acreditarase

ante a Xunta Electoral da Denominación, que comprobará se os propostos e adheridos figuran no censo correspondente.

2.-As listas presentaranse ante a Xunta Electoral da Denominación expresando claramente os datos seguintes:

a) A denominación que se propón.

b) O nome e apelidos dos candidatos, tanto titulares como suplentes.

c) A orde de colocación dos candidatos dentro de cada lista.

A Secretaría da Xunta Electoral da Denominación estenderá dilixencia na que faga consta-la data e hora da presentación, e expedirá recibo dela.

A cada lista asignaráselle un número correlativo coa orde de presentación.

d) As listas deberán presentarse acompañadas de declaracións de aceptación das candidaturas, subscritas polos candidatos, que deberán reuni-las condicións de elixibilidade.

e) Será requisito indispensable para a admisión das candidaturas por parte da Xunta Electoral da denominación, o nomeamento, para cada lista, dun representante con domicilio na capital da provincia, que será o encargado de realizar tódalas xestións da respectiva candidatura ante a Xunta Electoral da Denominación, así como o chamado a recibi-las notificacións que esta poida realizar.

O domicilio do representante, que poderá ser ou non candidato, farase constar ante a Secretaría da Xunta Electoral da Denominación no momento da presentación da candidatura.

Artigo 13º

Finalizado o prazo de presentación, as candidaturas quedarán proclamadas provisionalmente o día (D+42), salvo causa de inelixibilidade ou non inclusión no censo, circunstancia que, denunciada ou apreciada pola Xunta Electoral da Denominación, suporá a exclusión do candidato.

Artigo 14º

1.-Unha vez proclamadas provisionalmente as distintas candidaturas, a Xunta Electoral da Denominación respectiva acordará a súa exposición nos mesmos lugares establecidos para a exhibición dos censos.

2.-Expostas as distintas candidaturas poderán presentarse reclamacións ante a conseguinte Xunta Electoral da Denominación dentro dos dous días seguintes (D+42+2) á proclamación provisional das candidaturas.

A Xunta Electoral da Denominación deberá resolver estas reclamacións nos tres días seguintes (D+44+3).

Contra os acordos de cada Xunta Electoral da Denominación cabe recurso ante a correspondente Xunta Electoral Central no prazo de dous días

(D+47+2), tendo a dita xunta dous días para resolver (D+49+2).

Capítulo IV

Da campaña electoral

Artigo 15º

1.-Enténdese por campaña electoral, para os efectos desta orde, o conxunto de actividades lícitas levadas a cabo polos candidatos encamiñadas á captación de sufraxios.

2.-A campaña electoral comezará o día 6-7-1996 (D+52) e finalizará o día 19-7-1996 (D+65).

3.-Terminará, en todo caso, ás 24 horas do día 19-7-1996, non podéndose realizar desde entón propaganda de ningún xénero a favor de ningunha candidatura.

Capítulo V

Das papeletas e sobres

Artigo 16º

As papeletas seranlles facilitadas por cada Xunta Electoral da Denominación ás mesas electorais correspondentes contra recibo asinado polo seu presidente.

En cada mesa electoral deberá instalarse unha urna para cada un dos censos determinados no artigo 6º, cos distintivos Censo A, Censo B, Censo C, Censo D.

As papeletas confeccionaranse en diferentes cores: azul para o censo A, branca para o censo B, amarela para o censo C e verde para o censo D. O formato das papeletas será o que se indica como exemplo no anexo V.a (para a denominación de orixe Ribeiro), e no anexo V.b (para a denominación de orixe Rías Baixas). En ningún caso o número de papeletas recibidas polos presidentes dunha mesa poderá ser inferior ó dobre dos electores correspondentes a cada mesa electoral.

Artigo 17º

Os sobres confeccionaranse nas mesmas cores cás papeletas dos diferentes censos. O formato será o que se indica no anexo VI.

Artigo 18º

Cada papeleta conterá unha única candidatura.

Capítulo VI

Dos apoderados e interventores

Artigo 19º

1.-Os representantes de cada unha das candidaturas que se presentan a estas eleccións poderán apoderar a calquera español, maior de idade e que se encontre en pleno exercicio dos seus dereitos civís e políticos, co obxecto de que exerza a representación da candidatura correspondente para tódolos efectos electorais.

2.-O dito apoderamento formalizarase ante a Secretaría da Xunta Electoral da Denominación, que expedirá a correspondente credencial, conformada de acordo co modelo que figura no anexo VII.

3.-Os apoderados estarán obrigados a amosárlle-las súas credenciais e DNI ós membros das mesas electorais, como requisito indispensable para poderen exercita-los dereitos previstos na Lei 5/1985.

Artigo 20º

1.-Igualmente, poderán os representantes de cada candidatura nomear dous interventores por cada mesa electoral mediante a expedición de credenciais conformadas por cuadruplicado, de acordo co modelo que figura no anexo VIII. A designación dos ditos interventores poderá realizarse como máximo dentro dos tres días anteriores ó da votación.

2.-Para ser designado interventor é preciso estar inscrito no censo electoral da correspondente mesa, ante a que exercitarán o seu dereito de sufraxio.

3.-Un interventor, dos dous designados para cada mesa, poderá asistir á mesa electoral e participar nas súas deliberacións, con voz pero sen voto, e exercita-los demáis dereitos previstos na Lei 5/1985.

4.-Para os efectos do disposto no punto anterior, os interventores dunha mesma candidatura, acreditados ante a mesa, poderán substituírse libremente entre si.

Capítulo VII

Das mesas electorais e a súa constitución

Artigo 21º

1.-As mesas electorais son os órganos encargados de presidi-las votacións, realiza-lo escrutinio, publicar resultados e velar pola pureza do sufraxio.

Estarán integradas por un presidente e dous vocais, designados pola respectiva Xunta Electoral da Denominación, por sorteo entre os electores que, sendo maiores de idade e menores de 65 anos, saiban ler e escribir. O presidente de cada mesa deberá ter, como mínimo, a titulación de graduado escolar ou equivalente.

2.-Os membros das mesas electorais teñen dereito á indemnización de 8.300 ptas./día, tanto o presidente como os vocais.

3.-Igualmente procederase ó nomeamento de dous suplentes por cada un dos membros da mesa.

Artigo 22º

1.-Os cargos de presidente e vocal das mesas electorais son obrigatorios. Non poderán exercelos aquelas persoas que se presenten como candidatos.

2.-Una vez realizada a súa designación deberalles ser notificada ós interesados no prazo de catro días (D+51+4), os que disporán dun prazo de tres días (D+55+3) para alegar ante a conseguinte Xunta Electoral da Denominación causa xustificada e docu

mentada que lles impida acepta-lo cargo. A Xunta Electoral da Denominación resolverá no prazo de tres días (D+58+3) e sen ulterior recurso.

Artigo 23º

O número de mesas electorais correspondentes a cada unha das seccións electorais existentes será fixado por cada Xunta Electoral da Denominación atendendo en todo caso a facilitarlles ós electores o exercicio do dereito de sufraxio.

Artigo 24º

1.-O presidente e os vocais de cada mesa electoral, así coma os seus suplentes, reuniranse ás oito horas do día (D+67) no local designado para a votación.

2.-Se o presidente non acudise substituirao o primeiro suplente. No caso de faltar este, substituirao o segundo suplente e se este tampouco acudise tomará posesión como presidente o primeiro vocal ou o segundo por esta orde. Os vocais que non acudisen ou que tomasen posesión como presidente serán substituídos polos seus suplentes.

3.-En ningún caso poderá constituírse a mesa sen a presencia dun presidente e dous vocais. No caso de que non se poida cumprir este requisito, os membros da mesa presentes e os suplentes que acudisen estenderán e subscribirán unha declaración dos feitos acontecidos, que se enviará de inmediato á correspondente Xunta Electoral da Denominación, quen nomeará as persoas máis idóneas para constituí-la mesa electoral.

4.-Reunidos o presidente e os vocais, recibirán entre as oito e as oito trinta as credenciais dos interventores que se presenten. Se se presentasen na mesa despois das oito trinta, o presidente non lles dará posesión do seu cargo.

5.-Ás oito trinta horas o presidente estenderá a acta de constitución da mesa (segundo modelo que figura no anexo IX), asinado por el, os vocais e os interventores, se os houbese, entregando unha copia dela ó representante, apoderado ou interventor que a reclame.

Na acta expresarase necesariamente con qué persoas queda constituída a mesa en concepto de membros dela e a relación nominal dos interventores, se os houbese, con indicación da candidatura que representen.

Así mesmo, farase constar calquera incidente que afecte á orde no local electoral, e o nome e apelidos de quen os provocou.

O presidente da mesa terá dentro do local autoridade plena para conserva-la orde e asegura-la liberdade dos electores e mante-la observancia da lei.

Artigo 25º

A determinación dos locais correspondentes a cada mesa electoral será efectuada pola Xunta Electoral da Denominación respectiva.

Capítulo VIII

Da votación, escrutinio e redacción de actas

Artigo 26º

Estendida a acta de constitución da mesa, a votación iniciarase ás nove horas e continuará sen interrupción ata as vinte horas.

Só por causa de forza maior poderá non iniciarse ou suspenderse, unha vez comezado, o acto de votación, sempre baixo a responsabilidade do presidente da mesa, quen resolverá ó respecto en escrito razonado, enviándoo o mesmo día da votación inmediatamente despois de redactado, á correspondente Xunta Electoral da Denominación, para que esta poida comproba-la certeza dos motivos e declare ou esixa as responsabilidades a que houber lugar.

En poder do presidente da mesa quedará copia do escrito.

No caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos, nin se procederá ó seu escrutinio; o presidente ordenará a destrucción das papeletas depositadas na urna, consignando este extremo no escrito a que se refire o parágrafo anterior.

Artigo 27º

O dereito a votar acreditarase pola inscrición do elector nas listas certificadas do censo e pola demostración da súa identidade mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir nos que apareza fotografía do titular.

Artigo 28º

1.-A votación será persoal e secreta; o presidente anunciará o seu inicio coas palabras comeza a votación. Os electores acercaranse un a un á mesa manifestando o seu nome e apelidos. Despois de examina-las listas do censo electoral, comprobar que nelas figura o nome do votante, así como a súa identidade, e anotar que se presentou a votar, o elector entregaralle pola súa man ó presidente a papeleta introducida nun sobre da cor correspondente.

2.-Os electores que non saiban ler ou que, por defecto físico, estean impedidos para elixi-la papeleta ou colocala dentro do sobre e para entregala ó presidente da mesa, poden servirse doutra persoa para iso.

Artigo 29º

1.-Os electores que prevexan que na data da votación non se van atopar na localidade onde lles corresponde exerce-lo o seu dereito de voto, ou que non poidan acudir, poderán emitir o seu voto por correo, solicitándollo previamente á respectiva Xunta Electoral da Denominación e cumprindo os requisitos seguintes:

-A solicitude poderá presentarse a partir da data de exposición dos censos definitivos e ata o décimo día anterior ó da votación.

-A solicitude deberá formularse persoalmente ante a secretaría da Xunta Electoral da Denominación, a que se esixirá ó solicitante a exhibición do documento nacional de identidade.

-En suposto de enfermidade ou incapacidade que impidan a formulación persoal da solicitude, esta poderá realizarse por persoa debidamente autorizada polo elector, acreditando aquela a súa identidade e representación mediante documento autentificado ante notario.

2.-Recibida a solicitude, a Secretaría da Xunta Electoral da Denominación comprobará a inscrición do solicitante no censo, practicará a anotación correspondente no mesmo, a fin de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente, e estenderá certificado conforme o voto se realizou por correo.

3.-Dispoñibles as papeletas e os sobres electorais, a Xunta Electoral da Denominación os remitirá ó domicilio do elector, xunto co certificado citado no páragrafo anterior e un sobre no que figure a dirección da mesa na que lle corresponde votar.

4.-Unha vez que o elector elixa a papeleta de voto, introduciraa no sobre de votación. Á súa vez, este sobre xunto co certificado ó que fai referencia o páragrafo 3º introducirase no sobre no que figura o enderezo da mesa, o que se remitirá por correo certificado á Xunta Electoral da Denominación correspondente, quen conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás mesas, dándolles traslado dela ás dez (10) horas da mañá do día (D+80).

Artigo 30º

Ás vinte horas o presidente anunciará o remate da votación e non permitirá a entrada no local a ninguén. Preguntará se algún dos electores presentes non votou aínda, e admitirá os votos dos que se atopen dentro do local. A continuación votarán os interventores e os membros da mesa (primeiro os vocais e finalmente o presidente).

Artigo 31º

Finalizada a votación o presidente da mesa declarará pechada esta e comezará o escrutinio, extraendo as papeletas da urna e lendo en voz alta o nome dos candidatos votados.

O presidente poralle de manifesto cada papeleta, unha vez lida, ós vocais e interventores, e ó final confrontarase o número total de papeletas co de votantes anotados.

Son votos nulos:

a) Os votos emitidos en papeleta ou sobre non oficiais.

b) Os votos en que, por calquera causa, non se puidese determinar inequívocamente a candidatura sinalada, ou que conteñan máis dunha candidatura.

Son votos en branco:

Os sobres que non conteñan ningunha candidatura.

Artigo 32º

Feito o reconto de votos, segundo as operacións anteriores, o presidente preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se non se fixeran, ou despois de resoltas pola maioría da mesa as presentadas, anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de votantes, o de votos válidos, o de votos nulos, o de votos en branco e o de votos obtidos por cada candidatura.

As papeletas extraídas das urnas destruiranse en presencia dos asistentes, con excepción de aquelas ás que se lles negou a validez ou foron obxecto de reclamación, que serán unidas á acta unha vez rubricadas polos membros da mesa.

Concluídas as operacións, o presidente, os vocais e os interventores da mesa, se os houbese, firmarán a acta da sesión, na que se expresarán detalladamente o número de electores segundo as listas do censo electoral, o dos electores que votaron, o dos votos válidos, o dos votos nulos, o dos votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura, consignando sumariamente as reclamacións ou protestas formuladas, as resolucións dadas pola mesa e as incidencias, se as houbese, con indicación dos nomes e apelidos dos que as produciron (anexo X, modelo de acta de escrutinio).

Artigo 33º

Acto seguido estenderase certificación dos resultados e fixarase en lugar visible do local no que se realizou a votación. A continuación, a mesa preparará a documentación electoral, que se distribuirá en dous sobres.

O primeiro sobre conterá o expediente electoral, composto polos seguintes documentos:

a) Orixinal da acta de constitución da mesa.

b) Relación de interventores.

c) Lista do censo electoral

d) Listas numeradas dos votantes e das papeletas ás que se lles negase validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación.

e) Acta de escrutinio e certificación dela, se a solicitase quen teña dereito a ela.

O segundo sobre conterá copia da documentación anteriormente citada.

Unha vez pechados os sobres, o presidente, os vocais e os interventores asinaranos por riba dos pregos que os pechan.

Unha vez preparada a correspondente documentación o presidente, así como os vocais e interventores que o desexen, desprazaranse á sede da respectiva Xunta Electoral da Denominación e faranlle entrega do primeiro sobre ó presidente da mesma. O segundo sobre quedará en poder do funcionario da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

presente no proceso, quen o entregará á secretaría da referida Xunta Electoral da Denominación.

Capítulo IX

Proclamación de vocais electos, titulares e suplentes, toma de posesión e proposta de presidente

Artigo 34º

Recibidas as actas de elección de todas e cada unha das mesas electorais, a correspondente Xunta Electoral da Denominación procederá á asignación de postos de elección, de acordo cos seguintes criterios:

a) As vocalías titulares e as súas suplencias atribuiranse proporcionalmente ós votos que obtivera cada candidatura, tendo en contra a orde de colocación dos candidatos dentro de cada candidatura.

Respectaranse os condicionantes de composición de cada consello regulador, tal como se describen no anexo IV.a, para a denominación de orixe Ribeiro, e no anexo IV.b, para a denominación de orixe Rías Baixas, baixo os criterios de representatividade para cada subzona e subcenso, e de atribución de vocalías conforme as regras do artigo 163.1º da L.O. 5/1985, do réxime electoral xeral.

b) No suposto de empate decidirase por sorteo.

Artigo 35º

A conseguinte Xunta Electoral da Denominación proclamará, a través do seu presidente, os vocais electos do consello regulador de cada unha das denominacións de orixe citadas, ós dous días de celebrada a votación (D+67+2).

Contra a proclamación de vocais electos cabe recurso ante a Xunta Electoral Central correspondente no prazo de tres días (D+69+3), debendo a dita xunta resolver e proceder á proclamación defi

nitiva de vocais electos no prazo de tres días (D+72+3).

Seguidamente, no prazo de dous días remitiránselle-las oportunas credenciais ós vocais electos.

Artigo 36º

Ó segundo día da proclamación definitiva dos vocais electos (D+75+2), cada consello regulador celebrará sesión constitutiva,(31-7-1996), na que se cesarán os anteriores vocais e presidente, e tomarán posesión os novos vocais electos. A continuación e na mesma sesión, o consello en Pleno, presidido por un funcionario designado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e de conformidade co seu regulamento específico, proporalle a dita consellería un candidato para a súa designación como presidente do consello regulador en cuestión, sen que sexa necesario que teña a condición de vocal.

Farase constar, se é o caso, os votos obtidos polo candidato a presidente.

Disposición adicional

Cantas dúbidas xurdan na aplicación da presente norma resolveranse de conformidade co establecido na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dictar cantas disposicións considere necesarias en desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO II

MODELO DE IMPRESO PARA PRESENTACIÓN DOS CENSOS

CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE

Zona ou subzonaFolla nº

Concello

ELECCIÓNS PARA RENOVACIÓN DO CONSELLO REGULADOR

Censo A: Viticultores inscritos en cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

Censo B: Viticultores non inscritos en cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

Censo C: Titulares de adegas non embotelladoras.

Censo D: Titulares de adegas embotelladoras. (No caso da D.O. «Rías Baixas», segundo a súa capacidade declarada, diferenciaranse en maiores ou menores de 20.000 1.).

NúmeroApelidos e nome do titular

ou entidade

EnderezoSección

electoral

Observacións

Nas follas seguintes non é preciso a cabeceira da folla número 1. Na última farase a seguinte:

DILIXENCIA: para facer constar que o presente «CENSO PROVISIONAL» de titulares de

, composto porfollas

numeradas, cun total decensados, estivo exposto ó público nos locais de

para escoitar

reclamacións durante os díasa, ámbolos dous inclusive.

.............................., ......... de................. de 199...

O/A Secretario/a da Xunta Electoral da Denominación

Conforme

O/A Presidente/a

ANEXO III

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN OU ELECCIÓN DE VOCAIS

DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE

ASUNTO: remisión de censos provisionais.

Remítolle adxunto a un exemplar dos censos

provisionais de electores inscritos nos rexistros do Consello Regulador da Denominación de Orixe

para a súa exposición pública nos locais desa entidade durante os días a,

a teor do establecido na normativa electoral vixente.

O/A Secretario/a da Xunta Electoral da Denominación

ANEXO IV.a

COMPOSICIÓN DOS CONSELLOS REGULADORES

NÚMERO DE VOCAIS

Denominación

de orixe

Sector vitícolaSector vinícola
Cooperativas e SAT

(Censo A)

Outros

(Censo B)

Non embotelladores

(Censo C)

Embotelladores

(Censo D)

«Ribeiro»2415

ANEXO IV.b

COMPOSICIÓN DOS CONSELLOS REGULADORES

NÚMERO DE VOCAIS

Denominación

de orixe

Sector vitícolaSector vinícola
Cooperativas e SAT

(Censo A)

Outros

(Censo B)

Non embotelladores

(Censo C)

Embotelladores

(Censo D)

«Rías Baixas»1607 (**)
Subzona O Salnés1305
Subzona O Condado0201 (***)
Subzona O Rosal 0 (*)101 (***)

(*) Os votantes do censo A, subzona do Rosal, exercerán o seu dereito ó voto nas mesas electorais da subzona do Rosal, sumándose os seus resultados ós obtidos na subzona do Salnés no citado censo A.

(**) Os sete vocais distribuiranse da seguinte maneira:-Un para adegas embotelladoras, con capacidade declarada non superior ós 20.000 1.-Seis para as adegas embotelladoras, con capacidade declarada superior ós 20.000 1.

(***) Os votantes do censo D, subzona do Condado e O Rosal, correspondentes a adegas con capacidade declarada non superior ós 20.000 1, exercerán o seu dereito a voto nas mesas electorais das subzonas do Condado e O Rosal, sumándose os seus resultados ós obtidos na subzona do Salnés no citado subcenso.

ANEXO V.a

MODELO DE PAPELETA OFICIAL

ELECCIÓN DE VOCAIS EN REPRESENTACIÓN DOS SECTORES VITÍCOLA E VINÍCOLA, DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE «RIBEIRO»

Censo.................................

Doulle o meu voto á seguinte candidatura:

1º) Titular:

1º) Suplente:

2º) Titular:

2º) Suplente:

3º) Titular:

3º) Suplente:

4º) Titular:

4º) Suplente:

5º) Titular:

5º) Suplente:

ANEXO V.b

MODELO DE PAPELETA OFICIAL

ELECCIÓN DE VOCAIS EN REPRESENTACIÓN DOS SECTORES VITÍCOLA E VINÍCOLA, DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE «RÍAS BAIXAS»

Censo.................................

Subzona..........................................................................

Subcenso..........................................................................

Doulle o meu voto á seguinte candidatura:

1º) Titular:

1º) Suplente:

2º) Titular:

2º) Suplente:

3º) Titular:

3º) Suplente:

4º) Titular:

4º) Suplente:

ANEXO X

MODELO DE ACTA DE ESCRUTINIO

Os que se subscriben, o presidente e vocais (e interventores, se os houbera), que compoñen a Mesa Electoral número, da localidade

das eleccións de vocais do Consello Regulador da Denominación de Orixe.

CERTIFICAN: que, escrutadas as papeletas da votación verificada no día de hoxe, nesta Mesa Electoral, o resultado dela é o seguinte, no caso do censo

Electores.............................Votos válidos..

Electores que votaron Votos nulos

Votos en blanco

Os votos válidos distribúense da seguinte maneira:

CANDIDATURAEN LETRAEN NÚMERO

-......................................................................
-......................................................................
-......................................................................
-......................................................................
-......................................................................
-......................................................................

E para que conste, asinámo-la presente en o

de mil novecentos noventa e....................

3434