Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril 1996 pola que se convoca e regula a concesión de axudas a organizacións de consumidores e usuarios, para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 1996.

A convocatoria de axudas constitúe unha medida adecuada para promove-las accións de información, educación e defensa dos intereses dos consumidores, favorecendo ó mesmo tempo a colaboración das asociacións coa consellería neste obxectivo común.

En virtude disto, e de conformidade cos artigos 27 e concordantes do Estatuto galego do consumidor e usuario, e o Decreto 95/1984 do 24 de maio, sobre rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As organizacións de consumidores e usuarios da Comunidade Autónoma de Galicia poderán ser beneficiarias de axudas para actuacións de promoción e defensa dos consumidores e usuarios galegos durante o ano 1996, con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.343A.480.0 dos orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 1996.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin, e en todo caso o importe do crédito non poderá supera-la cantidade de 38.000.000 de ptas.

Se unha vez adxudicadas as axudas resultase remanente de crédito, este Instituto Galego de Consumo reserva para si a facultade de incrementa-la contía das axudas previstas nesta orde, ou efectuar convocatorias complementarias.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións de consumidores e usuarios de Galicia, inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se

refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio, e ademais deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Dispoñer de oficina aberta ó público 4 horas diarias como mínimo e contar cun rótulo no que conste de maneira destacada o obxecto da oficina.

b) Facilitarlle ó público información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exercelos.

c) Atende-las consultas, reclamaciós e denuncias dos consumidores e usuarios colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.

Artigo 3º.-Obxecto.

O obxecto das axudas a que se refire o artigo anterior será o seguinte:

a) Gastos de funcionamento, infraestructura e equipamento das oficinas de información ó consumidor.

b) Utilización de servicios técnicos xurídicos, concertados con profesionais, que resulten precisos para o desenvolvemento das actividades de información, asistencia e mediación en conflictos ou litixios de consumo.

c) Organización e participación en sesións informativas, xornadas, cursos e seminarios relacionados co consumo.

d) Realización de traballos monográficos, publicacións e enquisas sobre temas de consumo.

e) Participación en certames feirais.

f) Promoción e funcionamento, do sistema arbitral de consumo, a través da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes presentaranse conforme o modelo normalizado do anexo I desta resolución, nos servicios provinciais de consumo ou nos servicios centrais do Instituto Galego de Consumo sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común. O prazo de presentación será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes irán acompañadas coa seguinte documentación:

a) Memoria das actividades realizadas pola organización durante o exercicio anterior.

b) Proposta descritiva de cada unha das accións e programas específicos que se pretenden realizar, coa súa valoración. (Anexo II).

c) Certificación do secretario/a da organización onde conste o número de socios. (Anexo III).

d) Balance da situación económica a 31 de decembro de 1995, onde se farán consta-los ingresos e

os gastos, agrupados por partidas específicas segundo a súa orixe e finalidade. (Anexo IV).

e) Declaración de axudas concedidas ou solicitadas a outros organismos para a mesma finalidade pretendida. (Anexo V).

f) Certificacións xustificativas de estar ó día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e certificación acreditativa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

g) Certificación do secretario/a da organización na que se faga consta-lo horario no que a oficina permanece aberta ó público para atende-las consultas, reclamacións e denuncias de consumidores e usuarios que se lles presenten, e que será polo menos de catro horas diarias.

h) Certificación do secretario/a da organización sobre o organigrama xerárquico e funcional da oficina de información ó consumidor.

i) Se a axuda solicitada está destinada á realización dos distintos programas de actividades ós que se alude nos apartados c), d), e), e f) do artigo 3Œ, memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver (Anexo VI).

Artigo 5º.-Tramitación.

Os servicios centrais e provinciais de consumo comprobarán se a solicitude e documentación presentada reúne os requisitos esixidos na presente resolución, e no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non se fixese, se considerará desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite.

Artigo 6º.-Avaliación das solicitudes.

1. Realizado o trámite anterior, pasarán para o seu exame á comisión de valoración, que, unha vez estudiada cada solicitude e logo da consulta previa de existencia de crédito, efectuará proposta de resolución que elevará ó presidente do Instituto Galego de Consumo, como órgano competente para resolver.

2. Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, a comisión de valoración estará formada polos seguintes membros: o subdirector xeral de Consumo, que actuará como presidente, o xefe do Servicio de Protección ó Consumidor, o xefe do Servicio de Promoción e Asistencia, que actuarán como vocais, e un funcionario designado polo subdirector xeral, que actuará como secretario. A dita comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela o presidente, ou persoa na que delegue, un vocal e o secretario.

3. A comisión de valoración, motivadamente, poderá requirir dos solicitantes das axudas a información ou documentación adicional que, non estando en

poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

4. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o subdirector xeral de Consumo.

Artigo 7º.-Contía.

A contía das axudas axustarase ás seguintes porcentaxes e cantidades:

a) Para gastos de funcionamento, equipamento e infraestructura das oficinas de información ó consumidor ata un 70% do custo.

b) Por utilización de servicios técnicos xurídicos, concertados con profesionais, que resulten precisos para o mellor desenvolvemento da acción social pretendida, ata un 70% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

c) Organización e participación en sesións informativas, xornadas, cursos e seminarios sobre consumo, ata un 70% do custo, cun máximo de 500.000 ptas. por actividade.

d) Realización de traballos monográficos, publicacións, enquisas, etc. sobre consumo, ata un 70% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

e) Por participación en certames feirais ata un 50% do custo, cun máximo de 300.000 ptas. por participación.

f) Promoción e funcionamento do sistema arbitral de consumo ata un 75% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

Artigo 8º.-Criterios de adxudicación das axudas.

As axudas ás organizacións de consumidores outorgaranse atendendo ós criterios seguintes:

a) Número de socios.

b) Implantación territorial da organización solicitante e da acción que se vai realizar.

c) Achega da propia asociación para levar a cabo os programas.

d) O grao de adecuación dos programas ó plan de actuacións do Instituto Galego de Consumo.

e) Número de reclamacións que lle foron presentadas e as tramitadas, así como as denuncias efectuadas pola propia asociación.

f) Investigación ou estudios realizados sobre temas de consumo.

g) Presencia nos medios de comunicación co fin de desenvolve-la súa actividade de información ós cidadáns como consumidores.

Artigo 9º.-Resolución.

O presidente da comisión de valoración remitirá proposta de resolución, logo do informe técnico, ó

presidente do Instituto Galego de Consumo, que dictará a resolución que proceda.

Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes sobre as que non recaia resolución expresa no prazo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, quedando expedita a vía contenciosa-administrativa.

A resolución seralles notificada ós beneficiarios no prazo de 10 días a partir da data na que se dicte.

As axudas serán compatibles con calquera outra axuda que puidese outorgarse para tales fins, e sempre que o importe total subvencionado non exceda do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario e da porcentaxe máxima establecida nesta orde; no caso contrario procederá o reintegro do exceso percibido á Administración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que puidesen derivarse.

Artigo 10º.-Pagamento.

a) Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80 %, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

b) Nos demais casos poderán acordarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os gastos a conta da liquidación, de ata o 80 % da axuda concedida.

Artigo 11º.-Xustificación.

Para a xustificación da axuda concedida, a organización de consumidores e usuarios deberá presentar antes do 30 de outubro de 1996 a seguinte documentación:

a) Relación numerada e circunstanciada das facturas xustificativas do gasto realizado, e os documentos de pagamento correspondentes. (Anexo VII).

b) Memoria explicativa da realización das actividades ou programas subvencionados.

c) Memoria analítica dos resultados obtidos.

Artigo 12º.-Obrigas.

1. Será requisito para a súa percepción a aceptación expresa do beneficiario e a acreditación de acordo co artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, de que se atopan ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais e de que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foron concedidas.

Artigo 13º.-Control.

O Instituto Galego de Consumo poder realiza-las comprobacións que coide oportunas respecto ás axudas económicas concedidas e terá acceso a toda a documentación xustificativa delas.

No caso de que o beneficiario da axuda incumprise algunha das condicións e obrigas estipuladas, a Consellería de Industria e Comercio instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co preceptuado no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia dos xuros de demora, logo de audiencia dos interesados, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación e demais obrigas esixidas nesta resolución.

b) Obte-la axuda sen reuni-los requisitos esixidos nas bases reguladoras para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que se concede a axuda á que está sometida a presente resolución.

As cantidades que teñan que reintegra-los adxudicatarios terán a consideración de ingresos de dereito público.

Artigo 14º

Con independencia do establecido na presente resolución, aplicarase en todo caso o disposto na Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

3736