Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 164/1996, do 25 de abril, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica subestación Mera-Somozas (enlace), concello de Ortigueira (A Coruña), (expediente 117/1994).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica composta dos seguintes tramos: 1º.- aéreo a 20 kV, en circuíto dobre e conductor LA-180, de 4.227 m de lonxitude no tramo de modificación da liña Mera-Santa Mariña-límite provincia, con orixe na subestación de Mera e remate no apoio nº 45, coincidindo co límite coa provincial de Lugo; 2º.- de 529 m no treito que parte do apoio anterior e finaliza la L.M.T. existente Barqueira Vella-Mera de Arriba; e 3º.- de 939 m de lonxitude nun terceiro tramo de modificación da L.M.T. con orixe no C.T. de Somozas e remate no Polígono industrial da mesma localidade; afectando a terreos do concello de Ortigueira (A Coruña); (Expte nº 117/1994).

As ditas instalacións autorizaronse, declaráronse de utilidade pública, e aprobouse ó mesmo tempo o proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 27-4-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 11-7-1995, no BOP da Coruña do 9-6-1995, e no BOE do 6-7-1995.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desen

volve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 14-8-1995, no BOP da Coruña do 9-8-1995, no xornal El Ideal Gallego do 26-8-1995, e nos taboleiros de anuncios da casa do concello de Ortigueira e nos da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu aquel ó trámite de información pública, non se formularon alegacións nin se prodociu incidente de ningún tipo.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, puídose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso polo procedemento ordinario faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa,

S.A., da liña eléctrica subestación Mera-Somozas (enlace) (Expte. 117/1994).

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Ortigueira, da provincia da Coruña, e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3471