Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 163/1996, do 25 de abril, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 132 kV Eume-Mourela e derivación a Eume II, concellos da Capela e As Pontes (A Coruña) (expediente 57/1994).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 132 kV de 16.777 m de lonxitude no tramo entre as subestacións de Eume e Mourela e 950 m na derivación a Eume II, en conductor LA-455 (CONDOR), sobre apoios metálicos, afectando ós termos municipais

da Capela e As Pontes (A Coruña) (Axpte. nº: 57/1994).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública por resolución da Dirección Xeral de Industria do 16-11-1994, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 16-12-1994, no BOP da Coruña do 12-1-1995 e no BOE do 28-12-1994; o proxecto de execución aprobouse segundo resolución do mesmo organismo do 3-4-1996.

Presentado con data do 10 de febreiro de 1995, por Vicente Fraga Barro, titular do predio nº 34 dos afectados no tramo Eume-Mourela dentro do concello das Pontes, recurso ordinario contra a referida Resolución do 16-11-1994, foi desestimado por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 29-9-1995. Esta resolución foi obxecto de impugnación perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen que conste que o recorrente lle solicitase ó tribunal a suspensión da resolución impugnada. Por conseguinte, ó non se decretar polo dito tribunal, a instancia de parte interesada, a suspensión da dita resolución, de acordo co que establece o artigo 122 da Lei da xurisdición contencioso administrativa, do 27-12-1956, procede continuar coa tramitación deste expediente, sen prexuízo das posteriores actuacións que se deriven da sentencia que no seu día se dicte.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 1-6-1995, no BOP da Coruña do 23-5-1995, no xornal La Voz de Galicia do 1-6-1995, e nos taboleiros de anuncios das casas do concello da Capela e As Pontes e nos da delegación provincial ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ós propietarios dos predios nº: 7/25, 7/35, 7/36, 7/37, 7/38, 7/39, 7/40, 7/41 e 7/42, do concello das Pontes, que por resultar descoñecidos, déuselle traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro;

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formularon alegacións de desconformidade co trazado da liña os propietarios dos predios nº 34, 73, 74, 75 e 76 do tramo Eume-Mourela correspondente ó concello das Pon

tes, as que se desestiman, xa que a variante proposta polo propietario do predio nº 34 supón un cambio substancial do proxecto aprobado, afectando a novos propietarios, non constando que estes deran o seu consentimento ó paso daquela, e o soterramento dela, tamén proposto polo citado propietario, non está xustificado ó representar un incremento de custo moi superior ó 10%, fixado polo artigo 26.3º do Decreto 2619/1966; na variante proposta nos demais casos, non se dan conxuntamente as condicións fixadas polo artigo 26.1º do citado texto regulamentario, ó ter aquela unha lonxitude superior ó 10%. A información solicitada polos propietarios dos predios nº: 2, 17, 24, 28, 30, 38, 48, 51, 57, 62, 67, 69 e 70, do tramo Eume-Mourela e 1, 6, 13 e 15 da derivación a Eume II, correspondentes ámbolos dous ó concello da Capela, relativa á forma de afección da liña ás súas propiedades, foilles achegada pola empresa beneficiaria.

Non se entra no resto das alegacións formuladas polo propietario dos predios nº: 4, e 6, do tramo Eume-Mourela correspondente ó concello das Pontes, xa que a comprobación definitiva de usos e superficies de afección será realizada no momento de levantamento de actas previas á ocupación, e nº 25 do mesmo tramo e concello, pois non se refiren ó contido dos artigos 25 ou 26 de citado decreto, nin van encamiñadas a reparar posibles erros existentes nas relacións de bens afectados.

Unha vez efectuada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 de Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e

no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea entre as subestacións de Eume e A Mourela e derivación a Eume II.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais da Capela e As Pontes (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3545