Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (146-M/1994).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 146-M/1994, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas nº 146-M/1994, no que actuaron como denunciante Domingo Casal Suárez, como prexudicados José Ángel Ferreiro Pardo e Juan José Villar Iglesias, como responsable civil directo Mudespa, na actualidade Reddis, como denunciado Marcos Barreiro Ferreiro, como responsable civil subsidiaria, María Mónica Calvelo Penide.

Que debo absolver e absolvo a Marcos Barreiro Ferreiro e ó resto dos responsables civís implicados da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio. Firme esta resolución, díctese auto executivo, unha vez que sexa así instado.

Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recurso de apelación perante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o

recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formule a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba producira indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Marcos Barreiro Ferreiro, con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9602876