Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.523

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (253/1994).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 253/1994, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo de cognición seguido neste xulgado co nº 253/1994, no que actuaron como demandante Almacenes Celso Míguez, S.A (Acemisa), veciño de Pontevedra, con domicilio na r/ Almirante Matos nº 25, representado polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido pola letrada Jacoba Millán Acosta, e como demandada, Juana Martínez Costoya (falecida), Mª José Gil Martínez, maior de idade e veciña da r/ Negreira nº 5-1º Esqda., A Pontepedriña (Santiago de Compostela), asistida pola letrada Mª Belén Hospido Lobeiras, designada pola quenda de oficio; e os herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Gil Valiño, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que rexeito a demanda presentada respecto de María José Gil Martínez, e debo condenar e condeno os que resulten ser herdeiros de Jesús Gil Valiño, exceptuando expresamente de tal condición a anterior e os seus irmáns Jesús e Mª del Carmen, a que lle aboen á sociedade demandante Celso Míguez, S.A. (Acemisa), a cantidade de 238.451 ptas. mailos xuros legais desde a interposición da demanda, sen que se faga imposición das custas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Gil Valiño, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9602849