Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (468/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de cognición co número 468/1995, a pedimento de Textil Aparicio, S.A., reresentada pola procuradora Sagrario Queiro, contra Almacenes Nove, S.A.L. sobre reclamación de cantidade.

Que por providencia desta data se acordou empraza-lo demandado Almacenes Nove, S.A.L. para que, no improrrogable prazo de nove días hábiles, compareza nos referidos autos coa prevención de que, se non o verifica, será declarado rebelde.

E para que lle sirva de emprazamento ó referido demandado e para a súa publicación no BOP, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1996.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3561