Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, por procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga).

Orzamento máximo: 12.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: un mes a partir da adxudicación.

Fianza provisional: 240.000 pesetas.

Fianza definitiva: 480.000 pesetas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do

vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

* No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

* No sobre da proposición económica, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

* No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.5 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalia de Arriba, nº 31, Santiago de Compostela.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

3557