Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.347

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (305/1992).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado, baixo o número 305/1992, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, con DNI/CIF G-15028947, domiciliado en Rúa Nova, 30 (A Coruña), representado pola procuradora Mª del Carmen Losada Gómez, contra Enrique Campos Vázquez, con DNI/CIF 33286417, domiciliado en Oca (Ames) e José Campos Freire, con DNI/CIF 76462297, domiciliado en Oca (Ames), en reclamación de cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa taxación, os seguintes bens embargados no procedemento:

-Núa propiedade e usufructo do predio nº 16.632 do Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 703, libro 166 de Ames, folio 99, inscrición 2ª. Rústico, con casa de planta baixa co nº 28 de policía. O predio e a edificación localízanse no lugar de Oca, Tapia, termo municipal de Ames, a uns 18 quilómetros de Santiago de Compostela. Valorada en 5.950.000 ptas.

A poxa celebrarase o próximo día catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena s/n, nesta capital, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomaren parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., Conta de Depósitos e Consignacións nº 1591-000-17-0305-92-).

3. Só o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa pública ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o resgardo acreditativo do ingreso do importe sinalado no punto nº 2.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do executante, as consignacións dos licitadores que non resultaren rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, se poida aproba-lo remate a favor do que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6. Os autos e certificación rexistral encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles; e ó non aportarse os títulos de propiedade nin corrixirse a falta, serán por conta do rematante os gastos de corrección, non admitíndose despois do remate reclamación ningunha polo dito concepto.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen destinarase á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que todo licitador os acepta e se subroga na responsabilidade deles.

8. Se, por forza maior ou causas alleas a este xulgado, non se puidese celebrar ningunha das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrarán o día hábil seguinte, exeptuándose os sábados á mesma hora.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira sen suxeición a tipo o día quince de outubro de mil novecentos noventa e seis, tamén ás dez horas, para a que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o quince de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3310