Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (50/1995).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.

Certifica: que neste xulgado se segue beneficio de xustiza gratuíta co número 50/1995, a pedimento de María Calvo Calvo e dictouse sentencia cun encabezamento e decisión que literalmente di así:

Encabezamento: Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un Civil.

Sección ma.

Xuízo xustiza gratuíta, asunto 50/1995.

Sentencia nº 31/1996.

«En Negreira o dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido os autos nº 50/1995 sobre beneficio de xustiza gratuíta promovidos polo procurador Francisco Solar Vigo, en nome e representación de María Calvo Calvo, maior de idade, veciña de Santa Comba, con domicilio en San Salvador de Padreiro, defendida polo letrado Vázquez Camino, contra Gustavo García Vila, representado polo procurador Avelino Calviño, contra Carmen García Vila, Maximino Caamaño Gómez, Manuel Souto Pazos, José Vila Pazos e persoas descoñecidas e incertas, dictou a seguinte sentencia:

Decido, que debo aceptar e acepto integramente a demanda interposta polo procurador Solar Vigo en nome e representación de María Calvo Calvo contra Gustavo García Vila, Carmen García Vila, Maximino Caamaño Gómez, Manuel Souto Pazos e José Vila Pazos e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no asunto declarando o decreto da actora e litigar gratuitamente contra Gustavo García Vila, Maximino Caamaño Gómez, Manuel Santo Pazos e persoas descoñecidas e incertas, no xuízo de menor contía sobre deslinde e amolloamento que se segue neste xulgado baixo o número 50/1995, con tódolos efectos legais que tal declaración leva consigo e sen expresa imposición de custas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes e fágaselles saber que esta é susceptible de recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así o acorda e asina S Sª».

E para que así conste e lle sirva de notificación a José Vila Pazos e a tódalas persoas descoñecidas e incertas e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Negreira, dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

3008