Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.346

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996 pola que se declaran aprobadas as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, convocadas por Resolución do 27 de novembro de 1995 (BOE do 19 de decembro).

Publicadas por Resolución do 26 de febreiro de 1996 (BOE do 16 de marzo) as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 27 de novembro de 1995 (BOE do 19 de decembro) e rematado o prazo de emenda de defectos, este rectorado, en aplicación do establecido na base 4.1 da convocatoria, resolve declarar aprobada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás referidas probas. A dita lista figura exposta nos taboleiros de anuncios do Rectorado e do Vicerrectorado do Campus de Ferrol.

Así mesmo, en cumprimento do disposto na base 7.1 da convocatoria, faise público que a primeira proba dará comezo ás 17 horas do día 25 de maio de 1996, na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (Campus da Zapateira, s/n). Para a súa indentificación, os aspirantes deberán acudir provistos do documentos nacional de identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

A Coruña, 16 de abril de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

2779