Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores de música e artes escénicas.

A base común 5, punto 2 da Orde do 8 de marzo de 1996 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores de música e artes

escénicas, establece que os tribunais que xulguen os procedementos de selección estarán integrados por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que, no suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, poderán designarse profesores doutros corpos, de igual ou superior gurpo, ou doutras especialidades.

Resultando necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público, esta dirección xeral,

RESOLVE:

O sorteo para determina-los catro vocais e, se é o caso, os suplentes correspondentes que xulgarán os procedementosde ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de

escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente, en servicio activo en centros dependentes desta consellería o próximo día 15 de abril de 1996, ás 9 horas na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Caetano, s/n -Santiago de Compostela.

Naquelas especialidades en que non haxa, polo menos, seis funcionarios de carreira en activo, os tribunais serán designados directamente pola Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3253