Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.347

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (6/1994).

En virtude do acordado en providencia dictada o día da data en xuízo oral número 6/1994, executoria 26/1995-J, do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela (A Coruña), no que foron condenados en sentencia firme, por medio do presente edicto anúnciase a venda en poxa pública, por primeira vez os seguintes bens mobles embargados da propiedade do condenado, José Aurelio Resua Outeiral.

Os ditos bens, así como o valor da súa taxación son os seguintes: vehículo C-2206-AJ. Faise constar en relación co lugar onde se atopan que o citado vehículo se atopa no garaxe do domicilio do penado José Aurelio Resua Outeiral en Escarabote 182, Boiro, e en relación coa documentación relativa ós mesmos que, a dita documentación obra en poder do referido penado. Establécense as seguintes regras sinaladas na Lei de axuizamento civil:

1. Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración, a cal

ascende a 425.000 pesetas. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, acompañando o resgardo de facerse a consignación no Banco Bilbao Vizcaya do importe a que se refire o artigo seguinte. Os pregos conservaranse cerrados polo secretario e serán abertos no acto do remate ó se publicaren as ofertas, producindo o mesmo efecto que os que se realicen no dito acto. Só o executante poderá facer oferta a calidade de ceder a un terceiro o remate. O executante que exercese esta facultade deberá verifica-la dita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que celebrase a poxa, con asistencia do cesionario, quen deberá aceptala, e todo iso logo ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo de remate.

2. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no Banco Bilbao Vizcaya, conta de consignacións do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela, número 1.593, clave 71, co número de procedemento ou xuízo oral, presentando neste xulgado copia do mandamento de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo de valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos. Devolveranse as ditas consignacións ós seus respectivos donos, acto continuo do remate, agás a que corresponda ó mellor ofertante, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da súa obrigación, e se é o caso, como parte do prezo da venda. Tamén se poderán reservar en depósito por instancia do acredor as demais consignacións dos ofertantes que o admitan e cubrisen o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas

ofertas. As cantidades consignadas por estes devolveránselles unha vez cumprida a orbigación polo adxudicatario. A consignada por este reservarase na forma a para os fins previstos no apartado anterior.

3. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consigna-lo depósito prevido no artigo anterior.

De non haber ofertantes na primeira poxa, que se celebrará o día 10-6-1996 ás 11 horas na sala de audiencia número 5 do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, sinálase para a segunda o día 17-6-1996, ás 11, no mesmo lugar, para a que servirá de tipo o setenta e cinco por cento da valoración, non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

Celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 24-6-1996, ás 11 horas, no mesmo lugar, sen suxeición a tipo.

Santiago de Compostela, dezaoito de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

3201