Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-105/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-105/1995.

Denunciado: Jesús Bouza Ramos.

DNI nº: 76.387.882.

Último enderezo coñecido: rúa Monasteiro de Monfero, 48-1º, O Ferrol (A Coruña).

Feitos imputados: circular o día 27 de xullo de 1995 no automóbil matrícula C-9450-R2, de volta de deixar dúas reses no matadoiro de Rábade (Lugo), carecendo do documento acreditativo de te-lo automóbil rexistrado na delegación provincial de Agricultura para transportar gando.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 52.

-Precepto sancionador: artigo 215.

-Cualificación infracción: menos grave.

-Sanción imposta: 25.000 pesetas.

Lugo, 2 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9603236