Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 26/1996, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO

Expediente: 26/1996.

Denunciada: Martina Rodriguez Regueira.

Último enderezo coñecido: S. Isidoro, 50-A Coruña.

Feitos imputados: transporta-lo día 27 de xaneiro de 1996, no automóbil matrícula C-2938-AT, conducido por José Luis Cadahía González, cinco reses bovinas, carecendo do documento acreditativo de te-lo automóbil rexistrado no Servicio de Sanidade Animal da Delegación Provincial de Agricultura para transportar gando.

Tipificación da infracción Regulamento epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 52.

-Precepto sancionador: 215.

-Cualificación da infracción: menos grave.

-Sanción: 15.000 ptas.

Lugo, 11 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

2943