Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 18 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004437/1996, interposto pola Comunidade Veciñal en Man Común de San Cibrán.

Con data 29 de febrero de 1996, o presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe de la Sala do Contencioso-Administrativo sección segunda, do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004437/1996, interposto por Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Cibrao contra acordos do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común 21-11-1995 sobre clasificación como veciñais en man común dos montes de Couso, parroquia Guláns, concello de Ponteareas.

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do

27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 18 de marzo de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do xurado provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

3372