Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias QI-62/1995, por non ter constancia da súa recepción polo interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretario a Emilio López-Terradas Covisa, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: QI-62/95.

Denunciado: Luis Seoane Cacharrón.

DNI nº: 33.634.068.

Ultimo enderezo coñecido: Casamuiño-Pígara-Guitiriz-Lugo.

Feitos imputados: quebranto de inmobilización da súa explotación por positividade á brucelose.

Tipificación da infracción Regulamento epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 117.

-Precepto sancionador: artigo 209, parágrafo 4.

-Cualificación da infracción: moi grave.

-Sanción: 100.000 ptas.

Lugo, 2 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9603233