Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias EC-39/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-115/8-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: EC-39/1995.

Denunciado: Bernardo Novas Fernández.

DNI nº: 33.757.633.

Último enderezo coñecido: Arriba-Romariz-Abadín-Lugo.

Feitos imputados: non dispoñer todo o seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1995.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 113.

-Precepto sancionador: artigo 209, apartado 3.

-Cualificación infracción: moi grave

-Sanción imposta: 100.000 pesetas.

Lugo, 2 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9603232