Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (276/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Santiago de Compostela, fai saber:

Que nos autos de xuízo de cognición, seguidos neste xulgado co nº 276/1995, dictouse con data do 28 de decembro de 1995, sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do xulgado de Primeira Instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición, seguidos perante este xulgado co nº 276 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Pastor Servicios Financeiros, Entidade de Financiación, S.A. domiciliada na Coruña, r/ Cantón Pequeno 1, representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistida do letrado Parada Arcas e doutra, como demandados, José Luis Durán Neira e Isolina Souto Villaseco, maiores de idade, veciños de Santiago de Compostela, con domicilio na r/ da Rosa, 31, baixo, incomparecidos e declarados na situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido: que considerando a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Pastor Servicios Financeiros, Entidade de Financiación S.A., contra José Luis Durán Neira e Isolina Souto Villaseco, incomparecidos e declarados en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno os demandados a que satisfagan á mercantil demandante a suma de 169.243 ptas. máis xuros legais desde a interpelación xudicial e ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme e que contra esta cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira isntancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes Juan Luis Durán Neira e Isolina Souto Villaseco, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de marzo de mil novecentos novena e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2700