Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.235

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (251/1995).

Eu, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de separación 251/1995 e medidas provisionais 252/1995 por instancia de Mercedes Seijo Varela, representada polo procurador Caamaño Queijo e José Manuel Rico Rodil declarado en rebeldía e en paradoiro descoñecido. A decisión na sentencia e autos de medidas di literalmente:

«Que estimando no seu pedimento principal a demanda deducida polo procurador Caamaño Queijo en nome e representación de Mercedes Seijo Varela,

contra José Manuel Rico Rodil debo acordar e acordo a separación dos expresados cónxuxes, con tódolos efectos legais inherentes, e en especial, os seguintes:

1. A vivenda familiar quedará en uso e desfrute de Mercedes Seijo Varela, podendo José Manuel Rico Rodil retira-los seus obxectos e efectos persoais e da súa exclusiva pertenza, logo de inventario, tanto do que permaneza na vivenda como do que extraia o que a abandona.

2. Concédeselle a Mercedes Seijo Varela autorización para proceder á venda de bens gananciais en contía suficiente para facer fronte ás débedas contraídas por ámbolos cónxuxes debendo xustificar ante este xulgado o emprego dos cartos resultantes da venda dos bens.

3. Acórdase a disolución da sociedade de gananciais, da que a disolución da cal se levará a cabo en execución de sentencia, se así o solicita algunha das partes.

Firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos litigantes para a anotación correspondente.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado, declarado en rebeldía na forma prevista nos artigos 282 e 283 da LAC salvo que a parte actora no prazo de 5 días solicite a notificación persoal ó abeiro do disposto no artigo 769.1º da dita lei.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

O auto de medidas provisionais na súa parte dispositiva di textualmente:

«Acordo: a adopción das seguintes medidas provisionais:

1. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

2. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes outorgase a outro.

3. Cesa a posibilidade de vincula-los bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

4. A vivenda familiar quedará en uso e desfrute de Mercedes Seijo Varela, podendo José Manuel Rico Rodil retira-los seus obxectos e efectos persoais e da súa exclusiva pertenza, logo do inventario, tanto do que permaneza na vivenda como do que extraia o que a abandona.

No se fai especial imposición de custas.

Así o acorda, manda e asina Eva María Doval Lorente, xuíza de primeira instancia e instrucción desta vila e o seu partido».

E para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía e paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Arzúa o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Maxistrado-xuíz

Rubricado

2604